Nota de prensa O BNG DE FOZ CONTINUA COA CAMPAÑA “FOZ NON SE MERECE ISTO” PARA DENUNCIAR O ABANDONO DO CONCELLO “As vías públicas están nalgún caso intransitables e nunha situación perigosa”... Ler máis
Nota de prensa A PROPOSICIÓN NON DE LEI DO PP A DEBATE HOXE NO PARLAMENTO SO E DEMAGOXIA E NON OFRECE SOLUCIÓNS AS PERSOAS DESPEDIDAS NA CERÁMICA DE SARGADELOS Os nacionalistas acusaron a Ba... Ler máis
Nota de prensa A Mariña, 14 de decembro de 2010. O BNG por medio dos parlamentares Bieito Lobeira e Fernando Blanco interesaranse no parlamento Galego polo sucedido a dúas embarcacións afund... Ler máis
Nota de prensa O BNG de Xove presenta o seu candidato O Bloque Nacionalista Galego organiza para o vindeiro venres 17 de decembro, ás 20:30 horas, unha cea no Clube Social de Palmeiro onde p... Ler máis
Nota de prensa O BNG CRITICA O DERROCHE DE FONDOS PÚBLICOS EN FACER E DESFACER AS SÚAS PROPIAS OBRAS SEN PRIORIZAR A POLÍTICA DE GASTO O Parque “Luís Seoane e Isaac Díaz Pardo” q... Ler máis
Nota de prensa: Basanta insta ao PP a rectificar o seu voto contrario a Residencia e ao Centro de Día. O Parlamento debate o luns a construcción dun Centro de Día e dunha Residencia da Terce... Ler máis
Nota de prensa O BNG PÍDELLE AO PP QUE DEIXE DE CREAR FALSAS ESPECTATIVAS COAS PERSOAS DESPEDIDAS NA CERÁMICA DE SARGADELOS A Proposición Non de Lei que o PP levará ao Parlamento Galego non... Ler máis
Nota de prensa O PP NEGOUSE A APOIAR NINGUNHA DAS EMENDAS PRESENTADAS POLO BNG MARIÑAO AOS ORZAMENTOS DA XUNTA PARA 2011 O Plan funcional do Hospital da Costa e a súa ampliación ou o increme... Ler máis
Nota de prensa Marco López candidato á alcaldía de Xove A Asemblea Local xovense nomeou por unanimidade a Marco López como candidato á alcaldía, designación que foi ratificada polo Consello... Ler máis
Nota de prensa: O BNG denuncia que o PP continúa a marxinar e a castigar a Foz. O PP vota no Parlamento contra o Centro de Día e a Residencia de Foz. O Bloque Nacionalista Galego denunciou h... Ler máis
Nota de prensa Veiga denuncia que o PP presentase cun programa oculto. O BNG presentara lista en todos os Concellos coa confianza en aumentar os seus apoios. A Mariña, 9 de decembro de 2010.... Ler máis
Nota de prensa O Bloque pide vivendas sociais para Xove O grupo parlamentar do BNG incluíu varias emendas aos orzamentos da Xunta, presentadas para o beneficio de todos os xovenses O BNG rat... Ler máis
Nota de prensa O BNG DE FOZ INICIA A CAMPAÑA “FOZ NON SE MERECE ISTO” PARA DENUNCIAR O ABANDONO DO CONCELLO “Faise pensando que Foz necesita un goberno que coide do Concello” Foz, a 4 de dec... Ler máis
Nota de prensa A Área de Cultura da Deputación destina máis de 15.000 euros ás asociacións de Xove O departamento nacionalista dirixe as axudas a diferentes colectivos culturais e mais á reh... Ler máis
Nota de prensa O BNG CONSIDERA QUE CALQUERA ACORDO QUE NON CONTEMPLE READMISIÓNS EN SARGADELOS E UNHA TRAIZÓN ÁS PERSOAS DESPEDIDAS Un millón de euros ten que dar para negociar solucións par... Ler máis
Nota de prensa CERVO O BNG DE CERVO PRESENTOU EMENDAS AOS ORZAMENTOS DA XUNTA PARA 2011 POR 1,9 MILLÓNS DE EUROS Estúa di que co voto de Balseiro e suficiente e pídelle ao concelleiro e parl... Ler máis
Nota de pensa O BNG MARIÑAO PRESENTOU EMENDAS PARCIAIS AOS ORZAMENTOS DA XUNTA POR 12,4 MILLÓNS DE EUROS Veiga destaca o intento de corrixir os orzamentos para implementar partidas en polít... Ler máis
Nota de pensa O BNG de Xove consegue que se devolvan as cotas da piscina Tras a súa solicitude formal no Pleno da Corporación, o BNG de Xove logrou o compromiso do goberno local de devolver... Ler máis
Nota de prensa COMUNICADO DE PRENSA DO BNG DE RIBADEO Cento corenta persoas asistiron este sábado 27 de novembro á presentación da candidatura de Fernando Suárez Barcia como candidato á alca... Ler máis
Nota de prensa O BNG INTERÉSASE POLO QUE ESTÁ SUCENDENDO NO HOSPITAL DA COSTA COS INCENTIVOS A PERSOAL FACULTATIVO Veiga di que día si e día non o Hospital da Costa está nos medios de comun... Ler máis
Nota de prensa: O BNG SACOU ADIANTE UNHA MOCIÓN PARA A EXECUTAR O DRAGADO DA PRESA DE RÚA INCLUIDO NO PROXECTO INICIAL QUE A XUNTA ACTUAL SE NEGA AGORA A EXECUTAR Raquel Arias anunciara esta... Ler máis
Nota de prensa O BNG DE FOZ SOLICITA A DEVOLUCIÓN DO CANON DIXITAL ABONADO POLO CONCELLO AO SGAE “Segundo a sentenza do Tribunal Europeo, o canon estábase cobrando inxustamente”... Ler máis
Nota de prensa O BNG INFORMOU EN SAN CIBRAO SOBRE A SITUACIÓN DA SANIDADE PUBLICA E CHAMOU A MANIFESTARSE O DOMINGO EN COMPOSTELA Moitos veciños e veciñas de Cervo sofren as consecuencias da... Ler máis















O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.



