Lourenzá, 17 de outubro de 2017. Este sábado, día 21, inaugurarase no Pazo de Tovar un espazo lúdico e exposición permanente de xoguetes tradicionais.
O concelleiro de Cultura, Manuel Arango, anunciou que “na próxima fin de semana, o sábado 21 de outubro, ás 13 horas, terá lugar a inauguración oficial do espazo lúdico e exposición permanente O recuncho das argalladas no Pazo de Tovar, en Canedo de San Tomé de Lourenzá. Trátase dun espazo, composto por dúas salas, na que conviven harmonicamente unhas cento cincuenta pezas de xoguetes tradicionais, realizadas polos investigadores laurentinos José Manuel García e Xosé López, autores, como é sabido, dos libros Os xoguetes esquecidos e os máis recentes Xoguetes naturais. Argalladas dos pícaros. Están divididos ou organizados en función dos materiais, movemento, da natureza, de refugallo, de terra ou de mar…, acompañados de debuxos e fotografías que reflicten tanto escenas lúdicas coma as árbores doadoras deses materiais ou as propias argalladas”.
Manuel Arango explicou que “é unha aposta por parte do Concello laurentino e do propio dono do pazo como un xeito de dinamizar e dar a coñecer non só esta exposición senón o propio pazo e a súa historia”.
O edil de Cultura engadiu que “asemade, coincidente con esta inauguración, terá lugar unha reunión de especialistas nos xogos e xoguetes de toda Galicia, para compartiren experiencias, recursos e avaliaren a saúde do acervo lúdico tradicional neste momento”.























O acto terá lugar o vindeiro luns 18 de maio, coincidindo coa celebración do Día Internacional dos Museos, unha data sinalada para poñer en valor o patrimonio cultural e mariñeiro do concello. Tras un período de traballos de mellora e adecuación, o museo —un referente na comarca— reabre para ofrecer ás persoas visitantes unha viaxe inmersiva a través da herdanza mariñeira, da industria conserveira e da estreita relación das súas xentes co Cantábrico.
Unha obra para todos os públicos. Hora: 20.00. Entrada libre ata completar aforo, non é necesario facer reserva de entradas.
O encontro, aberto ao público, terá lugar na Casa Museo Álvaro Cunqueiro e será moderado por membros da propia asociación. A sesión busca reflexionar colectivamente sobre a posibilidade de que Mondoñedo aspire a ser recoñecida como Patrimonio da Humanidade, abordando a cuestión desde perspectivas históricas, patrimoniais, artísticas, naturais e humanísticas. A actividade comezará ás 11:00 h e a organización anima a toda a veciñanza a participar e compartir opinións.
O Comité de Empresa de Alúmina‑Aluminio San Cibrao informa de que a Secretaría de Industria convocou ao comité á 19ª reunión de seguimento do acordo de viabilidade, que se celebrará o venres 15 de maio ás 12:30 horas na Delegación do Goberno en A Coruña. Unha vez rematada a reunión, o comité procederá a informar aos traballadores sobre os resultados e avances do encontro.
A participación estará aberta do 14 ao 18 de maio, e a persoa gañadora poderá escoller entre cinco modelos diferentes. A propietaria, Susana Moreira, fai un balance moi positivo desta década, na que o negocio evolucionou ata centrarse en mercería, venda de la e artigos artesanais elaborados por ela mesma. Ademais, ofrece arranxos de roupa e organiza cursos e talleres de ganchillo, calceta e bordado, como o previsto para o 23 de maio. A maior parte da clientela e das persoas que participan nas actividades son mulleres, aínda que tamén acoden nenos e mozos interesados en técnicas como os amigurumis.
Será este xoves, día 14 de maio, ás 19:00 horas no salón de actos do Concello. O mago Pedro Bugarín presentará o seu espectáculo titulado Galicia con maxia. Para esta actividade o Concello de Lourenzá conta coa colaboración da Deputación de Lugo.
Nesta ocasión participará Susana Vázquez Fernández, coach de saúde emocional e facilitadora en procesos de duelo e perda, que impartirá o faladoiro “Xestión do ánimo”, centrado en técnicas de relaxación, pensamento positivo e coidado da saúde mental para mellorar o benestar emocional. A actividade está aberta á veciñanza e busca crear un espazo para compartir, aprender e coidarse en comunidade. Conta co apoio e colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.



