Lugo 24, agosto, 2018. O Grupo Provincial Popular recórdalle ao Goberno socialista da Deputación de Lugo que “a mellora das vías provinciais é posible grazas ao Plan Plurianual de Estradas 2017-2019 aprobado en pleno por unanimidade a proposta do PP”.
Os populares afondan en que “foi pola iniciativa do PP ante un Goberno socialista en minoría cando se fixo posible o establecemento de criterios de proporcionalidade para o plan de estradas”. O PP recorda que ata entón “o PSOE se opuxo a desenvolver criterios obxectivos preferindo un plan sectario que non tratase a todos os municipios por igual”.
Os deputados do Grupo Provincial Popular lamentan, pois, que os veciños e veciñas de lugares coma A Pastoriza ou Riotorto, que onte recibían a visita do presidente da Deputación, Darío Campos, “tivesen que agardar a que o bipartito PSOE-BNG perdese a maioría para ver agora arranxadas as estradas de titularidade provincial que discorren polos seus municipios”.
O Grupo Provincial do Partido Popular defende o proxecto do Plan Extraordinario de Rehabilitación de Firmes de Vías Provinciais 2017-2019 na medida que pretende “asegurar o acceso a todos os municipios da provincia, mellorar a seguridade viaria dos condutores e facilitar a comunicación entre os diferentes municipios e comarcas”.
Con todo, pide “un maior esforzo inversor nos labores de conservación das estradas provinciais para garantir en boas condicións a circulación pola rede viaria da Deputación”. Así pois, os populares condenan que o Goberno provincial se negara a incrementar os fondos para a conservación das estradas provinciais ao rexeitar unha proposta plenaria do Grupo Popular. Nese sentido, dende o Grupo Popular recordan que “os socialistas recortaron en 400.000 euros a partida orzamentaria do 2018 con respecto á do ano anterior para tal fin”.



















A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Sinopse: Cando chega a noite e nós durmimos, a Lúa asoma polas fiestras e goza dos nosos soños. Así descobre historias máxicas, tolas e divertidas. Os seus soños favoritos son os de Calcetín, un personaxe amante da lectura e cunha imaxinación desbordante. Viaxa entre estrelas, pilota un zapato que percorre os mares ou chega ao mundo do revés. Unha proposta chea de fantasía e creatividade para fomentar o gusto pola lectura entre os máis pequenos.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.



