O pasado sábado 18, en Ourense, rexistrou unha marca de 14,77 coa que conquire billete para o Campionato de España de pista cuberta.

O pasado sábado 18, en Ourense, rexistrou unha marca de 14,77 coa que conquire billete para o Campionato de España de pista cuberta.
O prazo estará aberto desde este sábado, día 1, ata o 30 de abril. “A educación e a conciliación son dúas prioridades para nós, por iso traballamos para ofrecer o mellor servizo para os nenos e nenas de 0 a 3 anos”, afirma a alcaldesa, María Loureiro. As persoas interesadas no servizo poden acceder as solicitudes de preinscrición na Escola Infantil Municipal a través da web do Concello de Viveiro: www.viveiro.es
Os asuntos que se abordarán son: a lectura e aprobación, se procede, da acta da asemblea xeral ordinaria celebrada o 24 de marzo de 2022; lectura e aprobación, se procede, da conta xeral de ingresos e gastos do exercicio pasado, o de 2022; estado da asociación, análise e valoración das actividades realizadas no pasado exercicio; informe e aprobación, si procede, do orzamento ordinario para 2023; informe da programación de actividades previstas para este ano; informe dos festivos e domingos de apertura en 2023 e ampliacións horarias; rogos e preguntas. A asemblea dará comezo en primeira convocatoria ás 20:20 horas e en segunda ás 20:30 horas.
Durante case 20 días convivirán con estudiantes do seu mesmo nivel e vivirán con eles, asistindo ás clases no instituto, o Senior Highschool. Celebraron unha cea de benvida, asistiron a un partido de baloncesto e visitaron o Capitolio en Minneapolis. Na foto co representante de Shakopee no Congreso. Os últimos cinco días da viaxe estarán de visita turística en New York.
Ao evento asisten 100 persoas chegadas desde diferentes puntos de España. O Concello colabora coa organización.
Isabel Rodríguez destacou “os 100 anos de fútbol, ilusión, paixón, compañeirismo e esforzo. Valores únicos que seguen moi vivos e que sempre inculcades na vosa canteira, fomentando unha educación futbolística e social aos vosos xogadores”. Durante a homenaxe, a subdelegada puxo en valor o traballo da entidade e desexoulle os maiores éxitos no futuro. No acto tamén participou a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro; o Deputado Provincial, Roberto García; o presidente do club, Luis López del Río; así como xogadores, adestradores e persoal do equipo mariñán.
Esta é a sétima parada deste vehículo, adquirido hai unhas semanas para dar servizos ás parroquias. Despois de Cedofeita do 5 ao 20 de abril o punto limpo móbil estará nas inmediacións da escola de Covelas; e do 20 de abril ao 4 de maio no teleclube de Arante. A veciñanza pode depositar no punto limpo móbil residuos domésticos como aceite usado, pilas, aparatos electrónicos pequenos, luminarias, CDs, DVDs, radiografías, cápsulas de café, etcétera.
As racións serviranse a 14€ nos locais participantes: Bar Pepe, Cafetería A Roda, Pulpería-Bar Cociña, O Cabaliño, A Fuga, O Refugio, Onde Sempre e La Cívica
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital