Mondoñedo, 21 de agosto de 2015.- A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, agradece os máis de 80.000 euros que a Xunta de Galicia destina ás obras de desbroce e acondicionamento dos camiños da primeira fase da concentración parcelaria de Sasdónigas. Ademais desta achega, o Goberno galego xa contempla novas intervencións na zona.
En concreto, a alcaldesa, Elena Candia, explica que os traballos, que deron comezo este venres, se prolongarán durante tres meses. “Eran camiños que se atopaban completamente intransitables, polo que nos parece unha actuación moi necesaria para o noso Concello”, explica. Lembra tamén que o remate da concentración de Sasdónigas foi un compromiso do seu goberno.
A empresa pública Seaga será a encargada de acometer as obras, logo do correspondente proceso de contratación. O investimento destinarase a labores de desbroce e limpeza dos camiños.
A rexedora subliña o impulso que o Goberno galego e, particularmente o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, “lle deu ás concentracións parcelarias de Mondoñedo” ao tempo que lembra que foi a administración autonómica en mans do PP a que desbloqueou o proceso de concentración de Sasdónigas. “Foi a Xunta quen deu os pasos definitivos para que a concentración parcelaria sexa unha realidade, de xeito que os propietarios das parcelas xa puideron tomar posesión provisoria dos predios de substitución”, explica Candia.
O equipo de Goberno de Mondoñedo gábase ademais das actuacións que impulsaron a concentración parcelaria de Mondoñedo norte, onde o Goberno galego executou os camiños secundarios.
A alcaldesa, acompañada de parte do seu equipo de Goberno, manterá esta mesma tarde unha reunión na parroquia á que pertence a concentración parcelaria de Sasdónigas para informar aos veciños e veciñas do investimento que está a realizar a Xunta.























O acto terá lugar o vindeiro luns 18 de maio, coincidindo coa celebración do Día Internacional dos Museos, unha data sinalada para poñer en valor o patrimonio cultural e mariñeiro do concello. Tras un período de traballos de mellora e adecuación, o museo —un referente na comarca— reabre para ofrecer ás persoas visitantes unha viaxe inmersiva a través da herdanza mariñeira, da industria conserveira e da estreita relación das súas xentes co Cantábrico.
Unha obra para todos os públicos. Hora: 20.00. Entrada libre ata completar aforo, non é necesario facer reserva de entradas.
O encontro, aberto ao público, terá lugar na Casa Museo Álvaro Cunqueiro e será moderado por membros da propia asociación. A sesión busca reflexionar colectivamente sobre a posibilidade de que Mondoñedo aspire a ser recoñecida como Patrimonio da Humanidade, abordando a cuestión desde perspectivas históricas, patrimoniais, artísticas, naturais e humanísticas. A actividade comezará ás 11:00 h e a organización anima a toda a veciñanza a participar e compartir opinións.
O Comité de Empresa de Alúmina‑Aluminio San Cibrao informa de que a Secretaría de Industria convocou ao comité á 19ª reunión de seguimento do acordo de viabilidade, que se celebrará o venres 15 de maio ás 12:30 horas na Delegación do Goberno en A Coruña. Unha vez rematada a reunión, o comité procederá a informar aos traballadores sobre os resultados e avances do encontro.
A participación estará aberta do 14 ao 18 de maio, e a persoa gañadora poderá escoller entre cinco modelos diferentes. A propietaria, Susana Moreira, fai un balance moi positivo desta década, na que o negocio evolucionou ata centrarse en mercería, venda de la e artigos artesanais elaborados por ela mesma. Ademais, ofrece arranxos de roupa e organiza cursos e talleres de ganchillo, calceta e bordado, como o previsto para o 23 de maio. A maior parte da clientela e das persoas que participan nas actividades son mulleres, aínda que tamén acoden nenos e mozos interesados en técnicas como os amigurumis.
Será este xoves, día 14 de maio, ás 19:00 horas no salón de actos do Concello. O mago Pedro Bugarín presentará o seu espectáculo titulado Galicia con maxia. Para esta actividade o Concello de Lourenzá conta coa colaboración da Deputación de Lugo.
Nesta ocasión participará Susana Vázquez Fernández, coach de saúde emocional e facilitadora en procesos de duelo e perda, que impartirá o faladoiro “Xestión do ánimo”, centrado en técnicas de relaxación, pensamento positivo e coidado da saúde mental para mellorar o benestar emocional. A actividade está aberta á veciñanza e busca crear un espazo para compartir, aprender e coidarse en comunidade. Conta co apoio e colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.



