A MARIÑA .- O motoclub Os Centolos da Mariña celebrou o sábado o segundo aniversario da entidade con unha ruta mototuristica na que participaron 87 persoas. Remataron a xornada con unha cea... Ler máis
CERVO .- Os xubilados do concello de Cervo que desexen participar na celebración que se organiza con motivo do Día do Xubilado deberán inscribirse antes do 17 de abril na Casa do Concello. E... Ler máis
Nota de Prensa O BNG RECLAMA A MELLORA DO SERVIZO DO P.A.I. OU A SUA CONVERSION EN ESCOLA INFANTIL CON HORARIO ININTERRUMPIDO. Durante o ano 2008 este servizo financiouse na súa totalidade... Ler máis
RIBADEO .- (FNC) Segun explicou o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, “o Concello ten desde hai anos desde a Área de Desenvolvemento Local unha bolsa de emprego, igual que outros concellos... Ler máis
Programa de actos do 26 de marzo ao 3 de abril organizados pola Venerable Orden Tercera Franciscana de Viveiro con motivo da celebración da Semana Santa 2009. Ler máis
CERVO .- Catro proxectos propostos polo Concello de Cervo recibiron 332.181 euros con cargo ao Fondo de Investimento Local. As inversións corresponde ao acondicionamento e urbanización das r... Ler máis
RIBADEO .- (FNC) Son 65 os vendedores ambulantes que nesta xornada teñen ao día os seus pagos co Concello de Ribadeo para poder montar mañá os seus postos no mercado semanal. O alcalde, Fern... Ler máis
Nota de Prensa El Partido Popular quiere denunciar respecto al accidente acontecido en Foz por la caída de un palé de ladrillo al descargar en la Avda.Cervantes, que la responsabilidad no es... Ler máis
RIBADEO .- (FNC) O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez di que “hoxe é un día histórico para Ribadeo porque se asinou a acta de replanteo previa ao inicio das obras do polígono industrial, co... Ler máis
XOVE .- A entrega de trofeos e un estupendo cocido puxeron fin o sábado 21 ao Campionato de Tute organizado polo centro social de San Isidoro de Monte, en Xove, despois de case catro meses d... Ler máis
RIBADEO .- A delegación provincial de Industria comunicou ao alcalde de Ribadeo que o expediente que está a exposición actualmente é o da subestación e está pendente o do trazado. A aclaraci... Ler máis
A fin de semana houbo degustación de longueirón en Foz, xornada promovida pola por la Asociación de Comerciantes local na que tomaron parte una vintena de establecementos hostaleiros. Seguin... Ler máis
XOVE .- (MFO) O Centro Óptico Xove perdeu por terceira vez consecutiva, esta vez en Porriño contra o Canteiras, por 66 puntos a 56.Tras esta racha os xovenses caen ata a décima posición con... Ler máis
O Día Mundial da Auga este ano a ONU adicou o evento ás bacías transfronteirizas e ás augas partilladas entre países e comunidades. Trátase de cooperar e xestionar responsabelmente os recurs... Ler máis
O VALADOURO .- Nada menos que 22 tapas gratis ofrecerán unha ducia de establecementos, o sábado día 28, na cuarta Ruta de Tapeo de O Valadouro; o mesmo día celebrase o Mercado Tradicional de... Ler máis
CERVO .- O Concello de Cervo é o único de A Mariña no que o Punto Munciapal de Atención a Infancia ten carácter gratuíto polo que non implica ningún coste para as familias usuarias. O devand... Ler máis
Nota de Prensa En resposta ás contínuas acusacións do grupo municipal do PP ao goberno burelés, gustaríame facer algunhas puntualizacións: – O PP afirma que o próximo pleno a celebrar o 2... Ler máis
Nota de Prensa O Partido Popular de Cervo reclama a execución do último treito desta vía que transcorre desde a Estatua de San Román ata a zona de A Puida, unha estrada moi transitado polas... Ler máis
Clasificación final da Compostela CUP Ribadeo 2009. O Ribadeo resultou gañador da fase local da Compostela CUP Ribadeo 2009 na que tamen participaron equipos de Cospeito, Pastoriza e Burela Ler máis
A MARIÑA .- O Observatorio da Mariña pola Igualdade posicionase “publicamente a favor dunha lei do aborto”. Esta iniciativa xorde a raíz de que “nos últimos días estamos as... Ler máis
A Banda de Música de Burela viaxa á Coruña o domingo 22 de marzo para asistir ao concerto da Banda Oskorri e da Banda Municipal da Coruña. Pola tarde visitarán á Casa das Ciencias. Ler máis
BURELA .- (FNC) O Concello de Burela ven de asinar o segundo convenio de colaboración coa Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia para o pr... Ler máis
CERVO .- A responsable municipal de Sanidade do Concello de Cervo, Yolanda Pedreira, recolleu queixas de veciños de Rúa, San Román e Trasbar, aos que lles están a cambiar o médico de cabece... Ler máis
XOVE .- (M.F.) O Centro Óptico Xove de baloncesto perdeu en Allariz por dous puntos, 81 a 79, nun partido que tivo que afrontar con so sete xogadores polas las baixas de Pony, Paco e Migue... Ler máis
Domingo clausurouse en Cervo IV Xornada de Terapia Asistida con Animais na Sala de Exposición de Sargadelos dónde a concelleira Yolanda Pereira entregará diplomas. Nesta actividade colabor... Ler máis
NOTA DE PRENSA EL PP REITERA EL ABANDONO DEL GOBIERNO MUNICIPAL EN LAS FUENTES DE COVAS Y LAS CARENCIAS DE LA TDT EN LAS PARROQUIAS DEL CONCELLO. Los vecinos de la parroquia de Covas nos han... Ler máis
RIBADEO .- (FNC) O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, asegura que desde hai dous días está exposta ao público no Concello a relación de bens e dereitos afectados pola construcción da subes... Ler máis















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Son 15 os postos instalados nos que os asistentes poderán atopar complementos de moda e téxtis, marroquinaría, xoiaría, teas, sombreirería, bixutaría, xoguetes ou esmaltes. Esta feira está percorrer diversas localidades e cidades galegas para dar a coñecer o traballo dos artesáns galegos. Polo recinto pasaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz.
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna hoxe ao monolito da Cadeir a, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show mañá, ou unha ruta turística o domingo. Ademais, haberá sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.



