O portavoz criticou que “se empregue a Deputación para controlar as familias do PSOE: tralos xogos da fame pola alcaldía de Lugo, danlle a Miguel Fernández a delegación de Vías e Obras na De... Ler máis
Xove, 30 de decembro de 2023. O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, acompañado polo alcalde do concello de lucense de Xove, José Demetrio Salgueiro Rapa, reuníronse hoxe pola mañá co fin d... Ler máis
Os deputados populares defenden que “Alcoa cumpra o acordo: os seus compromisos de investimentos para garantir a continuidade da produción de aluminio e dos postos de traballo da planta na M... Ler máis
Xove, 1 de decembro, 2023. O Alcalde Demetro Salgueiro e a Concelleira de Cultura Dolores Meitín presentaron o amplo Programa de actividades do Concello para este Nadal 23-24. Ler máis
Gloria Magide López vive na Residencia San Bartolomeu de Xove. É natural de Vilagocende, na Fonsagrada, moi coñecida pola Seimeira, un salto de auga de 50 metros de caída vertical. Viviu a m... Ler máis
Os populares denuncia a dobre vara de medir de Tomé poñendo como exemplo a LU-P-2604, que no treito que percorre Viveiro está en boas condicións con aglomerado en quente, mentres que en Xove... Ler máis
O grupo provincial do PP está formado por Antonio Ameijide (portavoz), Carmen José López (viceportavoz), Demetrio Salgueiro (viceportavoz), José Pardo Lombao, Francisco Javier Balado, José Á... Ler máis
Os concelleiros populares dos concellos do partido xudicial de Mondoñedo elixiron esta tarde como deputados provinciais por esta demarcación a Demetrio Salgueiro (alcalde de Xove), José Marí... Ler máis
Participarán un total de 267 nadadores, pertencentes a 29 clubs da nosa comunidade. Na presentación da proba, que organizan o CN Xove e a Federación Galega de Natación, coa colaboración do C... Ler máis
A mostra, organizada grazas á colaboración entre ABANCA, Afundación e o Concello de Xove, poderase visitar ata o vindeiro 9 de xullo Xove, 14 de xuño, 2023. Afundación presentou esta mañá en... Ler máis
Xove, a 6 de xuño de 2.023. O programa foi presentado este martes polo alcalde Demetrio Salgueiro e a concelleira de xuventude Cristina glesias. Trátase de actividades deportivas e lúdicas e... Ler máis
A mostra está enmarcada en «Corrente cultural», un programa enfocado á promoción de actividades culturais máis alá das sedes de Afundación Xove, 5 de xuño, 2023. Afundación asinou esta mañá,... Ler máis
O coordinador xeral do PP da provincia de Lugo, José Manuel Balseiro, interveu nos mitins en O Vicedo, Xove e Cervo Lugo, 26 de maio de 2023. Os candidatos populares na Mariña traballaron in... Ler máis
Estiveron presentes Demetrio Salgueiro, alcalde do concello de Xove; Cristina Iglesias, concelleira de deportes; Carlos Negrín, vicepresidente da federación galega de fútbol; Manolo Vilachá,... Ler máis
Trátase, segundo adiantou, dun equipo deseñado para dar cumprimento ao programa electoral, no que destaca a ampliación do polígono industrial de Camba, a posta en marcha dun Centro de Día; m... Ler máis
Xove, 25 de abril, 2023. Este luns presentouse o Xove Costa Trail 2023, que se celebrará os vindeiros dias 6-7 de maio. Na Presentación como en anos anteriores participaron os alumn@s do Col... Ler máis
Xove, 17 de marzo, 2023. A Concellería de Cultura, a través da Biblioteca Municipal de Xove, puxo en marcha a finais de xaneiro deste ano unha nova edición do Concurso de caretas de entroid... Ler máis
O Centro Social de Monte organizou, coa colaboración do Departamento de Cultura do Concello de Xove, un campionato de tute. O Centro Social organízao dende hai anos durante os meses de inver... Ler máis
A homenaxe, na que paticiparon o alcalde Demetrio Salgueiro e a concelleira de deportes Cristina Iglesias, realizouse no campo de bolos do Centro Social de Lago, durante o intermedio da comp... Ler máis
Xove, 15 de decembro, 2022. Este venres 16 de decembro celébrase a IV Gala do Emprendemento Local no Concello de Xove organizada polo Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local. Co obxe... Ler máis
Xove, 5 de outubro, 2022. O alcalde, Demetrio Salgueiro, fixo entrega hoxe en Celeiro das 439 sinaturas recollidas polo Concello en apoio ao Manifesto pola pesca e marisqueo, e o rexeitament... Ler máis
