BURELA .- A concellería de Mar de Burela subvenciona con 200 euros un curso que ten un custe de 250 euros. Tratase de un curso de primeiros auxilios e socorrismo acuático que “o conce... Ler máis
FOZ .- O pregón do San Lourenzo abriu oficialmente as tradicionais festas de agosto en Foz. A celebración de actos, xa iniciada o día 1, prolongarase ata o 13 de setembro. Para este tempo es... Ler máis
RIBADEO .- O alcalde de Ribadeo, Fernando Suarez, recorda que “de todos é sabido que o porto comercial de Ribadeo é o que está a menor distancia da factoría Ence de Navia e é o porto q... Ler máis
BURELA .- Supeditar o futuro polígono industrial de Burela ao trazado do vial Barreiros San Cibrao, esperar a aprobar o plan xera de ordenación, condicionantes para a zona e O Perdouro e con... Ler máis
BURELA .- O alcalde de Burela, Alfredo Llano, ten como expectativa que a feira Produart, que se celebrou o fin de sema en Burela, acolla máis expositores o próximo ano “porque este ano... Ler máis
A responsable de Mar do concello de Burela, Remedios López Villar, ve satisfactoria da acollida que tivo a regata celebrada a fin de semana e agradece a colaboración dos clubes de Cariño, As... Ler máis
RIBADEO .- O terceiro Festival Internacional de Música Clásica empeza o día 8, venres, ás dez menos cuarto da noite con unha homenaxe a Leopoldo Calvo-Sotelo. O director do festival, Leopold... Ler máis
A interesada denominación de feísmo urbanístico, aplicada na súa maior parte a inacabadas vivendas unifamiliares construídas no medio da nada do rural galego, trasladase agora a pretendida e... Ler máis
BURELA .- O grupo municipal do PP pide que o BNG, que “sempre defendeu a legalidade e a transparencia” se pronuncie sobre “sobre tantas irregularidades na contratación de p... Ler máis
BURELA .-A emisora radio Voz emitira desde Burela programa Voces de Galicia con motivo do día da Feira do Bonito. A concelleira, Remedios López Villar, coma coordinadora explicou que... Ler máis
O Concello de Ribadeo informa que nos folletos turísticos que editou recentemente sobre Rinlo se advirten erros de edición nos teléfonos do restaurante A Mirandilla e do bar Portillo Ler máis
BURELA .- A alcaldesa en funcións e concelleira de Xuventude, Neves Cando, anunciou que no pleno do 31 de xullo estudarase habilitar “dúas salas de máis de 20 metros cadrados e unha ca... Ler máis
BURELA .- O concelleiro de Obras e Servizos do Concello de Burela, Pascual Domenech, asegurou que con motivo da romaría do monte Castelo e co fin de facer o trafico máis fluído “adecen... Ler máis
BARREIROS .- O responsable municipal do BNG, Antonio Veiga, solicitará ao pleno que se celebrará o luns que se faga un pantalán flotante na zona da Anguieira. A proposta de Antonio Veiga e q... Ler máis
A concelleira nacionalista de Ribadeo e alcaldesa en funcións, Mari Luz Alvarez Lastra, presentou unha denuncia na garda Civil polo o roubo e desperfectro causados na aula catro da escola d... Ler máis
BURELA .- Representantes do PP mantiveron no porto de Burela unha reunión co sector pesqueiro da comarca da Mariña para analizar e coñecer de primeira man a situación na que se atopa o secto... Ler máis
ALFOZ .- O BNG presenta unha moción no Concello de Alfoz para que se compense economicamente aos concellos con centrais hidroeléctricas e parques eólicos pola redución do IBI. Así mesmo, os... Ler máis
BURELA .- A alcaldesa en funcións e responsable de Cultura, Neves Cando, presentou a edición do libro de Os Bolechas adicada a Burela titulado “Os Bolechas van de viaxe. O bonito de Bu... Ler máis
RIBADEO .- O ex alcalde do PSOE ribadense, Balbino Pérez Vacas, reclámalle ao concello uns 12 mil euros non percibidos a raíz de que o pleno lle retirara a dedicación exclusiva no ano 2007. ... Ler máis
BURELA .- O grupo municipal do PP de Burela anunciou que o “proceso de selección de persoal para a Aula de Educación Ambiental GAIA naceu viciado e podería darse por nulo todo o proced... Ler máis
RIBADEO .- A asociación Puente de los Santos contará con 744 mil euros para desenrolar o taller de emprego Ría do Encontro III no que se formaran 36 alumnos 36 os alumnos que realizarán trab... Ler máis
BURELA .- Representantes do PP manterán unha xuntanza esta tarde na sede de ABSA, en Burela, convocados polo sector pesqueiro, para analizar a situación na que se atopa este sector. En repre... Ler máis
RIBADEO .- Según indicou la presidenta da Fundación Herederos de la Mar, Marisol Moreda, coa celebración pretenden “recadar fondos” para as xentes do mar “coa que temos un... Ler máis
BURELA .- A zona da area recreativa e aledaños do monte Castelo en Burela, convertese esta fin de semán nunha desculpa case perfecta para rachar coas mesuras culinarias, entre outras, con mo... Ler máis
















A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A saída será ás 10:00 desde El Bao, con autobuses ás 9:00 desde Navia, e a chegada arredor das 16:30 seguida dunha festa na dársena. As inscricións estarán abertas do 31 de maio ao 12 de xuño na Casa do Deporte ou en liña por 7 €. O Concello anima a participar nesta cita que combina natureza, deporte e convivencia.



