Burela, 26 de marzo, 2026. Nas primeiras semanas de marzo celebráronse os obradoiros interxeracionais do proxecto “Sostibilidade da actividade pesqueira e consumo responsable”, promovido pol... Ler máis
O Vicedo, 26 de marzo, 2026. O Grupo Municipal Socialista conseguiu aprobar no pleno do 25 de marzo unha moción destinada a mellorar a sinalización das parroquias do concello, unha demanda h... Ler máis
Antonio Ameijide recorda que “a Deputación está para colaborar cos Concellos e non para asfixialos con taxas en obras de interese público ou esenciais para dar servizo aos veciños e que en n... Ler máis
Carmela López reuniuse este mércores co titular da Xunta de Galicia para urxirlle dez medidas que considera prioritarias para reforzar os servizos públicos, apoiar o municipalismo e impulsar... Ler máis
Foz, 25 de marzo de 2026. A concelleira de Economía e Facenda en Foz, Inés López Couto, aclara que “a oposición fai unha análise torticera dun documento sobre o que primeiro debería pregunta... Ler máis
O Valadouro, 25 de marzo, 2026. O Concello do Valadouro continúa cos preparativos do Mercado de Primavera, un dos eventos máis destacados do municipio. Desde a Concellería de Cultura queren... Ler máis
Foz, 25 de marzo de 2026. A UNED de Foz inclúe na súa programación para o vindeiro mes de abril oito actividades: sete cursos e a presentación dun libro. A Aula da UNED de Foz presenta a súa... Ler máis
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita s... Ler máis
Ribadeo, 25 de marzo de 2026. A Banda Municipal de Música de Ribadeo estreará oito pezas no concerto de Semana Santa que ofrecerá na igrexa parroquial ribadense de Santa María do Campo o vin... Ler máis
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pere... Ler máis
Mondoñedo, 25 de marzo, 2026. O grupo municipal do BNG no Concello de Mondoñedo presentará no vindeiro pleno unha moción para impulsar a elaboración dun plan de accesibilidade que permita av... Ler máis
Ribadeo, 25 de marzo de 2026. Preto de 150 alumnas e alumnos de 3º da ESO e de FP Básica asistirán ás charlas sobre as novas formas de fumar que organiza o Programa de Prevención de Drogodep... Ler máis
A sesión, ás 18:00 horas no auditorio As Quintas, pechará os actos do 8M en El Franco tras o exitoso XI Encontro de Mulleres. Será a única proxección no Noroccidente asturiano e forma parte... Ler máis
A sesión plenaria está convocada para o xoves ás 20.00 horas Burela, 25 de marzo de 2026. O Concello de Burela celebrará mañá, xoves 26 de marzo, ás 20:00 horas un pleno ordinario no Salón d... Ler máis
O espazo municipal completa a súa oferta cun novo proxecto artesanal centrado na elaboración de velas de cera de soia e produtos únicos feitos a man Cervo, 25 de marzo do 2026. O Centro de E... Ler máis
O PP tamén alerta de que a liquidación recolle “87 reparos de intervención, loxicamente por mala praxe”, e subliña que o propio interventor municipal “está instando ao equipo de goberno a cu... Ler máis
Ribadeo, 25 de marzo de 2026. Catorce clubs participarán en Ribadeo os días 4 e 5 de abril no Tournament de Mini Basket, que reunirá a 200 xogadores e xogadoras. O evento está organizado pol... Ler máis
Os concelleiros do PP esixen “clarificar o contrato do servizo de limpeza nos centros escolares e outros centros de titularidade municipal” porque “hai anos que se está a renovar de forma tá... Ler máis
Ribadeo, 25 de marzo de 2026. Ribadeo acollerá un taller de taichí este sábado, 28 de marzo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, explicou que “se trata dunha actividade gratuí... Ler máis
O proxecto desenvolverase en instalacións xa existentes e centrarase na xestión de envases plásticos reutilizables danados e outros de similar composición para a fabricación de novos produto... Ler máis
Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2026. O portavoz de Pesca e Marisqueo do Grupo Parlamentario Popular, Miguel Fidalgo, interveu, hoxe, no pleno do Parlamento de Galicia para defender o... Ler máis
Burela, 24 de marzo, 2026. A Asociación Esperanza, dedicada á loita e apoio contra o cancro, celebrou o pasado venres 20 a súa Asemblea Xeral Anual, na que as persoas asistentes aprobaron po... Ler máis
Foz, 24 de marzo de 2026. O Concello de Foz mellorará as xardineiras e as zonas axardinadas do municipio. Anunciouno a concelleira Inés López Couto, que manifesta: “o señor Castiñeira só ace... Ler máis
Burela, 24 de marzo de 2026. O Concello de Burela presenta unha nova edición de “Pascua con Gaia”, un programa de actividades para a infancia e as familias que se desenvolverá os días 31 de... Ler máis
Foz, 24 de marzo de 2026. O Concello de Foz celebrou o Día Mundial da Auga hoxe, martes, con novas ferramentas para os usuarios do servizo de abastecemento e unha xornada divulgativa para os... Ler máis
Ribadeo, 24 de marzo, 2026. Este pasado domingo 22 de marzo, os Benxamíns do Trasnos Hockey Liña Ribadeo sumaron 6 puntos fundamentais na clasificación. A xornada disputouse no Pavillón Muni... Ler máis
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación... Ler máis
















A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.



