O Bloque defende o futuro do noso rural mediante políticas que apoien a rendibilidade da industria transformadora Lugo, 14 de xullo de 2023. O cabeza de lista ao Congreso por Lugo, Daniel Ca... Ler máis
Viveiro, 13 de xullo, 2023. Galiza Nova ven de celebrar na tarde deste xoves un acto nos Xardíns Noriega Varela de Viveiro, no que se contou coa presenza de Pilar Vázquez, suplente ao Senado... Ler máis
O BNG defenderá no Congreso un financiamento local adecuado á realidade demográfica e territorial, que garanta a prestación de servizos públicos Lugo, 13 de xullo de 2023. Daniel Castro, cab... Ler máis
O BNG aposta por unha nova Lei de Universalización que garanta o dereito á asistencia sanitaria con carácter universal Lugo, 12 de xullo de 2023. O número un do BNG por Lugo, Daniel Castro,... Ler máis
O candidato ao Congreso por Lugo visitou a vila Mariñá, onde destacou as accións levadas a cabo polo goberno do BNG Lugo, 10 de xullo de 2023. O candidato do BNG por Lugo, Daniel Castro, vis... Ler máis
A mellor maneira de frear a un PP aliado da extrema dereita antigalega é encher as urnas de votos BNG e ter un grupo galego forte en Madrid Santiago de Compostela, 9 de xullo 2023. A portavo... Ler máis
O cabeza de lista ao Congreso visitou o concello das Nogais, onde está en tramitación a instalación dun parque eólico Lugo, 8 de xullo de 2023. O candidato do BNG ao Congreso, Daniel Castro,... Ler máis
As infraestruturas, indispensables para o desenvolvemento da comarca, son unha prioridade para as nacionalistas A Mariña, 1 de xullo, 2023. O BNG vén de presentar aos integrantes mariñaos da... Ler máis
Convida a votar coa cabeza e o corazón en Galiza elixindo a papeleta do BNG, a única forza que ten os seus centros de decisión no País Santiago de Compostela, 29 de xuño do 2023. A portavoz... Ler máis
“Un grupo do BNG en Madrid será determinante para defender os nosos intereses ante os ministerios responsabeis deste tipo de proxectos” dixo Daniel Castro Lugo, 23 de xuño de 2023. O c... Ler máis
Daniel Castro, cabeza de lista do BNG ao Congreso, comprométese a defender os intereses da Mariña no Congreso “tal e como defendín no Parlamento de Galiza até o de agora” Xove, 21 de xuño de... Ler máis
Santiago de Compostela, 16 xuño 2023. O Consello Nacional deu luz verde ás candidaturas do BNG ás eleccións xerais do 23 de xullo, unhas listas de “país” que combinan renovación xeracional c... Ler máis
A Mariña, 25 de maio de 2023. Olalla Rodil e Daniel Castro aproveitaron a súa visita ao concello de Muras para contrastar o modelo BNG, en defensa dos servizos públicos desde os gobernos loc... Ler máis
A mobilidade e a conexión entre as diferentes vilas mariñás, no centro da acción política do BNG, concello a concello A Mariña, domingo 21 de maio 2023. O deputado no Congreso Néstor Rego re... Ler máis
O BNG intensifica os actos e contactos coa veciñanza neste ecuador de campaña A Mariña, sábado 20 de maio 2023. O BNG continúa intensificando os actos e contactos cos veciños e veciñas da Ma... Ler máis
Daniel Castro criticou a García Comesaña por non exercer as súas competencias en materia sanitaria e non ofrecer unha solución á “fuga de persoal” forzada polas “condicións de traballo preca... Ler máis
Míriam Bermúdez asegura ir a por todas despois dun acto de presentación ateigado de xente en Viveiro
Viveiro, 29 de abril, 2023. “Alucinante o apoio recibido, ver tanta xente no acto augura uns resultados aplastantes” aseguraba Míriam Bermúdez tras finalizar o acto de presentación organizad... Ler máis
Castro denunciou as esperas de máis de dous anos por unha consulta en cardioloxía, de catro meses por unha biopsia, e casos como que Viveiro “chegue a quedar con un só médico para 16 mil hab... Ler máis
O BNG defende unha Mariña conectada e vertebrada con infraestruturas actuais e modernas A Mariña, mércores 8 de febreiro 2023. Concelleiras e concelleiros do BNG da Mariña, representantes do... Ler máis
Daniel Castro cualifica a falta dous médico/as durante tres semanas no Centro de Saúde de Riotorto de “novo ataque” do PP á sanidade pública e á Atención primaria e fai un chamamento á cidad... Ler máis
Este xoves estarán desde ás 10 en Foz no Centro de Saúde A Mariña, mércores 5 de xaneiro 2022. Ao longo da mañá do mércores 4 de xaneiro toda a veciñanza de Ribadeo tivemos ocasión de mostra... Ler máis
Os nacionalistas continúan tamén na comarca coa campaña de apoio á ILP en defensa da Atención Primaria e este mércores recollerán sinaturas no mercado de Ribadeo A Mariña, martes 3 de xaneir... Ler máis
Mondoñedo, 26 de decembro do 2022. O deputado nacionalista mariñao Daniel Castro rexistrou a semana pasada no Parlamento Galego unha Proposición non de Lei para que a aula de fisioterapia do... Ler máis
O deputado no Congreso Néstor Rego estará este venres en Burela nun acto público ás 20:00 na Praza de Abastos A Mariña, mércores 30 novembro 2022. Na mañá de hoxe o BNG presentou en Burela a... Ler máis
Animan á sociedade mariñá a asinar a ILP sobre atención primaria para que chegue con forza ao Parlamento e o PP teña que recuar A Mariña, mércores 30 novembro 2022. Cargos orgánicos e instit... Ler máis
Sábado, 19 de novembro 2022. A sanidade pública de todo o país está a pasar por un dos peores momentos con múltiples problemas tanto na atención hospitalaria, coma na atención primaria. Como... Ler máis
Mais dunha década de peches progresivos de empresas mariñás é a folla de servizos que deixa o PP na comarca A Mariña, venres 18 de novembro 2022. O peche de Albo en Celeiro, que desgrazadame... Ler máis
Sanidade, industria, portos, infraestruturas de saneamento, entre outras, forman o groso das emendas presentadas polo BNG A Mariña, sábado 12 novembro 2022. Na mañá de hoxe o BNG presentou e... Ler máis
Castro denunciou a actitude do goberno central e o PP de “botarse as culpas entre si e logo non facer nada”, exixiu á Xunta intervir en Alcoa e a “participación pública” da administración ga... Ler máis
Daniel Castro: “Por que o Partido Popular se empeñan en paralizar unha infraestrutura que daría beneficio e futuro á comarca da Mariña?” Santiago de Compostela, 14 de outubro 2022. O BNG rec... Ler máis















O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.



