A institución provincial achega 3.000€ á proba, que contará con catro distancias e diferentes niveis-curta, media, longa e gravel- e as inscricións estarán abertas ata o 30 de marzo na web d... Ler máis
Viveiro, 23 de marzo de 2026. O Pavillón Polideportivo Municipal de Viveiro acolleu este domingo, 22 de marzo, a I Fase da Liga Provincial de Lugo de Ximnasia Rítmica nas categorías Escolar,... Ler máis
Ribadeo, 22 de marzo, 2026. Este sábado o equipo Alevín dos Trasnos de Ribadeo disputou dous encontros de hóckey liña no pavillón municipal, sumando dúas importantes vitorias na Liga Ouro Au... Ler máis
Abertas as inscricións para a XII Media Maratón Ribadeo-As Catedrais que terá lugar o 12 de setembro
Ribadeo, 20 de marzo de 2026. A XII Media Maratón Ribadeo-As Catedrais terá lugar o 12 de setembro. As inscricións quedan abertas no día de hoxe. O concelleiro de Deportes, Francisco José SI... Ler máis
Este ano está prevista a presenza de participantes de distintos puntos de España, así como dun grupo de Portugal Viveiro, 20 de marzo de 2026. O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles... Ler máis
A Mariña, 20 de marzo, 2026. BeOne Fitness & Sport ampliou o seu acordo de patrocinio con O Gran Camiño, unha das probas ciclistas profesionais máis destacadas do calendario deportivo en... Ler máis
Ribadeo, 19 de marzo de 2026. A atleta galega Julia Vaquero foi a estrela convidada á X Gala do Deporte do Concello de Ribadeo, que tivo lugar na tarde de onte no pavillón de Deportes. A cit... Ler máis
Cervo, 19 de marzo do 2026. O concello de Cervo será sede do I Campus de Semana Santa de Natación Artística, unha iniciativa organizada pola Federación Galega de Natación, en colaboración co... Ler máis
Os de Juanma Marrube arrasaron no Guillermo Molina a pesar dun inicio accidentado que se desvanece cun xogo dominante durante os 40 minutos de partido Burela, 14 de marzo, 2026. O Burela tiv... Ler máis
O Boletín Oficial da Provincial publicou hoxe a convocatoria, cun orzamento total de 660.000 euros Lugo, 12 de marzo de 2026. O Boletín Oficial da Provincia publicou hoxe -12 de marzo – a co... Ler máis
Burela, 7 de marzo, 2026 O derbi galego en Vista Alegre comezou cun ritmo alto e ocasións rápidas. Judith dispuxo da primeira chegada perigosa cun disparo que saíu rozando o pau tras un pase... Ler máis
Burela, 7 de marzo, 2026. O encontro comezou cun Burela moi ofensivo e intenso. No minuto 7, Bingyoba probou a porta cun disparo que Álvaro desviou a banda. No 9, unha falta perigosa executa... Ler máis
Ribadeo, 6 de marzo de 2026. A X Gala do Deporte do Concello de Ribadeo, que terá lugar o 18 de marzo, contará coa presenza da atleta galega Julia Vaquero. O evento, que dará comezo ás 20:30... Ler máis
Trabada, 5 de marzo de 2026. O alcalde de Trabada, Rubén García, recibiu na mañá de hoxe no Concello a dous veciños e unha veciña do municipio que se proclamaron campións galegos da Liga Hob... Ler máis
Riotorto, 4 de marzo de 2026. O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro participou esta mañá na presentación do IV Trail dos Muíños de Riotorto que se celebrará o 23 de maio. A Vic... Ler máis
Burela, 3 de marzo, 2026. O Poio comezou o encontro con intensidade, acumulando ocasións nos primeiros minutos. No 3’, Ana Eliza realizou un paradón nun disparo de Chuli á escuadra, enviando... Ler máis
Vegadeo, 26 de febreiro de 2026. Vegadeo volverá ser protagonista no panorama deportivo rexional coa celebración da Volta a Asturias 2026, que incluirá unha etapa con chegada ao concello. A... Ler máis
Ribadeo, 25 de febreiro de 2026. O gran mestre Liming Yue impartirá un curso de Tai Chi en Ribadeo os días 27 e 28 de xuño. Está organizado por Chen Style Tai Chi Center, de Gijón, coa colab... Ler máis
Cervo, 24 de febreiro do 2026. O Concello de Cervo acolleu esta pasada fin de semana o Campionato Galego Infantil de Natación de Inverno, unha cita deportiva de primeiro nivel que reuniu a c... Ler máis
Ribadeo, 23 de febreiro de 2026. Ribadeo acollerá do 22 ao 27 de xuño unha nova edición do Campus de Tecnificación de Baloncesto The Basket Dream destinado a rapazas e rapaces de 6 a 18 anos... Ler máis
Burela, 22 de febreiro, 2026. O partido comezou cun ritmo altísimo e co Móstoles buscando porta desde o primeiro instante. No minuto 2 chegou o primeiro aviso: disparo de Cris Blanco que se... Ler máis
Burela, 21 de febreiro, 2026. O partido arrincou cun ritmo altísimo, con dous equipos moi igualados e decididos a buscar o primeiro tanto desde o minuto inicial. O conxunto local pediu tempo... Ler máis
Foz, 20 de febreiro de 2026. O Real Sporting de Gijón presentou esta semana en Foz as Xornadas de Tecnificación, un campus intensivo de fútbol que se levará a cabo os días 30, 31 de marzo e... Ler máis
Burela, 10 de febreiro de 2026. O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, confirmou ao presidente do Burela Fútbol Sala, José Luis Sáez, que o Goberno galego “seguirá apoiando a... Ler máis
A alcaldesa, Marta Rouco, participa na presentación oficial da quinta edición da volta ciclista profesional a Galicia, que chegará a Vilalba o vindeiro 15 de abril Vilalba, 7 de febreiro, 20... Ler máis
O Concello e a Federación Galega de Fútbol subliñan a vontade de manter e reforzar esta liña de cooperación Burela, 7 de febreiro de 2026. A Casa do Concello de Burela acolleu a presentación... Ler máis
Partido parello no que as mariñás contaron puntuar durante 38 minutos do encontro Burela, 7 de febreiro, 2026. A primeira ocasión clara é para o equipo visitante no minuto 4: nunha contra rá... Ler máis
Os burelenses logran tres puntos moi importantes para alonxarse dos postos de descenso e manter a categoría Burela, 7 de febreiro, 2026. Arrinca ben o Reyco Burela anotando o 1-0 no minuto 3... Ler máis




















Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



