Ten moita importancia a empresa de Aluminio para a nosa comarca.
As cifras, moitas veces repetidas nestes días, dino todo. 1100 postos de traballo directos, 500 indirectos, moitos traballos en empresas privadas, por non falar dos traballos en empresas públicas.
Ao fin e ao cabo é o 30 % do produto interior bruto (PIB) da provincia.
Unha empresa de aluminio construída polos anos 70 e que sempre necesitou dun empuxón ou dunha colaboración estatal para o seu funcionamento. Unha axuda que sempre existiu, fose esta empresa pública ou privada como nestes momentos.
Levamos máis dun ano no que estas axudas non existen nas cifras necesarias para a súa viabilidade, e todo este tempo pasado fixo que saltaran todas as alarmas. Unhas alarmas referendadas polo propio comité de empresa de Alcoa e por todos os representantes públicos que acudimos a unha reunión convocada polo propio comité.
Reunión na que acordamos centrar o discurso e onde o que nestes momentos urxe é que o Goberno central elabore o estatuto de empresas electrointensivas. Pero un estatuto que conteña o necesario para garantir a viabilidade da nosa empresa.
A presenza da ministra de Industria en Alcoa non supuxo ningún halo de tranquilidade, se cabe, todo o contrario, ao comprobar que non había ningún esbozo de tan necesario estatuto das empresas electrointensivas.
Pero sabemos que é posible conseguir o tan fundamental empuxe para garantir ese benestar e progreso que levamos vivindo dende fai máis de 40 anos.
Estes días soubemos que dende o Goberno central se quere dispoñer de máis de 1.400 millóns de euros para a suba das pensións. Tamén soubemos que dende o mesmo goberno central se aprobou un paquete de 700 millóns de euros para paliar os efectos da quebra da empresa Thomas Cook. E, en ambos casos, estas medidas foron tomadas por un Goberno central en funcións.
Por estes motivos sabemos que SI é posible salvar A Mariña. Ao fin e ao cabo, a nosa empresa só necesita un total, aproximadamente, de 100 millóns de euros para facer que o noso soño siga sendo unha realidade. 100 millóns de euros que en termos brutos xeran máis de 150 millóns en impostos, incluídos os pagos á Seguridade Social. 100 millóns de euros que reportan aproximadamente outros 100 millóns de euros en soldos, incluíndo unicamente aqueles traballadores que directa ou indirectamente teñen os seus postos de traballo en Alcoa, por non falar dos preto de 250 millóns de euros que supón a súa repercusión noutros sectores industriais e comerciais asociados á dita empresa.
Por todos estes datos, é fundamental que todos os veciños da Mariña sigamos dun xeito unido e sen consignas políticas, reclamando o que é noso. É importantísimo visibilizar e sensibilizar ao goberno de Madrid para que nos aporte o necesario para que a Mariña lucense siga sendo a comarca puxante de toda a provincia.
Porque con todos estes datos, tamén sabemos que non é cuestión de poder, senón que é cuestión de querer.


















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



