José Tomé destacou que este novo servizo “contribúe a mellorar a calidade de vida dos veciños, un factor fundamental para fixar poboación no rural, que é un dos grandes obxectivos que temos... Ler máis
A Mariña, 15 de outubro de 2023. Os alcaldes de Trabada, Foz e Ribadeo, Mayra García, Fran Cajoto e Dani Vega, solicitarán manter un encontro co conselleiro de Medio Rural, José González, pa... Ler máis
A Xunta de Goberno aprobou este venres unha colaboración económica co municipio da Mariña para rehabilitar o antigo teleclub da parroquia de Vilaformán e favorecer así o acceso a Internet e... Ler máis
O Conselleiro do Medio Rural reúnese coa alcaldesa de Trabada, Mayra García, para estudar vías de desenvolvemento rural neste concello Santiago de Compostela, 24 de xuño de 2023. O consellei... Ler máis
Lugo, 7 de maio de 2023. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, xunto á Alcaldesa de Trabada e tamén Deputada de Economía, Recadación e Facenda, Mayra García Bermúdez, compartiu... Ler máis
Trabada, 24 de marzo de 2023. O Goberno de España está a impulsar a dixitalización en sete concellos de reto demográfico de Galicia a través do programa Rural TIC que impulsa a compañía públ... Ler máis
O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico vén de conceder 13 axudas a entidades locais para levar a cabo proxectos innovadores de transformación territorial que propicien... Ler máis
Ribadeo, 14 de novembro De 2022. O alcalde ribadense, Fernando Suárez, e a alcaldesa de Trabada, Mayra García, asinaron esta mañá no Pazo de Ibáñez o convenio de colaboración para o subminis... Ler máis
Estas máquinas quedaron colocadas na zona exterior desta dotación social da Deputación de Lugo e son específicas para traballar a psicomotricidade, mellorar o benestar e a súa saúde física e... Ler máis
Trabada, 14 de xuño de 2022. Os Concellos de Ribadeo e Trabada conseguiron a subvención que solicitaron de forma conxunta á Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e T... Ler máis
Ribadeo, 10 de febreiro de 2022. Os Concellos de Ribadeo e de Trabada solicitaron de forma conxunta unha subvención á Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo... Ler máis
Lugo, 13 de agosto de 2021. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, xunto ao Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, a Alcaldesa de Trabada, Mayra García Be... Ler máis
Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2020. A Xunta de Galicia acaba de emitir os informes ambientais estratéxicos correspondentes aos plans básicos municipais (PBM) dos concellos de Por... Ler máis















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Son 15 os postos instalados nos que os asistentes poderán atopar complementos de moda e téxtis, marroquinaría, xoiaría, teas, sombreirería, bixutaría, xoguetes ou esmaltes. Esta feira está percorrer diversas localidades e cidades galegas para dar a coñecer o traballo dos artesáns galegos. Polo recinto pasaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz.
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna hoxe ao monolito da Cadeir a, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show mañá, ou unha ruta turística o domingo. Ademais, haberá sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.



