Ribadeo, 18 de xuño de 2025. Os establecementos asociados a Acisa repartirán 160.000 rifas entre o 20 de xuño e o 13 de xullo, xornada na que terá lugar o sorteo dunha viaxe a México no marc... Ler máis
Ribadeo, 16 de xuño de 2025. Do 20 ao 22 de xuño celebraranse en Ribadeo as xornadas gastronómicas de exaltación da ameixa, que organiza Acisa coa colaboración da Vicepresidencia da Deputaci... Ler máis
A insittución provincial aprobou este venres o convenio de colaboración con Acisa, cunha achega de 23.000 euros Lugo, 14 de xuño de 2025. A Xunta de Goberno provincial aprobou este venres o... Ler máis
O club local saíu por primeira vez ao mar ecun embarcación feminina en Liga Galega Viveiro, 15 de xuño de 2025. Cabo de Cruz, na categoría feminina, e Vila de Cangas, na masculina, gañaron a... Ler máis
O club local participará por primeira vez nunha regata de Liga Galega con tripulación masculina e feminina Viveiro, 12 de xuño de 2025. Viveiro acollerá o vindeiro sábado -14 de xuño- a III... Ler máis
Ribadeo, 11 de xuño de 2025. O xornalista e estudoso Martín Fernández Vizoso será o pregoeiro do X Ribadeo Indiano, que está dedicado á figura do filántropo Ramón González. O evento foi pres... Ler máis
Lugo, 11 de xuño 2025. O asociacionismo mariñao vinculado á música tradicional protagoniza o segundo episodio de Folcast, impulsada pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo. Xa dispoñible... Ler máis
Foz, 7 de xuño de 2025. O luns 23 de xuño en Foz o San Xoán celebrase da man da asociación Pé do Molete, coa colaboración do Concello de Foz. O barrio das Corporacións, coma cada ano, terá a... Ler máis
A persoa gañadora obterá como premio a participación sen custe no Rally San Froilán 2025 Lugo, 5 de xuño de 2025. A Vicepresidencia da Deputación impulsa un ano máis o Volante Deputación, un... Ler máis
Mañá xoves abre o prazo para reservar prazas nas visitas que se desenvoleranse os días 7, 8, 14 e 15 de xuño Lugo, 4 de xuño de 2025. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon en marcha a... Ler máis
O posto amosa as novidades editoriais como “Mudar en común: Galiza 1959-1982”, un estudo sobre a transformación estrutural da sociedade rural galega da historiadora Alba Díaz Gea... Ler máis
O episodio, dedicado á cantareira Concha de Agrade, está dispoñible desde hoxe na plataforma Spotify Lugo, 20 de maio de 2025. Tras a súa estrea o pasado domingo en A Grade, en Chantada, a V... Ler máis
Mondoñedo, 20 de maio de 2025. Mondoñedo acolleu hoxe a festa do Correlingua, na que participaron máis dun milleiro de alumnas e alumnos de centros educativos da comarca da Mariña. A deputad... Ler máis
O primeiro episodio presentarase o 18 de maio nunha homenaxe a Concha de Agrade, de Chantada, informante de Dorothé Schubarth para o “Cancioneiro Popular Galego” Lugo, 12 de maio de 2025. Co... Ler máis
Alfoz, 10 de maio do 2025. Hoxe celebrouse o III Concurso de Pesca no río Ouro, organizado pola Sociedade de Pesca Amigos do Ouro, coa colaboración do Concello de Alfoz, Concello do Valadour... Ler máis
Ribadeo, 10 de maio de 2025. O salón dos alcaldes acolleu a presentación da terceira edición do Vendaval Fest, que se celebrará en Ribadeo do 25 ao 27 de xullo. O alcalde, Dani Vega, subliño... Ler máis
Lugo, 9 de maio de 2025. O Centro Sociocomunitario de Mondoñedo acolle durante este mes a exposición “Universo Vizoso”, comisariada por Aser Álvarez e promovida pola Vicepresiden... Ler máis
Viveiro, 8 de maio de 2025. Esta tarde presentouse en Viveiro a sétima edición do Rally da Mariña Lucense, que se disputará esta fin de semana -10 ao 11 de maio – nos concellos de Ourol, Cer... Ler máis
Iria Castro presentou as actividades que inclúen xogos de rol e de mesa, un obradoiro de robótica e un certame en redes sociais , do 12 ao 18 de maio Lugo, 8 de maio de 2025. A Rede Museísti... Ler máis
Efrén Castro e Daniel García visitaron as instalacións do club, que pula por manter a tradición remeira na ria de Viveiro Viveiro, 4 de maio de 2025. O vicepresidente da Deputación de Lugo E... Ler máis
As dúas residencias organízanse en colaboración coa Residencia Literaria 1863 que dirixe a Premio Nacional de Poesía Yolanda Castaño Lugo, 3 de maio de 2025.- A área de Cultura da Vicepresid... Ler máis
Lugo, 2 de maio de 2025. A Vicepresidencia da Deputación lamenta que a Xunta de Galicia xudicialice o procedemento de incorporación ao patrimonio público da Torre de Caldaloba iniciado pola... Ler máis
Lugo, 30 de abril de 2025. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo apoia a participación de Burela Fs e Castro FSF na Copa da Raíña de Fútbol Sala feminino que se xoga do venres ao domingo e... Ler máis
Lugo, 27 de abril, 2025. En relación coa información emitida polo Concello de Ribadeo sobre a adquisición dunha furgoneta por parte do Club de Remo de Ribadeo, desde a Vicepresidencia da Dep... Ler máis















O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.



