Viveiro, 12 de marzo de 2022. As infraestruturas viarias constitúen unha peza fundamental para o desenvolvemento económico e social dos territorios aos que serven, e máis aínda se dan serviz... Ler máis
A Mariña 12 de marzo de 2022. A Unidade Móbil de Axuda coas Reclamacións (UMAR) desprazarase o vindeiro martes 15 de marzo ao centro de saúde de Foz no seu horario habitual, de 11 a 13 horas... Ler máis
Cervo, 12 de marzo, 2022. Dúas persoas necesitaron asistencia a pasada noite despois de que o coche no que circulaban rematase fóra da vía en Cervo, á altura da parroquia de Rúa. Unha das pe... Ler máis
Nel, a administración autonómica investiu 20.000€ para a mellora lumínica. Para o voceiro popular no concello, Daniel Vega, permitirán que as instalacións podan funcionar todo o ano. Ler máis
Burela, 11 de marzo de 2022. O alcalde, Alfredo Llano, explicou que “esta carta enviámola aos 31 futuros usuarios e usuarias dos hortos urbanos. En pouco tempo faremos un acto de información... Ler máis
Polos micrófonos de RadioVoz pasaron Nicolás Asensio, o director do IES de Foz; Silvia Puentes Pérez, estudante de 2º FP básico de Hostalería; e Sergio Bartomeu, estudante do 2º ciclo medio... Ler máis
Ribadeo, 11 de marzo, 2022. Hai cousa dunha semana, o BNG de Ribadeo animou a todas as persoas amantes da igualdade plena entre homes e mulleres a sumárense aos diferentes actos, institucion... Ler máis
Lugo, 11 de marzo de 2022. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, participou este venres na inauguración da xornada Os Centros Interpretativos como lugares de educación e formac... Ler máis
A Mariña, 11 de marzo, 2022. O Festival Audiovisual da Mariña Imaxiña xa prepara a súa duodécima edición, para 2022. Como pistoletazo de saída, o presidente da Fundación Imdecum, Marcelino L... Ler máis
A Mariña, 11 de marzo, 2022. O Festival Audiovisual da Mariña Imaxiña xa prepara a súa duodécima edición, para 2022. Como pistoletazo de saída, o presidente da Fundación Imdecum, Marcelino L... Ler máis
Convocadas pola Obra Social de ABANCA no marco do seu proxecto PLANCTON, 89 persoas, entre as que se encontraban tanto escolares do colexio Landro como persoas voluntarias da asociación ASPA... Ler máis
Viveiro, 11 de marzo de 2022. Ante as consultas recibidas no Departamento de Servizos Sociais, en relación co procedemento a seguir para poder acoller temporalmente a persoas afectadas polo... Ler máis
A Pontenova, 11 de marzo, 2022. O BNG no Concello da Pontenova presentou unha moción na que propón medidas para reducir a velocidade na estrada nacional 640 ao seu paso polo casco urbano da... Ler máis
Foz, 11 de marzo de 2022. O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou hoxe na entrega de premios dos certames baristas que durante as dúas últimas xornadas tiveron luga... Ler máis
Cervo, 11 marzo de 2022. A XXIX edición da Festa do Ourizo terá lugar o sábado 19 de marzo, en San Cibrao. Para ese día están programadas diferentes actividades que terán ao equinodermo como... Ler máis
Ribadeo, 11 de marzo de 2022. O Concello de Ribadeo iluminarase de cor amarela na tarde noite do 14 de marzo con motivo do Día Mundial da Endometriose co obxectivo de axudar á visibilización... Ler máis
Ribadeo, 11 de marzo de 2022. Do 14 ao 17 de marzo estará aberto o prazo de inscrición no seminario Atrévete co facebook, destinado aos maiores ribadenses. Desde a Aula CeMIT do Concello de... Ler máis
O Concello de Viveiro expresa desta maneira o seu apoio ás mulleres que sofren esta enfermidade. Con esta acción, Viveiro súmase á iniciativa posta en marcha pola Asociación ‘Querendo. Mulle... Ler máis
Viveiro, 11 de marzo, 2022. Hai unhas semanas Avenged Sevenfold comunicounos que decidiran cancelar a súa xira europea en 2022 para centrarse na gravación do novo disco. Desgraciadamente, no... Ler máis
Ribadeo, 11 de marzo de 2022. Merécelo papá é a nova campaña da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos para celebrar o dia do pai neste 2022. Acisa Ribadeo sortea 3 pr... Ler máis
Foz, 11 de marzo de 2022. O plan de mobilidade é un dos documentos más importantes para calquera concello con áreas urbanas relevantes, como é o caso de Foz. Debido ao escurantismo co que pr... Ler máis
Foz, 10 de marzo de 2022. A calidade das obras reflicte ben a calidade dos gobernantes que as deciden. No caso de Foz, unha e outra vez queda de manifesto que as obras que promove o equipo p... Ler máis
Mondoñedo, 11 de marzo de 2022. “Dende a directiva do Mondoñedo F.C. e xunto con tódolos que formamos a gran familia deste equipo queremos convidar a tódolos veciños da contorna e visitantes... Ler máis
Ribadeo, 10 de marzo de 2022. Ducias de persoas acudiron á concentración celebrada este xoves nas inmediacións do Concello de Ribadeo, en contra de guerra contra Ucraína e para amosar a súa... Ler máis
Cervo, 10 marzo de 2022. A parroquia de Rúa celebrará, de novo, a súa tradicional Festa da Candelaria o venres 11, o sábado 12 e o domingo 13 de marzo. Son as primeiras festas patronais con... Ler máis
Lugo, 10 de marzo de 2022. Este venres abre o prazo de solicitude das axudas da Vicepresidencia da Deputación de Lugo a entidades asociativas culturais da provincia para a realización de act... Ler máis
Mondoñedo, 10 de marzo de 2022. O presidente da Asociación Galega de Consumidores e Usuarios (ACOUGA), Manuel Pérez Arias, asegurou hoxe que a sentenza do Tribunal Supremo que anula definiti... Ler máis
Ribadeo, 10 de marzo de 2022. O Concello ven de solicitar unha subvención á Xunta de Galicia para proceder á mellora e acondicionamento exterior da Escola de Ove. O investimento total ascend... Ler máis
Compostela, 10 de marzo, 2022. Preséntase en Santiago “Jakobsland”, a primeira curtametraxe galega que se cofinanciará a través da venda de Tokens de utilidade e NFT. Tokenizar unha curtomet... Ler máis
Foz, 10 de marzo de 2022. AciaFozCCA regalará 15 soldos por mercar en Foz. Son 6.000 euros en vales de compra ós que destina ás campañas do día do pai e da nai, que foron presentadas hoxe nu... Ler máis
















Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.



