Lugo, 21 de marzo de 2018. O Goberno da Deputación explica a autónomos e pemes lucenses as novidades na contratación da roza nas estradas lucenses. Técnicos provinciais mantiveron un encontro este mércores con máis de 15 representantes das pequenas e medianas empresas interesadas neste servizo, no que se lles explicou as obrigas e responsabilidades que establece para os empresarios o contrato do servizo de roza.
Por iniciativa do Presidente, Darío Campos Conde, expertos das áreas de contratación e vías e obras desgranaron polo miúdo as obrigas que aceptarán os autónomos e pemes unha vez adxudicado o servizo, co fin de facilitar que as pequenas empresas lucenses teñan a posibilidade de optar a este contrato. Trátase dunha iniciativa coa que o Goberno traballa por unha Deputación coas persoas, social e rural.
Lembrar que a roza da Deputación abrangue máis de 4.300 quilómetros de vías tradúcense en 8.600 quilómetros de paseos, 8.600 quilómetros de taludes e 4.500 quilómetros de gálibo, nos que hai que eliminar a vexetación herbácea e arbústica. Isto supón un total de 21.200 quilómetros nos que se realizarán estas tarefas. É ademais mecánica e manual, é dicir, non se emprega ningún tipo de axente químico, a diferenza doutras administracións, para protexer e respectar o medio ambiente.























Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.



