NOTA DE PRENSA:
DESDE HOXE E ATA O VINDEIRO 1 DE OUTUBRO ESTÁ ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA ANOTARSE NAS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS QUE ORGANIZA O CONCELLO. VICENTE CASTRO CONSIDERA QUE SUPOÑEN UNHA ACTIVIDADE SOCIAL BÁSICA PARA OS RAPACES.
Ribadeo, 15 de setembro de 2010. Desde hoxe e ata o vindeiro 1 de outubro está aberto o prazo de inscrición para anotarse nas escolas deportivas municipais que organiza o Concello de Ribadeo. Os interesados deberán facelos na OMIX.
O concelleiro de Deportes, Vicente Castro, manifestou que “este ano hai varias novidades xa que ofertamos tres escolas novas, kárate, atletismo e tenis de mesa e causa baixa a de xudo. O período de inscrición comeza hoxe e remata o vindeiro 1 de outubro e o lugar ao que deben dirixirse os interesados é a OMIX, ubicada no auditorio”.
O edil nacionalista subliñou que “as escolas de natación e kárate teñen prazas limitadas, polo que a inscrición farase por estricto orde de chegada. Recalco isto despois da experiencia que vivimos este pasado verán coas actividades de tempo libre para que ninguén se leve a engano e que non se produzan malos entendidos. A inscrición será nas oficinas da OMIX por estricto orde, un traballo do que se encargarán os técnicos da OMIX e de Deportes. Unha vez que se cubran as prazas abrirase unha lista de espera para cubrir as baixas que se poidan producir por incompatibilidade horaria ou outros problemas. Por ese mesmo motivo o prazo de pagamento das taxas rematará o 18 de outubro”.
Castro lembrou que “cada cativo poderá inscribirse nun máximo de dúas escolas deportivas. Agardamos chegar aos 400 rapaces participantes que se rexistraron nos dous últimos anos, tanto no curso 2008-2009 como no 2009-2010. Aspiramos a que non se reduza a inscrición porque as escolas, a parte da faceta lúdico- deportiva, supoñen tamén unha actividade social para os rapaces básica en canto ás relacións entre os cativos e para a educación e a formación dos nenos”.
As modalidades que se ofrecerán este ano son: natación, fútbol-sala, tenis, baloncesto, patinaxe, ximnasia rítmica, fútbol, atletismo, tenis de mesa e kárate.
























Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A primeira sesión, de 11:00 a 12:30 h, contará cun autor asturiano destacado polo seu traballo arredor do mundo rural e da cultura campesiña. A actividade é aberta, participativa e gratuíta ata completar aforo.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.



