Cervo, 2 de xullo de 2018.- O Concello de Cervo xa puxo en marcha os programas de actividades dirixidos a contribuír a facilitar a conciliación da vida laboral e familiar co coidado dos pequenos e das pequenas.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a edil de Educación, Dolores García Caramés, estiveron na Praia do Torno cun dos grupos de Enredos de Verán que desenvolveron actividades de sensibilización ambiental centradas na reciclaxe, e confirmaron que as cifras de participación son de récord “superando os 200 nenos inscritos”.
O rexedor e a edil recordaron que son tres os programas que hai en marcha este verán dirixidos a rapaces e rapazas de entre 3 e 12 anos: os tradicionais Enredos de Verán (máis de 120 inscritos), repasando en verán (80 inscritos), e a nova iniciativa Cervo Concilia que conta con case 30 nenos e nenas empadroados no Concello que asisten a diferentes actividades de ocio e de reforzo de balde, de luns a venres, en horario de 9:00 a 14:30 horas.
Ao londo dos meses de xullo e agosto haberá todo tipo de xogos acuáticos e actividades ao aire libre como surf, skate, bádminton, disc golf ou xornadas centradas no medio ambiente, como a que tivo lugar no día de hoxe; entre outras.
Tamén se deseñou un calendario de Repasando no Verán para rapaces de todas as idades no que se desenvolverán “todo tipo de actividades de reforzo, cálculo, clases de inglés, e ensinaranse e poñeranse en práctica técnicas efectivas de estudo como a realización de resúmenes e esquemas”.
Por outra banda, mañá martes, 3 de xullo, comezará unha nova edición das Noites Alternativas que se desenvolverán ao longo dos meses de xullo e agosto en direrentes ubicacións de Cervo e San Cibrao; a partir das 22:00 horas o primeiro día de cada actividade. O resto de xornadas poderán variar os horarios en función dos grupos participantes.
As inscricións, abertas a todos o mozos do Concello, pero tamén a todos aqueles visitantes e veciños da contorna que desexen participar, deberanse facer o primeiro día de cada actividade, entre as 20:30 e as 21:30 horas.
Así, haberá fútbol praia, fútbol 3×3, fútbol 7, rutas en kaiaks, volei praia, basket 3×3, pádel, unha noite do patín, noites de orientación e xogos.
As actividades desenvolveranse na praia do Torno, na zona do Porto, na Praza do Souto, de Cervo, na Praza dos Campos, de San Cibrao, e nas instalacións do complexo deportivo da Veiga.
Todas as actividades son de balde, e fixaranse diferentes categorías a partir dos 8 anos (sub 10, sub 12, sub 15, sub 17 e Sénior).
Inaugurará o programa a Noite de Orientación na Praza dos Campos.























O acto terá lugar o vindeiro luns 18 de maio, coincidindo coa celebración do Día Internacional dos Museos, unha data sinalada para poñer en valor o patrimonio cultural e mariñeiro do concello. Tras un período de traballos de mellora e adecuación, o museo —un referente na comarca— reabre para ofrecer ás persoas visitantes unha viaxe inmersiva a través da herdanza mariñeira, da industria conserveira e da estreita relación das súas xentes co Cantábrico.
Unha obra para todos os públicos. Hora: 20.00. Entrada libre ata completar aforo, non é necesario facer reserva de entradas.
O encontro, aberto ao público, terá lugar na Casa Museo Álvaro Cunqueiro e será moderado por membros da propia asociación. A sesión busca reflexionar colectivamente sobre a posibilidade de que Mondoñedo aspire a ser recoñecida como Patrimonio da Humanidade, abordando a cuestión desde perspectivas históricas, patrimoniais, artísticas, naturais e humanísticas. A actividade comezará ás 11:00 h e a organización anima a toda a veciñanza a participar e compartir opinións.
O Comité de Empresa de Alúmina‑Aluminio San Cibrao informa de que a Secretaría de Industria convocou ao comité á 19ª reunión de seguimento do acordo de viabilidade, que se celebrará o venres 15 de maio ás 12:30 horas na Delegación do Goberno en A Coruña. Unha vez rematada a reunión, o comité procederá a informar aos traballadores sobre os resultados e avances do encontro.
A participación estará aberta do 14 ao 18 de maio, e a persoa gañadora poderá escoller entre cinco modelos diferentes. A propietaria, Susana Moreira, fai un balance moi positivo desta década, na que o negocio evolucionou ata centrarse en mercería, venda de la e artigos artesanais elaborados por ela mesma. Ademais, ofrece arranxos de roupa e organiza cursos e talleres de ganchillo, calceta e bordado, como o previsto para o 23 de maio. A maior parte da clientela e das persoas que participan nas actividades son mulleres, aínda que tamén acoden nenos e mozos interesados en técnicas como os amigurumis.
Será este xoves, día 14 de maio, ás 19:00 horas no salón de actos do Concello. O mago Pedro Bugarín presentará o seu espectáculo titulado Galicia con maxia. Para esta actividade o Concello de Lourenzá conta coa colaboración da Deputación de Lugo.
Nesta ocasión participará Susana Vázquez Fernández, coach de saúde emocional e facilitadora en procesos de duelo e perda, que impartirá o faladoiro “Xestión do ánimo”, centrado en técnicas de relaxación, pensamento positivo e coidado da saúde mental para mellorar o benestar emocional. A actividade está aberta á veciñanza e busca crear un espazo para compartir, aprender e coidarse en comunidade. Conta co apoio e colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.



