O BNG aposta por unha banca pública galega para poñer no centro a veciñanza, evitando que unha parte do aforro galego marche para fóra do país Lugo, 17 de xullo de 2023. O número un ao Congr... Ler máis
Todos os traballos presentados amosaranse na páxina web do proxecto para o público infantil Primavera das Letras A Coruña, luns 17 de xullo de 2023. A Real Academia Galega amplía ata o xoves... Ler máis
Lourenzá, 16 de xullo, 2023. Ademais, dúas persoas sufriron feridas e unha resultou ilesa ao bater dous coches e envorcar un deles, no quilómetro 578 da N-634. Ata alí acudiron os Bombeiros... Ler máis
Lourenzá, 15 de xullo de 2023. Despois de manter unha xuntanza coas familias do municipio, o equipo de goberno laurentino presentou unha moción en defensa da atención pediátrica, que foi apr... Ler máis
Lourenzá, 14 de xullo de 2023. No pleno da corporación municipal de Lourenzá celebrado na mañá de hoxe, venres, aprobáronse as dedicacións da alcaldesa, Rocío López García, e do tenente de a... Ler máis
O martes, 18 de xullo de2023, na biblioteca maravilhas da escola de Arroxo en Lourenzá estará o historietista francés Edmond Baudoin. Invitado, unha vez máis, pola semana negra de Xixón, fal... Ler máis
A Real Academia Galega, a Universidade de Santiago de Compostela e o Concello de Lourenzá colaboran nun curso de verán que achegará novas olladas á figura e ao legado do protagonista do Día... Ler máis
Lourenzá, 17 de xuño de 2023. No pleno da corporación municipal de Lourenzá celebrado na tarde de hoxe, sábado, foi investida alcaldesa Rocío López García por terceiro manda consecutivo. No... Ler máis
A institución provincial inviste preto de 180.000€ para a mellora do estado da vía LU-P-2801, entre os quilómetros 0,9 e 3, moi empregada tanto pola veciñanza do concello de Lourenzá como do... Ler máis
Lourenzá, 13 de xuño de 2023. A cuarta edición da Festa Campesiña de Lourenzá celebrarase no Campo dos Bolos o día 24 deste mes, sábado. Está organizada polo Concello coa colaboración de aso... Ler máis
Lourenzá, 7 de xuño de 2023. O salón de actos da Casa do Concello de Lourenzá acollerá do 4 ao 6 de setembro un curso de verán sobre Francisco Fernández del Riego na cultura galega do século... Ler máis
Lourenzá, 29 de maio, 2023. O 1 de xuño celébrase o XVII agasalho a Luís Seoane polo seu dia de nacemento (Buenos Aires 1 de xuño 1910 – A Coruña 5 de abril 1979) por terceiro ano cons... Ler máis
O programa electoral do PP laurentino recolle, entre outras propostas, habilitar unha parte do mosteiro como residencia de maiores Lourenzá, 22 de maio de 2023. Os populares de Lourenzá, pre... Ler máis
Rocío López sae a revalidar a alcaldía de Lourenzá “con ilusión e ganas de impulsar novos proxectos”
Lourenzá, 21 de maio de 2023. A Alcaldesa de Lourenzá e candidata á reelección polo PSdeG, Rocío López García, ofreceu este domingo un mitin ante un Salón de Actos do Concello cheo de veciño... Ler máis
A institución colabora co Concello de Viveiro na mellora de equipamentos deportivos, mantemento de insfraestruturas, accesos a vías municipais, dotación de alumeado público e promoción turís... Ler máis
Acompañado da alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; da subdelegada na provincia, Isabel Rodríguez; do presidente da RAG, Víctor Fernández; do presidente da Xunta, Alfonso Rueda; e do president... Ler máis
A institución provincial colabora economicamente coa organización dun programa de actividades durante todo o ano para dar a coñecer e poñer en valor a vida e obra do tradutor, novelista, his... Ler máis
Víctor F. Freixanes, presidente da RAG: “As Letras Galegas deste ano recoñecen na persoa de Francisco Fernández del Riego a resistencia non menos heroica dos que aquí quedaron, os heroes cal... Ler máis
Lugo, 16 de maio de 2023. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, participou este martes no Colexio de Fonseca, xunto ao Reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio... Ler máis
Lugo, 16 de maio de 2023. Con motivo do Día das Letras Galegas, a Vicepresidencia da Deputación de Lugo está facendo chegar aos colexios e institutos da provincia exemplares de dous libros a... Ler máis
No marco das actividades das Letras Galegas preséntase tamén un novo material promocional que se distribuirá entre a veciñanza de Lourenzá producida por Ouvirmos co apoio da Xunta e que incl... Ler máis
Lourenzá, 11 de maio de 2023. Nos actos do Día das Letras Galegas dedicado a Francisco Fernández del Riego o vindeiro mércores, día 17, en Vilanova haberá as actuacións musicais de Luar na L... Ler máis
Organizado pola CIG-Ensino. Colaboración A Mesa e AS-PG, co patrocinio da Deputación de Lugo e o Concello de Lourenzá Lugo, 11 de maio de 2023. Con Mekánika Rólling Band, gañadora do concurs... Ler máis
A sesión extraordinaria do 17 de maio terá lugar na localidade natal do homenaxeado. Os académicos Xesús Alonso Montero, Francisco Díaz-Fierros e Margarita Ledo trazarán o retrato do autor e... Ler máis
Mondoñedo, 9 de abril, 2023. A AC O Pasatempo súmase este Domingo 14 maio á celebración do Día das Letras Galegas no veciño concello de Lourenzá, cunha actividade que recorda ó homenaxeado F... Ler máis
Lourenzá, 9 de maio de 2023. Este xoves, día 11, ás 20:00 horas no salón de actos da Casa do Concello de Lourenzá presentarase o libro Lume aceso, de Manuel Román Ramos (Manolo de Cartas) e... Ler máis
A gran festa da cultura galega arrincou en 1963 a raíz dunha proposta presentada no seo da RAG por Francisco Fernández del Riego, Gómez Román e Ferro Couselo. O vindeiro Día das Letras don P... Ler máis
O candidato á alcaldía, Roberto Díaz, manifestou o seu apoio ao asentamento de empresas “para recuperar actividade no municipio” durante a visita a Santos Cocinas Lourenzá, 8 de maio de 2023... Ler máis
Lourenzá, 6 de maio de 2023. Hoxe, sábado, tivo lugar a presentación do cartel anunciador das actividades que se van a celebrar en Lourenzá co gallo do Día das Letras Galegas dedicado ao lau... Ler máis
O encontro, en homenaxe a Francisco Fernández del Riego, está marcado para as 7 da tarde, na escola de Arroxo, Lourenzá. Ler máis
















A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.



