CERVO .- A concelleira de Medio Ambiente do Concello de Cervo, Pilar Armada, asegura que o Concello desenvolve unha programación periódica e cíclica de traballos de mantemento das áreas verdes e de lecer do municipio “axustándose a un calendario de actuacións marcado polos técnicos municipais”
Nota de Prensa
ARMADA ASEGURA QUE AS ÁREAS VERDES DO CONCELLO NUNCA ESTIVERON TAN BEN DENDE HAI CATRO ANOS
* A responsable de Medio Ambiente asegura que o Goberno local desenvolve unha programación periódica e cíclica de mantemento destas zonas
Cervo, 28 de xullo de 2010.- A concelleira de Medio Ambiente do Concello de Cervo, Pilar Armada, cualificou as criticas socialistas de deficiencias no mantemento das áreas verdes da zona da Atalaia como “pataletas de nenos caprichosos” e asegurou que o Concello desenvolve unha programación periódica e cíclica de traballos de mantemento das áreas verdes e de lecer do municipio “axustándose a un calendario de actuacións marcado polos técnicos municipais”.
Segundo indicou Armada, a zona criticada polos socialistas foi xa adecentada polo Concello e sinalou que a actitude “oportunista” dalgúns “miembros ou miembras” do PSOE tradúcese “en notas de prensa que chegan tarde e con fotos anticuadas”… “Parece que agora, ademais de querer facerlles a competencia aos reporteiros gráficos, os socialistas tamén pretenden que teñamos aos traballadores facendo garda para que rocen a herba da Atalaia segundo vai medrando” dixo a responsable da área de Medio Ambiente do concello e reiterou que os traballadores municipais están traballando de xeito coordinado en distintas zonas do municipio. “Hoxe están en Río Cobo e cando rematen aí irán á Veiga e ao Faro” insistiu.
Para a edil cervense, as reiteradas denuncias contra as actuacións do Concello en materia de Medio Ambiente e limpeza, “ademais de seren erróneas” non fan máis que fomentar o descrédito da vila de San Ciprián entre os visitantes a esta localidade. “Afortunadamente para nós, e a pesares da insistencia dos socialistas, este tipo de críticas e denuncias sesgadas caen en saco roto entre a veciñanza e tamén entre os visitantes, porque a xente dáse de conta de que o Concello nun estivo tan coidado nos últimos catro anos como o está agora; e todo é grazas ao esforzo deste Goberno local e á inestimable axuda prestada dende a actual Xunta de Galicia; cousa da que non podemos dicir o mesmo da anterior Xunta bipartita ou dos actuais responsables da Deputación Provincial”.
Por último, Armada recomendoulles aos socialistas que “deixen traballar” ao Goberno local “e que se realmente queren axudar e colaborar para ter un concello mellor, poden por exemplo centrar os seus esforzos en reivindicar o mantemento e a limpeza das estradas provinciais ou solicitar a recuperación dos accesos á praia de Rueta”.






















Será o sábado 23 de maio, nas Letras no Campo, Feira do libro ribadense, nun acto no que estará acompañado de Suso Fernández Acevedo.
O acto terá lugar o vindeiro luns 18 de maio, coincidindo coa celebración do Día Internacional dos Museos, unha data sinalada para poñer en valor o patrimonio cultural e mariñeiro do concello. Tras un período de traballos de mellora e adecuación, o museo —un referente na comarca— reabre para ofrecer ás persoas visitantes unha viaxe inmersiva a través da herdanza mariñeira, da industria conserveira e da estreita relación das súas xentes co Cantábrico.
Nesta ocasión participará Susana Vázquez Fernández, coach de saúde emocional e facilitadora en procesos de duelo e perda, que impartirá o faladoiro “Xestión do ánimo”, centrado en técnicas de relaxación, pensamento positivo e coidado da saúde mental para mellorar o benestar emocional. A actividade está aberta á veciñanza e busca crear un espazo para compartir, aprender e coidarse en comunidade. Conta co apoio e colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
Unha obra para todos os públicos. Hora: 20.00. Entrada libre ata completar aforo, non é necesario facer reserva de entradas.
O mozo ciclista continúa a demostrar o gran nivel desta tempada, na que suma xa un primeiro posto e un terceiro nas últimas probas das Escolas de Ciclismo da Federación Galega. Uns resultados que reflicten o seu esforzo, constancia e paixón polo deporte. O Concello tamén quixo poñer en valor o traballo do club Medela MTB, pola súa aposta pola formación e polo deporte base, acompañando aos máis novos no seu crecemento deportivo e persoal. Desde Cervo trasladan os parabéns a Mateo e á familia Medela, e destacan o orgullo polos éxitos e pola excelente tempada que están a realizar.
O encontro incluíu sesión vermú amenizada polo Dúo The Poker e unha comida popular con empanada, embutido, croquetas, xamón cocido, tenreira asada e sobremesa. Pola tarde continuou a música e realizáronse sorteos de agasallos achegados polas asociacións colaboradoras. A iniciativa foi organizada pola Asociación O Castelo, en colaboración coas asociacións parroquiais e o Concello de Alfoz, que agradeceron a ampla participación. Durante a xornada tamén houbo un momento de lembranza para Jorge Val, exalcalde falecido hai un ano, destacando o apoio que brindou ás asociacións locais.
Celebrarase o venres 29 de maio ás 17:00 h e será gratuíta. Abordará o papel dos poliquetos no ecosistema mariño, as súas características e os riscos do uso de especies exóticas, con proxeccións e maquetas de varias especies empregadas como cebo. Impartiraa o grupo BIOCOST da Universidade da Coruña e está organizada por Posta de Encontro xunto con RedeMar, Xunta de Galicia, Federación Galega de Confrarías e a UDC. Reservas: WhatsApp no 634 97 08 86; 982 13 19 23; buenas@capturaspesca.com ou directamente na tenda Capturas Pesca, onde se celebrará o evento (Av. Leopoldo Calvo Sotelo 49, Ribadeo).



