O Vicedo, 31 de agosto de 2018.- A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de completar a tramitación administrativa pola que se autoriza a construción do “parque eólico reformado Pena Ventosa”, emprazado no municipio lucense do Vicedo. Un avance decisivo que fai posible que a empresa promotora comece en breve a construción deste parque, o primeiro lucense cuxa posta en marcha se inicia este ano.
A execución deste novo parque require dun investimento de 7,9 millóns de euros para unha potencia contratada instalada de 8 megavatios (MW). Estará dotado de catro aeroxeradores de 2 megavatios fabricados en Viveiro. Cada muíño contará cun rotor triplala de 90 metros de diámetro, sobre unha torre de 78 metros de altura. A enerxía que produza irá a subestación de Pena Ventosa que aproveita unha liña xa en servizo.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, acompañado do alcalde da localidade, Jesús Novo, desprazouse ata o lugar do Carranco, ao este da Serra da Faladoira, onde estará emprazado o futuro parque, para coñecer da man dos responsables da empresa as características do proxecto.
Alí foron recibidos polo director xeral de Endesa na zona Noroeste, Miguel Temboury, polo responsable de Desenvolvemento de Negocio de Enel Green Power España no Noroeste, Manuel Gago, e por Luis Ovalle, encargado da execución de proxectos.
Entre as principais características do proxecto destaca que permitirá a creación de 48 empregos na súa fase de construción, aos que cómpre engadir dous máis durante a súa operación e mantemento nos seus trinta anos de vida útil.
O novo parque tamén contribuirá con 1,2 millóns de euros en concepto de impostos locais e canon eólico, o que sen lugar a dúbidas repercutirá no conxunto da veciñanza, incrementando os recursos municipais e garantindo maiores investimentos a través das axudas que cada ano a Xunta destina ao Concello a través do Fondo de Compensación Ambiental.
Desde o punto de vista das vantaxes ambientais, a aposta por esta enerxía renovable e a produción eléctrica do novo parque evitará cada ano a emisión á atmosfera de 15.479 toneladas de dióxido de carbano (CO2), 35 toneladas de dióxido de xofre (SO2) e 44 toneladas de óxido nitroso (NOx).
O delegado territorial, ademais de felicitarse polo avance deste proxecto e desexar o máximo dos éxitos á filial de renovables de Endesa, sinalou que esta mesma compañía tamén ten previsto promover novos parques en Paradela.
Lugo lidera o desenvolvemento eólico de Galicia
Balseiro lembrou o liderado de Lugo no desenvolvemento eólico galego dos próximos anos. De feito, explicou que esta provincia agrupa o 62% dos proxectos que xa foron declarados de especial interese (16 en total), entre os que se atopa o que hoxe se presenta.
Na súa totalidade os novos parques eólicos supoñen 398,6MW de potencia autorizada. Coa implantación destes novos proxectos nos que as empresas investirán máis de 400 millóns de euros, Lugo contará coa creación de máis de 5.500 empregos durante a súa construción e 75 coa súa posta en marcha, e os concellos recadarán ao redor de 21 millóns de euros durante toda a súa explotación.
“A Xunta ratifica a súa aposta polo impulso das enerxías renovables e, en concreto, do sector eólico, pola oportunidade que supón para a creación de riqueza e emprego, como agardamos comprobar en breve neste parque de Pena Ventosa”, concluíu.























O acto terá lugar o vindeiro luns 18 de maio, coincidindo coa celebración do Día Internacional dos Museos, unha data sinalada para poñer en valor o patrimonio cultural e mariñeiro do concello. Tras un período de traballos de mellora e adecuación, o museo —un referente na comarca— reabre para ofrecer ás persoas visitantes unha viaxe inmersiva a través da herdanza mariñeira, da industria conserveira e da estreita relación das súas xentes co Cantábrico.
Unha obra para todos os públicos. Hora: 20.00. Entrada libre ata completar aforo, non é necesario facer reserva de entradas.
O encontro, aberto ao público, terá lugar na Casa Museo Álvaro Cunqueiro e será moderado por membros da propia asociación. A sesión busca reflexionar colectivamente sobre a posibilidade de que Mondoñedo aspire a ser recoñecida como Patrimonio da Humanidade, abordando a cuestión desde perspectivas históricas, patrimoniais, artísticas, naturais e humanísticas. A actividade comezará ás 11:00 h e a organización anima a toda a veciñanza a participar e compartir opinións.
O Comité de Empresa de Alúmina‑Aluminio San Cibrao informa de que a Secretaría de Industria convocou ao comité á 19ª reunión de seguimento do acordo de viabilidade, que se celebrará o venres 15 de maio ás 12:30 horas na Delegación do Goberno en A Coruña. Unha vez rematada a reunión, o comité procederá a informar aos traballadores sobre os resultados e avances do encontro.
A participación estará aberta do 14 ao 18 de maio, e a persoa gañadora poderá escoller entre cinco modelos diferentes. A propietaria, Susana Moreira, fai un balance moi positivo desta década, na que o negocio evolucionou ata centrarse en mercería, venda de la e artigos artesanais elaborados por ela mesma. Ademais, ofrece arranxos de roupa e organiza cursos e talleres de ganchillo, calceta e bordado, como o previsto para o 23 de maio. A maior parte da clientela e das persoas que participan nas actividades son mulleres, aínda que tamén acoden nenos e mozos interesados en técnicas como os amigurumis.
Será este xoves, día 14 de maio, ás 19:00 horas no salón de actos do Concello. O mago Pedro Bugarín presentará o seu espectáculo titulado Galicia con maxia. Para esta actividade o Concello de Lourenzá conta coa colaboración da Deputación de Lugo.
Nesta ocasión participará Susana Vázquez Fernández, coach de saúde emocional e facilitadora en procesos de duelo e perda, que impartirá o faladoiro “Xestión do ánimo”, centrado en técnicas de relaxación, pensamento positivo e coidado da saúde mental para mellorar o benestar emocional. A actividade está aberta á veciñanza e busca crear un espazo para compartir, aprender e coidarse en comunidade. Conta co apoio e colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.



