A Alcaldía de Burela apela á calma e á colaboración cidadá ante os recentes roubos
Burela, 9 de outubro, 2026. A Alcaldía de Burela trasladou hoxe a súa preocupación polos roubos que se están r...
A Interfederativa de Confrarías analiza en Foz a sustentabilidade e rendibilidade da pesca artesanal
Foz, 8 de outubro, 2026. Foz acolle os días 8 e 9 de outubro unha nova edición da “Interfederativa de Confrarí...
Ribadeo regula o uso de caravanas e autocaravanas para garantir un turismo de calidade e protexer os espazos naturais
Ribadeo, 7 de outubro de 2026. A ordenanza reguladora do estacionamento de vehículos de acampada nace para vel...

A Coruña, 2 de outubro, 2026. A Asociación Axuntar celebrará o 10 de outubro, ás 16:30 horas, na Biblioteca de Vilanova de Ozcos, a entrega dos IV Premios Folgueira, cos que cada ano recoñec... Ler máis
Lugo, 1 de outubro, 2026. O deputado Daniel García felicitou á Asociación Cultural Ó compás do río Ouro, que este tarde celebrou o primeiro ano ano e medio de traballo na formación musical e... Ler máis
Ribadeo, 1 de outubro, 2026. O BNG de Ribadeo acusa ao alcalde, Daniel Vega, de manter unha “actitude manipuladora” ao presentar como “boa xestión” o recorte forzoso de máis de 780.000 euros... Ler máis
A Aula da UNED de Foz arranca o curso con actividades de linguas, benestar e participación ambiental
Foz, 1 de outubro de 2026. A Aula Universitaria da UNED de Foz anuncia que inicia o curso académico cunha “ampla programación durante o mes de outubro, na que se combinan propostas formativa... Ler máis
Javier Castiñeira lembra que o compromiso adquirido en 2018 polos gobernos do PP no Concello e de Rajoy quedara xa plasmado nun anteproxecto A Mariña, 1 de outubro de 2026. O PP celebra o in... Ler máis
A xornada celebrarase o 18 de outubro e busca retirar plumeiros para afrontar logo a eliminación da planta Ribadeo, 1 de outubro de 2026. Concello de Ribadeo e a Asociación Galicia Ambiental... Ler máis
O grupo socialista trasladou ao pleno demandas sobre saneamento, seguridade, educación e necesidades das parroquias O Vicedo, 1 de outubro de 2026. O Grupo Municipal Socialista do Vicedo con... Ler máis
As novas propostas, anunciadas con motivo do Día Internacional das Persoas Maiores, súmanse aos bailes de tarde que regresan este sábado 3 de outubro Viveiro, 1 de outubro de 2026. Con motiv... Ler máis
Ribadeo, 1 de outubro de 2026. A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo pon a disposición dos seus asociados de hostalería novos materiais gratuítos. Trátas... Ler máis
Ribadeo, 30 de setembro de 2026. Ribadeo segue reducindo a súa débeda que pasou de 1,5 millóns de euros en 2023 a 740.000 euros na actualidade. O alcalde, Dani Vega, subliñou que se trata du... Ler máis
Ribadeo, 30 de setembro de 2026. María Teresa Díaz Sanjurjo, veciña de Castropol, resultou agraciada coa campaña da Volta ao Cole de Acisa Ribadeo. O premio, de 100 euros en vales de compra,... Ler máis
Foz, 30 de setembro de 2026. A concelleira de Inmigración en Foz, Ana Rojo, e representantes da entidade Bumei Galicia veñen de entregar os diplomas de dous cursos de formación de caixeira/r... Ler máis
Riotorto, 30 de setembro, 2026. Adega Don Pedro Leivas, proxecto familiar e artesanal situado en Espasande de Arriba (Riotorto), conseguiu dúas medallas na XVI edición do Salón Internacional... Ler máis
Educación, saúde e medio ambiente: un mes de acción con impacto directo Cervo, 30 de setembro, 2026. Ao longo de setembro, preto de cen persoas voluntarias de Alcoa San Cibrao participaron e... Ler máis
O senador mariñán do PP critica que o Goberno recortase á metade o tramo sometido a información pública e que, oito anos despois, siga sen resolver as alegacións presentadas en 2018 A Mariña... Ler máis
Hostelería #PorElClima identificou 811 medidas fronte ao cambio climático entre os establecementos adheridos en Ribadeo. Entre elas destacan o traballo con provedores locais, a correcta xest... Ler máis
Madrid, 30 de setembro, 2026. O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable continúa coas obras de mellora da seguridade viaria mediante a execución de dúas rotondas na N‑642, nos qui... Ler máis
Burela, 30 de setembro de 2026. Tourette Galicia volve a Burela con “A Arte do Tourette”, pero desta volta a entrada será de balde facilitando así que todas as persoas interesadas poidan par... Ler máis
Exposicións, xornadas de portas abertas, celebracións tradicionais, actividades infantís, visitas guiadas e música sacra forman parte das propostas programadas arredor da Semana Santa de Viv... Ler máis
O recoñecemento distingue unha celebración que mantén viva unha receita tradicional de Trabada e o traballo da veciñanza arredor da súa recuperación e divulgación Trabada, 29 de setembro de... Ler máis


















Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
O sindicato denuncia a decisión unilateral da empresa de retirar días de descanso e implantar quendas que dificultan a conciliación. As concentracións serán nos centros de traballo de Foz (Uxío Novoneira s/n) e Ribadeo (Avda. Galicia 27). Lémbrase que non é unha folga e apélase á solidariedade da plantilla para defender as condicións laborais conquistadas.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



