Ribadeo, 23 de xullo de 2021. O Concello de Ribadeo aprobará, no pleno ordinario do vindeiro 28 de xullo, os festivos locais para 2022, que serán o 16 de agosto e o 8 de setembro. Ademais ne... Ler máis
Ribadeo, 23 de xullo de 2021. Todo está preparado para o cribado que o Sergas fará no pavillón novo esta tarde de venres ás 834 persoas do segmento de idades comprendidas entre os 18 e os 29... Ler máis
Ribadeo, 23 de xullo de 2021. Concello e Acisa asinaron esta mañá o convenio de colaboración que regula a axuda de 15.000 euros que recibe a asociación ribadense para seguir apoiando ao come... Ler máis
Ribadeo, 22 de xullo de 2021. O servizo de socorrismo e salvamento do Concello de Ribadeo realizou hoxe catro simulacros nas praias de As Catedrais e Os Castros-As Illas. En total participar... Ler máis
Ribadeo, 22 de xullo de 2021. O Mercado dos Domingos, que tería que celebrarse o 25 de xullo, trasládase ao sábado. Terá lugar, como é habitual, na contorna da praza de abastos. O concelleir... Ler máis
Aberta a inscrición para a sétima Media Maratón Ribadeo-As Catedrais que terá lugar o 18 de setembro
Ribadeo, 21 de xullo de 2021. Hoxe, mércores, abriuse a inscrición para participar na VII Media Maratón Ribadeo-As Catedrais que terá lugar o 18 de setembro. O concelleiro de Deportes, Jorge... Ler máis
Ribadeo, 21 de xullo de 2021. Nas últimas horas foi inaugurada no Forte de San Damián a exposición titulada Cunchas, Fósiles e Insectos de David López. A mostra poderá visitarse ata o 25 de... Ler máis
Ribadeo, 21 de xullo de 2021. O Concello de Ribadeo realizará melloras en varias rúas do casco vello da vila e tamén en Rinlo. O investimento ascenderá a 156.000 euros e o prazo de execución... Ler máis
Ribadeo, 20 de xullo de 2021. Un total de 834 persoas con idades comprendidas entre os 18 e os 29 anos serán chamadas polo Sergas para someterse a un cribado masivo o vindeiro venres, 23 de... Ler máis
Ribadeo, 20 de xullo de 2021. O Concello de Ribadeo está a realizar obras de saneamento e pavimentación na parroquia de Vilaframil, entre os barrios do Valado e o Campo de San Lourenzo. O or... Ler máis
Ribadeo, 19 de xullo de 2021. O alcalde, Fernando Suárez, fai corentena na súa casa despois de dar positivo en covid19. Barcia di atoparse ben e seguirá a traballar desde o seu fogar para ma... Ler máis
Ribadeo, 19 de xullo de 2021. O alcalde, Fernando Suárez, valora de xeito positivo a apertura de novas iniciativas de negocio en Ribadeo neste momento tan complexo, pola evolución da pandemi... Ler máis
Ribadeo, 19 de xullo de 2021. O Concello realiza traballos de tratamento no céspede do estadio municipal Pepe Barrera. O investimento é de 6.000 euros. O obxectivo é ter o campo listo para o... Ler máis
Ribadeo, 19 de xullo de 2021. O alcalde, Fernando Suárez, ven de dirixirlle un escrito ao Servizo de Conservación da Natureza para que tome as medidas oportunas co obxectivo de evitar que os... Ler máis
Ribadeo, 16 de xullo de 2021. No Concello de Ribadeo foron asinados esta mañá os convenios coas escolas deportivas de verán nas que participan 70 nenos e nenas con idades comprendidas entre... Ler máis
Ribadeo, 16 de xullo de 2021. Ribadeo prepárase para acoller este domingo, día 18, o día do produto local cunha mañá chea de actividades na contorna da Praza de Abastos. O concelleiro de Des... Ler máis
Ribadeo, 15 de xullo de 2021. A deportista ribadense Ana Iglesias Sobrino, que acaba de lograr o subcampionato de España de rugby 7 coa selección galega, foi recibida na Casa do Concello de... Ler máis
Ribadeo, 14 de xullo de 2021. O Concello realizará tarefas de acondicionamento no barrio de San Miguel e na rúa Antonio Rodríguez Darriba. O investimento ascenderá a máis de 46.000 euros e o... Ler máis
Ribadeo, 13 de xullo de 2021. Estes días da comezo a segunda fase do saneamento do barrio de Cinxe, na parroquia da Devesa. O orzamento ascende a 53.500 euros e será financiado pola Deputaci... Ler máis
Ribadeo, 12 de xullo de 2021. O alcalde, Fernando Suárez, fai unha chamada á colaboración cidadá para que Ribadeo estea o máis limpo posible. Esta fin de semana apareceron cartóns sen pregar... Ler máis
Ribadeo, 9 de xullo de 2021. O Concello sacou a licitación as obras de mellora integral dun camiño en Covelas, o que une Salcedo con Saa. O investimento ascenderá a 74.000 euros. As empresas... Ler máis
Ribadeo, 9 de xullo de 2021. O concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso, convida a participar no I Ribadeo Ilustrado, que terá lugar o vindeiro xoves, 15 de xullo, no Salón de Plenos da Casa Con... Ler máis
Ribadeo, 8 de xullo de 2021. O mercado de produtoras e produtores locais, que se celebra cada domingo ata o 10 de outubro na contorna da praza de abastos de Ribadeo, presentou a súa nova ima... Ler máis
Ribadeo, 8 de xullo de 2021. Esta fin de semana haberá cine e teatro na rúa en Ribadeo. Trátase dunha proposta cultural denominada Emigración. Cultura de partida, culturas de destino, que fo... Ler máis
Ribadeo, 7 de xullo de 2021. O Concello inicia estes días o rebacheo nalgúns dos puntos máis conflitivos tanto das parroquias da costa como nas do interior, segundo ven de dar a coñecer Marc... Ler máis
Ribadeo, 7 de xullo de 2021. O vindeiro sábado terá lugar a presentación do foto libro Espazos de ultramar, que recolle a testemuña visual das visitas do seu autor, Iván Torres, a catro edif... Ler máis
Ribadeo, 6 de xullo de 2021. O Concello acometerá importantes actuacións na parroquia de Vilaselán, que terán unha incidencia positiva nas inmediacións do núcleo da Torre, segundo ven de anu... Ler máis
Ribadeo, 5 de xullo de 2021. O parque de San Francisco acolleu esta mañá a presentación de Ribadeo, prepara o teu camiño, un catálogo interactivo de produtos e servizos para o peregrino no q... Ler máis
Ribadeo, 3 de xullo de 2021. Esta mañá foi izada a bandeira azul na praia das Catedrais. No acto interviñeron o alcalde, Fernando Suárez, e o presidente de Adeac, José Palacios. O rexedor di... Ler máis















A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.