A dirección provincial sinalou que o intenso traballo da nova executiva, con total proximidade aos veciños e vontade de sumar, dará ao Partido unha vitoria aínda máis ampla nas eleccións loc... Ler máis
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que se investiron 347.000 euros no proxecto, que formou a traballadores desempregados en especialidades de xardinaría e construción Lug... Ler máis
Xove, 4 de xuño, 2022. Este venres no hall de entrada do Colexio Pedro Caselles Rollán, o alcalde Demetrio Salgueiro xunto coa concelleira Dolores Meitín fixeron entrega dos Premios (lote de... Ler máis
Xove, 23 de marzo de 2.022. A Concellería de Cultura, a través da Biblioteca Municipal de Xove, puxo en marcha a finais de xaneiro deste ano unha nova edición do Concurso de caretas de Entro... Ler máis
Xove, 14 de decembro, 2021. Este venres 17 de decembro celébrase a III Gala do Emprendemento Local no Concello de Xove organizada polo Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local. Co obx... Ler máis
Burela, 17 de novembro de 2021. Unha ampla representación do PP da Mariña e da provincia de Lugo participou esta mañá na manifestación da folga xeral convocada baixo o lema ‘Futuro para A Ma... Ler máis
Cervo, 16 de novembro, 2021. O vicesecretario de Participación do PP, Jaime de Olano, a presidenta do PP da provincia de Lugo, Elena Candia, e o secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, pa... Ler máis
Lugo, 27 de agosto de 2021. O Partido Popular de Lugo considera “un grave erro a pretensión do Goberno de España de incluír ao lobo na Listaxe de Especies Silvestres en Réxime de Protección... Ler máis






















Villares gabou o traballo do club Val de Francos, “que en tempo récord logrou situar esta cita entre as máis atractivas da provincia para os afeccionados á hípica”. Neste sentido, destacou a proxección que está a gañar este deporte e o impulso que recibe da Xunta, principalmente a través dun convenio coa Federación Hípica Galega polo que destina máis de 80.000 euros para as actividades a desenvolver este ano. A proba discorrerá por camiños forestais de terra, a excepción dos cruces de estradas, e constará de tres modalidades, con distancias de 80, 60 e 40 quilómetros respectivamente.
A clasificación final quedou do seguinte xeito: en Sub-10, Los 5 FC proclamáronse campións, seguidos de Los Balones; en Sub-12, o primeiro posto foi para Aston Birra, seguido de Minavo de Kiev e The Blues Bananas; en Sub-15, o equipo Piti levou o título, seguido de PDC e Camoca; en Sub-17, PDC acadou o primeiro posto, por diante de Papa Cu Leti e Motototo; e na categoría Sénior, Motototo resultou gañador, seguido de Descansa e Texeira Lima. As medallas foron entregadas pola alcaldesa, Dolores García Caramés, acompañada polos concelleiros José Manuel Balseiro e Alfredo Fernández, que felicitaron a todos os participantes polo seu esforzo e deportividade.
As reservas poderán realizarse por teléfono, chamando ao 982 560 162, ou a través do correo electrónico cultura@viveiro.gal, en horario de 9:00 a 14:00 horas. Cada persoa poderá solicitar un máximo de catro entradas. Desde o Concello de Viveiro anímase á veciñanza a asistir a esta representación e lembra que as reservas se atenderán a partir da apertura do prazo.
A clasificación final situou a Braulio Gayoso (TM Luarca) como gañador, seguido de Eugenio Alonso (CD San Ciprián), e dun terceiro posto compartido por Carlos Ron (Atletic Génova TM) e Domingo Larriety (TM Luarca). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e destacou o éxito dun torneo que xa se consolidou como unha cita imprescindible do calendario deportivo estival. O Concello felicita aos gañadores, a todos os participantes polo alto nivel amosado durante a xornada e ao CD San Ciprián pola excelente organización dun evento que continúa reforzando o seu papel como referente do tenis de mesa no norte peninsular.
Durante o evento realizouse unha ofrenda aos mariñeiros falecidos e, seguidamente, tivo lugar a subida da imaxe da Virxe do Carme ata a Igrexa. Esta última xornada continuou cunha misa solemne, á que asistiron numerosos veciños e visitantes que se achegaron ata a localidade mariñá, seguida da procesión acompañada pola Banda Naval e de actuacións musicais. A programación completarase a partir das 17:00 horas con diferentes actividades para os máis cativos e cativas.
Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.



