Afirman varios empresarios hostaleiros galegos que, neste verán de 2021, multiplicáronse exponencialmente as queixas de seareiros por teren a carta ou ementa na nosa lingua. Seica non se adoita facer conflito no local, mais si adoitan relatar a experiencia cando chegan á fin da súa viaxe.
Coincidiu neste verán, tamén, unha enxurrada de demostracións de bandeiras españolas en vivendas e apartamentos alugadas por familias de Madrid e da Meseta castelá, como se foran pioneiros ao xeito de Hernán Cortés, Francisco Pizarro ou Núñez de Balboa canda indíxenas que tiveramos ser reducidos ás ideas e costumes da Vila e Corte. Mentres, este verán milleiros de peregrinos (seguen a ser minoría, cómpre dicilo, mais no xa tan reducida) de orixe madrileña-castelá amosaron faltas de respecto notábeis, como o de guindar as máscaras a rentes do santuario de Santo Andrés de Teixido ou ocupar as rúas compostelás amosando xeitos paramilitares españois.
Velaí que o xornalista Xosé Manuel Pereiro, nun recente artigo en castelán para un medio estatal, definise esta enxurrada supremacista (pailaroca si, ben sei, mais tamén supremacista) como “imperialismo banal del veraneante”. Porque hoxendía estas actitudes supremacistas xa non son andrómenas de políticos ou opinadores madrileños, senón que teñen gañada a perspectiva de millóns no Estado que pensan que a lingua e cultura galegas son prescindíbeis, mesmo non han ter encaixe na España. Artur Màs declarara na Galicia no 2008 que case a metade das persoas enquisadas da rexión madrileña a respecto da pregunta da razón pola que falaban catalán as persoas catalás respostaran “por amolar”. Xa dende antes (e sen interrupción ningunha neste anos malia estar Feijoo no Goberno) antigos compañeiros meus da Universidade madrileña na que cursei o grao pensaban que falamos galego i) por amolar tamén, como dicía Màs, ii) para que “eles” nos entendan menos e iii) porque seica nolo impón alguén na Galicia. Poderán imaxinarse vostedes que estas persoas son xente estudada… Pensan que lles dei convencido do contrario ao longo destes anos? Cá!! Seguen a pensar o mesmo.
Arestora estes relatos están lexitimados por organizacións políticas como Vox e parte substancial do PP estatal, mais xurdiron hai ben de anos. Xurdiron no felipismo que impediu a comunicación entre as diversas culturas nacionais do Estado. E, sobre todo, xurdiron no aznarato españolista. En ambos os dous casos co impagábel contributo dos media madrileños dos 80 e 90 do século pasado.
A cidadanía galega non ten madrileñofobia. Mais milleiros estan a se fartar de tanto supremacismo.



















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



