O premio á mellor tapa foi para o bar Costa Verde pola súa “milfollas de cabaciñas con solombo de porco e mazá reineta”; o premio á mellor tapa tradicional, que este ano tiña que... Ler máis
Alcaldes de concellos de A Mariña mantiveron unha reunión con responsables da consellería de Traballo para procurar a posta en marcha do Pacto territorial polo emprego da comarca da Mariña.... Ler máis
Inícianse en Ribadeo os IV Foros permanentes para a muller que consistiran en charlas, obradoiros e conferencias nas que se trataran temas de diversa índole como saúde e o coidado persoal, e... Ler máis
Unha plataforma para a “defensa del sector pesquero” pide apoio e solicita asistencia a unha manifestación que se celebrará en Madrid o día 30, diante o Ministerio de Pesca, como... Ler máis
Nunha demostración explícita de infrautilización de recursos, dilapidación de medios, incapacidade de xestión e despreocupación pola utilización do que é público, a consellería de Pesca do G... Ler máis
A terceira e última etapa da I Volta Ciclista ás Comarcas de Lugo sairá ás dez e media da mañá da Avenida Arcadio Pardiñas “desde a zona do Campón para ir ata San Cibrao, volta despois... Ler máis
Según o convenio entre o concello de Cervo e a promotora, esta debía ingresar nas arcas do concello 363.574 euros antes do 30 de Abril, indica nunha nota de prensa o BNG. “A promotora solici... Ler máis
Leopoldo Calvo Sotelo finou en Madrid o sábado, dous de maio, ós 82 anos de edade. O pasamento do ex presidente do goberno de español foi inesperado. Madrileño de nacemento, Calvo Sotelo est... Ler máis
















A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A saída será ás 10:00 desde El Bao, con autobuses ás 9:00 desde Navia, e a chegada arredor das 16:30 seguida dunha festa na dársena. As inscricións estarán abertas do 31 de maio ao 12 de xuño na Casa do Deporte ou en liña por 7 €. O Concello anima a participar nesta cita que combina natureza, deporte e convivencia.



