I ENCONTRO DO DEPORTE BASE NA MARIÑA
(4 de decembro)
PROGRAMA:
10.00 horas:
Relatorio de José Venancio, seleccionador español de fútbol
sala. Localización: Hotel Nordés, Burela
10.45 horas:
Charla-coloquio baixo o título ‘O fútbol sala feminino de elite’, coa
participación de José Venancio e adestradores/as de primeiro nivel
12.00 horas:
Acto de entrega da Insignia de Ouro e Brillantes do CD Burela
FS a José Venancio
*Tras o acto, tanto o seleccionador coma o resto de participantes na charla-
coloquio compartirán un ágape con todos os asistentes
————————————
12.45 horas:
Sesión práctica co seleccionador nacional, dirixida ao alumnado
da EDM Burela FS, baixo o título de ‘A análise do xogo e a toma de decisións
individual e colectiva’. Localización: Pavillón Vista Alegre, Burela
————————————
————————————
18.05 horas:
Sinatura de autógrafos de José Venancio. Localización: Pavillón
Vista Alegre, Burela
18.20 horas:
Nomeamento de José Venancio como socio de honra do Burela
FS
18.30 horas:
Partido da 16ª xornada de Prata Burela FS-Albacete FS
ORGANIZA:
CD Burela FS
COLABORAN:
Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Lugo
Concello de Burela
Fundación Indecum
Cope de la Cost






















Será o sábado 23 de maio, nas Letras no Campo, Feira do libro ribadense, nun acto no que estará acompañado de Suso Fernández Acevedo.
O acto terá lugar o vindeiro luns 18 de maio, coincidindo coa celebración do Día Internacional dos Museos, unha data sinalada para poñer en valor o patrimonio cultural e mariñeiro do concello. Tras un período de traballos de mellora e adecuación, o museo —un referente na comarca— reabre para ofrecer ás persoas visitantes unha viaxe inmersiva a través da herdanza mariñeira, da industria conserveira e da estreita relación das súas xentes co Cantábrico.
Nesta ocasión participará Susana Vázquez Fernández, coach de saúde emocional e facilitadora en procesos de duelo e perda, que impartirá o faladoiro “Xestión do ánimo”, centrado en técnicas de relaxación, pensamento positivo e coidado da saúde mental para mellorar o benestar emocional. A actividade está aberta á veciñanza e busca crear un espazo para compartir, aprender e coidarse en comunidade. Conta co apoio e colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
Unha obra para todos os públicos. Hora: 20.00. Entrada libre ata completar aforo, non é necesario facer reserva de entradas.
O mozo ciclista continúa a demostrar o gran nivel desta tempada, na que suma xa un primeiro posto e un terceiro nas últimas probas das Escolas de Ciclismo da Federación Galega. Uns resultados que reflicten o seu esforzo, constancia e paixón polo deporte. O Concello tamén quixo poñer en valor o traballo do club Medela MTB, pola súa aposta pola formación e polo deporte base, acompañando aos máis novos no seu crecemento deportivo e persoal. Desde Cervo trasladan os parabéns a Mateo e á familia Medela, e destacan o orgullo polos éxitos e pola excelente tempada que están a realizar.
O encontro incluíu sesión vermú amenizada polo Dúo The Poker e unha comida popular con empanada, embutido, croquetas, xamón cocido, tenreira asada e sobremesa. Pola tarde continuou a música e realizáronse sorteos de agasallos achegados polas asociacións colaboradoras. A iniciativa foi organizada pola Asociación O Castelo, en colaboración coas asociacións parroquiais e o Concello de Alfoz, que agradeceron a ampla participación. Durante a xornada tamén houbo un momento de lembranza para Jorge Val, exalcalde falecido hai un ano, destacando o apoio que brindou ás asociacións locais.
Celebrarase o venres 29 de maio ás 17:00 h e será gratuíta. Abordará o papel dos poliquetos no ecosistema mariño, as súas características e os riscos do uso de especies exóticas, con proxeccións e maquetas de varias especies empregadas como cebo. Impartiraa o grupo BIOCOST da Universidade da Coruña e está organizada por Posta de Encontro xunto con RedeMar, Xunta de Galicia, Federación Galega de Confrarías e a UDC. Reservas: WhatsApp no 634 97 08 86; 982 13 19 23; buenas@capturaspesca.com ou directamente na tenda Capturas Pesca, onde se celebrará o evento (Av. Leopoldo Calvo Sotelo 49, Ribadeo).
