Ribadeo, 31 de agosto de 2018. A Policía Local e a Brigada de Obras do Concello desprazáronse este venres á rúa Amando Pérez, onde un camión sufriu un accidente na curva a carón da aduana vella. O vehículo derrubou parte dun muro e os cascallos caeron enriba dos coches que estaban aparcados no porto ribadense.
O alcalde, Fernando Suárez, dixo que “xa din instrucións para arranxar canto antes ese muro. O seguro do camión deberá facerse cargo dos custes ocasionados”. A Brigada de Obras encargouse de asegurar o espazo afectado por ese sinistro que se producía sobre as 10:30 horas de hoxe.
O rexedor engadiu que “afortunadamente non se produciron danos persoais”.