Viveiro, 23 de xaneiro de 2021. O Concello de Viveiro elaborará un protocolo común de actuación para os casos nos que se detecte unha posible situación de violencia de xénero no ámbito educativo.
A iniciativa tratouse na última reunión da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero. Para elaboración do protocolo, o concello tomará como referencia a Guía de actuación ante casos de violencia de xénero no ámbito educativo, elaborada pola Xunta de Galicia e á que teñen acceso todos os centros educativos, e o Protocolo municipal de coordinación, cooperación, prevención e sensiblización contra a violencia de xénero, do Concello de Viveiro.
Para iniciar a elaboración do protocolo común, na reunión propúxose que os centros educativos participantes analicen os documentos e fagan unha análise das necesidades que se poden plantexar en cada centro, propostas para facer efectiva e real a aplicación da Guía, dispoñibilidade de tempo e posibles apoios do propio centro educativo para levar a cabo o proxecto, que farán chegar ao Centro de Información ás Mulleres (CIM) para que éste vaia dando forma ao documento.
Ante a predisposición de todas as participantes na reunión a levar a cabo o proxecto, acordouse establecer un grupo de traballo, tendo a ditas persoas como referentes (gardiás da igualdade) en cada centro educativo.
Por outra parte, a concelleira de Igualdade, Lara Fernández Fernández-Noriega, explicou na reunión o proxecto chamado ‘Viveiro de igual a igual’, para sensibilizar e educar en igualdade durante todo o ano e non simplemente cando se conmemoran as efemérides como poden ser o 8 de marzo ou 25 de novembro. É unha proposta para traballar en colaboración cos distintos axentes sociais pola igualdade.
A idea resumo é plantar a semilla da igualdade na sociedade a través de distintos proxectos ou actividades, en colaboración cos distintos axentes implicados. Para iso, a primeira proposta sería comenzar a plantexar o proxecto no ámbito educativo, tentando facer un proxecto curricular de actividades para traballar a igualdade nas aulas e fora delas durante todo o ano e de xeito transversal.
“Trataríase de marcar un aspecto da igualdade común a todos os centros educativos para traballar en diversas asignaturas durante a totalidade do curso escolar, para despois poñer en común os resultados mediante unha exposición, un traballo en conxunto”, explica Lara Fernández.
En palabras da alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, “son dúas iniciativas máis no noso obxectivo de acadar unha igualdade real no noso concello, queremos un Viveiro plural, inclusivo e respectuoso con todos os xéneros e colectivos”.






















O Pazo de San Marcos acolleu a conferencia final, de Manuel Andrade Baliño, e a entrega de premios ás alumnas e alumnos que obtiveron mellores valoracións nas probas que realizaron, o xoves, individuais, na Facultade de Formación do Profesorado de Lugo, e o venres, por equipos, en Mondoñedo. A final do certame, cunha axenda complentaria que achegou ás rapazas e rapaces ao patrimonio e á cultura, celebrouse por primeira vez en Lugo da man da Asociación Galega de Profesorado de Matemáticas (Agapema) e coa colaboración da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación.
Por este motivo, o Concello recomenda ás persoas, colectivos e entidades que precisen facer uso dalgunha instalación municipal ou solicitar material que presenten as súas peticións coa antelación necesaria. A medida permitirá organizar adecuadamente a atención das solicitudes e a planificación dos recursos municipais.
Dentro desta programación, o martes 30 de xuño ás 11:00 celebrarase na Casa da Cultura unha charla divulgativa impartida pola astrofísica Lucía González Cuesta, aberta a toda a veciñanza. A iniciativa enmárcase no programa provincial que busca ofrecer información rigorosa e garantir unha observación segura. Durante a xornada repartiranse folletos e gafas homologadas. A alcaldesa, Marta Rouco, destaca o carácter histórico do eclipse e anima a participar para vivilo con seguridade. O Concello lembra que só deben empregarse gafas específicas para mirar ao sol e continuará colaborando en actividades divulgativas e sociais arredor deste acontecemento único.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.
No evento participarán todas as seccións da escola, que amosarán o traballo desenvolvido ao longo do ano. A entidade adianta tamén que está a ultimar os preparativos da XL Feira do Bonito, da que ofrecerá máis información proximamente.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.



