San Cibrao, 3 de setembro de 2015.- O xoves 3 de Setembro decorreu no Museo Provincial no Mar de San Cibrao (Cervo) na sala de exposicións do Concello de Xove a inauguración dunha nova exposición organizada pola Rede Museística Provincial. “A caza da balea” é o nome da parte instalada na institución museística e a “A factoría baleeira Massó” a localizada no municipio xovense que xustamente recolle o testemuño fotográfico que o artista Félix Lorrio realizou da actividade dunha factoría baleeira en 1978. En cambio, a sección do museo sancibrense ilustra a tradicional caza baleeira das Idades Media e Moderna, mediante imaxes do coñecido “Diccionário Histórico de los Artes de la Pesca Nacional” de Antonio Sañez Reguart.
Esta exposición , con as súas ambas ubicacións, lembran a importante presencia desta actividade pesqueira na nosa comarca, que tivo a sua última expresión na factoría xovense de Morás. Actividade esta que deixou importantes testemuños como por exemplo a colección de osos depositada no Museo Provincial do Mar, a mais importante de Galicia segundo os expertos.
Nos actos interviron a xerente da Rede Museística Provincial, Encarna Lago, que subliñou a importancia de manter unha ruta que ligue os importante restos óseos instalados no Museo Provincial do Mar con o centro xeográfico de Morás onde se ubicou a factoría Masso entre 1965 e 1976; e o deputado Demetrio Salgueiro Rapa, delegado da Área de Economía, Recadación e Facenda, que fixo un repaso histórico sobre a memoria histórica da cultura marítima derivada da caza destes grandes cetáceos. Ao tempo, Encarna Lago fixo unha mención á importancia do traballo en rede no ámbito museístico que, como nesta ocasión con o Museo Massó de Bueu; permite realizar exposicións de maior valor e importancia.
Convidamos a todo aquela persoa interesada a asistir esta exposición, e especialmente a acudir aos dous centros expositivos dada a complementariedade de ambas instalación ao mostrar diferentes formas que adoptou esta práctica ao longo da historia.



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



