Outeiro de Rei, 20 de maio de 2026. O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou hoxe nos actos de entrega en réxime de alugamento de catro vivendas de promoción pública... Ler máis
Alumnado de 1º da ESO do IES Vilar Ponte participou na xornada inaugural das instalacións, á que acudiron o delegado territorial de Lugo, Javier Arias, e a directora xeral de Xuventude, Lara... Ler máis
Todos os servizos implicados participarán o 27 de maio nun simulacro de lume de nivel 2 entre Baleira e Castroverde para ensaiar a resposta conxunta dos equipos de emerxencias ante unha situ... Ler máis
Trabada, 18 de maio de 2026. A Xunta renova o seu apoio á Asociación de Veciños San Xulián de Sante, de Trabada, na organización do II Descenso de Carrilanas, que se celebrará na parroquia o... Ler máis
As actividades desenvolvéronse durante esta fin de semana na capela e a área recreativa do alto da Grela, que acolleron os actos litúrxicos e a romaría respectivamente, con animación musical... Ler máis
Foz, 14 de maio de 2026. A Romaría do Bispo Santo celebrarase esta fin de semana en Mourente, no municipio de Foz, mantendo viva unha tradición popular que suma entre 300 e máis de 380 anos... Ler máis
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que pu... Ler máis
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a pr... Ler máis
A conselleira pon en valor que Augas de Galicia está a investir máis de 13 millóns de euros en Burela e que no conxunto da Mariña lucense a cifra rolda os 40 millóns de euros con outras inte... Ler máis
A Delegación Territorial acolleu hoxe a presentación desta xuntanza, que reunirá preto de 600 participantes procedentes de toda España e doutros países europeos Lugo, 24 de abril de 2026. A... Ler máis
Mondoñedo, 22 de abril de 2026.- A Xunta de Galicia vén de adxudicar en réxime de alugueiro seis vivendas de promoción pública en distintas localidades da Mariña. O delegado territorial de L... Ler máis
O delegado territorial, Javier Arias, participou hoxe na presentación do novo foro do programa ‘Conecta Lugo’, que terá lugar no centro de formación Pedro Murias o día 30 de abril Ribadeo, 2... Ler máis
O delegado territorial, Javier Arias, explica que xa está aberto o prazo de inscrición nos campamentos, minicampamentos e campos de voluntariado, que se desenvolverán principalmente nos mese... Ler máis
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou hoxe na presentación do evento, que contará con demostracións en vivo de oficios tradicionais e postos de venda Lugo, 18 de... Ler máis
A Delegación Territorial de Lugo acolleu hoxe a presentación da 19ª edición do festival, que se celebrará os días 24 e 25 de abril Lugo, 17 de abril de 2026. O delegado territorial de Lugo,... Ler máis
O delegado territorial, Javier Arias, destaca que no último ano concedéronse na provincia 70 axudas para “reforzar a calidade e a competitividade dun sector clave para a nosa economía” Guiti... Ler máis
A feira, que se celebra esta fin de semana en Muimenta co apoio do Goberno galego, consolídase como un punto de encontro clave para gandeiros, profesionais e empresas. Arias salientou a apos... Ler máis
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, subliñou o impulso do Goberno galego aos oficios artesanais como motor de emprendemento e de dinamización rural Lugo, 6 de abril de 2026.- A Xun... Ler máis
De xeito excepcional, e con motivo da conmemoración do 75 aniversario fundacional da Real Irmandade das Sete Palabras de Viveiro, o Sermón celebrouse no día de Venres Santo na Praza Maior da... Ler máis
O delegado territorial, Javier Arias, reuniuse cos responsables da organización para perfilar a 42ª edición, na que a Administración galega volverá colaborar e achegar trofeos para os distin... Ler máis
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita s... Ler máis
O delegado territorial, Javier Arias, explica que forman parte da programación da Academia Galega de Seguridade Pública para o primeiro semestre do ano Lugo, 23 de marzo de 2026. A Xunta org... Ler máis
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Mil... Ler máis
Este ano está prevista a presenza de participantes de distintos puntos de España, así como dun grupo de Portugal Viveiro, 20 de marzo de 2026. O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles... Ler máis
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, e o director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba, visitaron hoxe en Castro de Rei este servizo itinerante Castro de Rei,... Ler máis


















Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



