A gran festa da cultura galega arrincou en 1963 a raíz dunha proposta presentada no seo da RAG por Francisco Fernández del Riego, Gómez Román e Ferro Couselo. O vindeiro Día das Letras don Paco ampliará unha listaxe de homenaxeados que arrincou con Rosalía e Castelao
A Coruña, martes 9 de maio de 2023. O vindeiro 17 de maio a gran festa cívica de Galicia fará sesenta anos. O aniversario coincidirá co Día das Letras Galegas do seu principal promotor, Francisco Fernández del Riego, quen o 20 de marzo de 1963 presentaba na Real Academia Galega, co apoio dos tamén académicos de número Gómez Román e Ferro Couselo, a proposta de crear unha “xornada oficialmente adicada a honrar os nosos libros”. O 28 de abril, en xunta ordinaria, a institución aceptaba a idea e resolvía por unanimidade declarar Día das Letras Galegas o 17 de maio de cada ano. Seis décadas despois, a RAG bota a vista atrás e fai memoria da evolución da conmemoración, edición a edición, abrindo unha fiestra virtual en academia.gal que “quere ser unha mostra cronolóxica do que consideramos o grande acontecemento cultural de Galicia”, expresa o presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, na presentación do espazo.
A data elixida, procurada polo propio Fernández del Riego, tiña unha significación especial: cen anos antes, o 17 de maio de 1863, Rosalía dedicáralle ese día a Fernán Caballero a súa primeira edición de Cantares gallegos, título fundacional do Rexurdimento. Así que, como non podía ser doutro xeito, a homenaxeada da primeira edición foi a propia autora fundacional das letras galegas contemporáneas.
A mostra virtual, composta fundamentalmente por documentos conservados na propia Academia, a Fundación Penzol e a editorial Galaxia, comeza co documento da proposta da creación do Día das Letras Galegas presentada ante á RAG polos tres académicos e dúas fotografías históricas daquela primeira edición: a da visita que, con motivo da conmemoración, lle fixeron os membros da Academia a Gala, filla de Rosalía, na súa casa da rúa de Santo Agostiño da Coruña, e mais a duns novísimos Salvador García-Bodaño, Carlos Casares, Arcadio López-Casanova e Xohana Torres no salón artesoado de Fonseca da Universidade de Santiago de Compostela, onde os catro poetas participaron no recital posterior á conferencia sobre a autora que impartiu Ricardo Carballo Calero.
A mocidade dos catro escritores simboliza dalgún xeito o carácter que axiña adquiriu a festa das letras. “O gran pulo da celebración veu da man do asociacionismo cultural, que daquela empezaba a agromar en toda Galicia, apoiado principalmente na xente nova. A asociación O Galo sacou en Santiago de Compostela os libros galegos á rúa e axiña outras seguiron o seu exemplo. Hoxe podemos dicir que o que comezou sendo un acto académico de relevancia cualitativa se transformou nun acontecemento social que reborda amplamente as expectativas dos primeiros animadores”, valora o presidente da Academia. “Entidades comerciais, agrupacións empresariais, medios de comunicación, sindicatos, editoriais, clubs deportivos, centros de ensino de distintos niveis, universidades, grupos políticos etc., ademais das institucións do goberno, dun xeito ou doutro, participan na celebración por riba de diferenzas ideolóxicas e outros intereses, unha celebración que xa non é un día, senón que atinxe os doce meses do ano”, engade.
De Galicia á diáspora
As imaxes escolmadas dan conta de como a iniciativa prendeu con éxito e adoptou distintas formas de expresión por todo o país. E tamén na diáspora: unha delas inmortaliza a segunda edición das Letras Galegas, a dedicada a Castelao, na Casa de Galicia de Nova York, outra reproduce o programa do Centro Gallego de Buenos Aires co gallo do 17 de maio de Francisco Añón (1966) e unha terceira reproduce a adhesión do alcalde da localidade portorriqueña de Mayagüez á celebración do Día das Letras Galegas en 1975, que xirou arredor de Xoán Manuel Pintos. As fotografías internacionais comparten espazo con feiras do libro e festas populares como a organizada no parque de Santa Margarida da Coruña nas Letras Galegas de López Ferreiro (1978), manifestacións a prol da lingua, discursos institucionais, descubertas de placas conmemorativas, ofrendas florais aos homenaxeados por toda Galicia e unha notable escolma de carteis, entre os que destacan os creados por Xohán Ledo para Galaxia.
A mostra remata, polo momento, con outros dous exemplos da pegada das Letras Galegas na expresión plástica: os murais dedicados a Xela Arias e Florencio Delgado Gurriarán nas súas localidades natais, Sarria e Vilamartín de Valdeorras, co gallo das Letras Galegas de 2021 e 2022, respectivamente. Tras o vindeiro 17 de maio, a galería incorporará as imaxes das Letras de don Paco, pero entrementres Fernández del Riego xa aparece nela recordando a figura de Eduardo Pondal, no acto académico celebrado en 1965 na sede da Reunión Recreativa de Artesáns da Coruña, e mais o seu amigo Luís Seoane no Día das Letras Galegas de 1994.






















A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



