Lugo, 24 de agosto de 2018. A Ría de Abres de Trabada énchese mañá sábado día 25, dende ás 16:00 ata as 19:00 horas, coas actividades lúdicas, deportivas-fluviais, gratuítas e abertas para todos os públicos, que o Goberno Provincial leva entre os meses de xullo a setembro a Concellos da provincia. A Deputada de Economía e Facenda e Alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez convidou a todos os veciños e visitantes a achegarse a este entorno e desfrutar destas actividades completamente gratuítas para todos os públicos. Ademais avanzou que, o domingo día 26 ás 22:00 horas na praza do Concello, haberá unha proxección de cine, coa emisión da película Gru 3.
Con esta iniciativa o Goberno da Deputación contribúe a poñer en valor os recursos naturais e paisaxísticos, xa que as actividades desenvólvense en enclaves únicos, como son os Riós e as praias fluviais da provincia. Ademais, esta iniciativa converterse nunha alternativa ao turismo de praia, e tamén ofrece a todos os visitantes poder descubrir as posibilidades de lecer dos nosos ríos.
Actividades e seguridade
A programación de actividades deportivas fluviais, que é gratuíta e para todos os públicos, que se desenvolverán en espazos naturais, inclúen atraccións inchables, tobogáns, balancíns, pulpos, rocódromos acuáticos, pistas de obstáculos, kaiaks, waterballs… animacións musicais e xogos populares.
Cada sesión, que terá unha duración de entre tres e catro horas, contará coa supervisión de, canto menos, un coordinador e entre seis e doce monitores, que se encargarán do coidado e atención dos participantes para garantir unha actividade divertida e segura. Xa se celebraron sesións nos Concellos de Ribeira de Piquín, Navia de Suarna e na Fonsagrada, Negueira de Muñiz, Ribas de Sil, Láncara, .As persoas que non saiban nadar terán que ir acompañadas.




















López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A primeira sesión, de 11:00 a 12:30 h, contará cun autor asturiano destacado polo seu traballo arredor do mundo rural e da cultura campesiña. A actividade é aberta, participativa e gratuíta ata completar aforo.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.



