A Unión Europea esixe dende 2008 aos seus Estados Membros (EM) a punición dos delictos de odio ou de discursos de odio (coñecidos en inglés como hate speech crimes ou bias crimes). Xa que logo, dende o 1 de xullo de 2015 o Código Penal español pena a difusión e promoción públicas, en determinadas circunstancias, de discursos e mensaxes gravemente discriminatorios por motivos racistas, antisemitas, anticiganos ou outros referentes á ideoloxía, relixión ou crenzas, situación familiar, pertenza dos seus membros a unha etnia, raza ou nación, a súa orixe nacional, o seu sexo, orientación ou identidade sexual ou por razóns de xénero, aporofobia, enfermidade ou discapacidade.
A punición destes delictos de emisión e/ou difusión pública de discurso de odio amosa problemas de encaixe co noso sistema de dereitos fundamentais, nomedamente coa liberdade de expresión recoñecida no artigo 20 da Constitución e no artigo 10 da Convención Europea dos Dereitos Humanos (CEDH, 1950). Consonte con esta CEDH, que constitúe o alicerce común dos sistemas normativos dos 47 Estados do Consello de Europa (entre eles os 27 EM da UE), o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos (TEDH), máximo intérprete da Constitución no eido dos dereitos fundamentais, considera que os casos graves de discursos de odio han ser excluídos do perímetro protexido pola liberdade de expresión recoñecida na CEDH, pois que a dignidade da persoa e os dereitos fundamentais dos demais constitúen límites á propia liberdade de expresión. Confronta esta consideración comunitarista coa protección, baseada nunha concepción individualista. que o Tribunal Supremo USA lle outorga, ao abeiro da First Amendment ou primeira emenda constitucional norteamericana, a toda caste de discursos de odio e agresión que non constitúan un convite directo, expreso e inmediato á violencia e que supoña un risco actual e non meramente potencial a respecto da vítima ou vítimas da mesma.
O alicerce da punición desta caste de delictos de expresión (que só atinxe ás modalidades graves dos discursos de odio, segundo o TEDH) é a necesidade da protección das minorías, nomeadamente dos colectivos históricamente discriminados, para tentar previrmos da difusión de graves mensaxes de estigmatización e despersonalización para as persoas que integran estes colectivos, xa que esta caste de xuizos de desvalor non se dirixe a persoas en concreto, senón a características específicas da mesma, comúns a todo o colectivo que se tenta estigmatizar e despersonalizar. Neste contexto, a punición penal dos discursos de odio graves constitúe unha resposta proporcionada e eficaz para evitar o dano á cohesión social que xeraría a repetición impune destas condutas.
Nos últimos tempos son recorrentes as opinións que amosan non entender o perímetro destes delictos. Porque, como xa dixo o Tribunal Supremo na sentenza que resolve o recurso de casación a respecto dos incidentes de Altsasua, non é posíbel criminalizar un discurso de odio contra un ou varios corpos de policía (que son esencialmente corpos funcionariais neutrais e, xa que logo non profesan ideoloxía susceptíbel de protección específica). Tampouco a respecto de colectivos políticos ou nacionais que teñan abondo garantidos, mesmo en situación obxectiva de privilexio, os seus dereitos, como o colectivo dos utentes da lingua castelá ou defensores políticos do seu uso. Porque esencial á discriminación que se castiga é esa vulnerabilidade histórica ou actual do colectivo agredido ao que pertence/n á vítima ou vítimas do delicto.
De calquera xeito, seguindo ao propio TEDH, a liberdade de expresión habería sempre rexer no caso de dúbida. Deste xeito, cumpriría só sancionar penalmente os discursos de odio verdadeiramente graves e susceptíbeis de desestabilización democrática polo seu potencial estigmatizante e despersonalizante a respecto do colectivo discriminado. Como xa advertiu Judith Butler a respecto das políticas de discriminación positiva (affirmative action) as forzas sistémicas a prol da discriminación das minorías e colectivos teñen unha grande capacidade para lle dar á volta no seu proveito aos valores que propugnan esta caste de políticas.

















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



