Ribadeo segue puxante no turismo. A praia de Augas Santas, a célebre ‘as catedrais’, é unha referencia e parece que a costa de tempo e de visitantes, ata se comenten menos erros nas diversas informacións sobre a súa pertenza a Ribadeo. A oficina de turismo está chea día tras día, e nun momento calquera pode coincidir unha cola á que a persoa de atención non da abasto, sumándose este ano á atracción o Xacobeo, en función do Ano Santo compostelá. Onte mesmo, xa ben avanzada a tarde, 10 persoas esperaban a que tres mulleres eslovacas camiño a Santiago recibiran a información que pedían, que non era pouca, tratando de aproveitar non só o camiño, senón o mellor posible a súa estancia / paso por estas terras. Na mesma oficina, as bicis para alugar. E unha exposición. E o repositorio de bookcrossing, que nesta tempada movéuse, vaia que si, ata pensar na necesidade de voltar a poñer máis fondos bibliográficos despois de reducirse á metade os perto de 200 volumes alí mantidos. O tempo, acompañando, cun Sol que foi deixando paso ás nubes que hoxe cobren a nosa vila pero que manteñen unha temperatura de verán que será entre 17 e 22ºC segundo a web do concello, que pouco a pouco vai máis facéndose máis útil. O ascensor da Atalaia, inaugurado para a foto, pero inútil polo momento, sobre o porto que xa puxo a funcionar a nova cafetería do náutico, penúltimo dos locais comerciais abertos, de cafeterías a tendas de produtos naturais, pasando por promotoras de actividades lúdicas. As polémicas diversas arredor da Casa do Concello, dos orzamentos á participación nas actividades infantís, por poñer dous casos. O ruído nouturno, campando de novo polas súas recentes tradicións, como poden testemuñar os veciños da rúa Antonio Otero que asinaron unha petición ó alcalde polos excesos que sofren. As actividades, continuando como co festival de curtas OnOff deste ano, que comeza hoxe cunha presentación ás oito no cine teatro, ou a exposición de pintura feminina no Forte de San Damián estes días (por certo, con algunha ribadense expoñendo que non aparece no programa ni no cartel) …
É no contexto anterior no que se pode observar que son os cativos os que resisten nun ámbito tredicional en Ribadeo: portando a tradición de bañarse no peirao, en Mirasol. En tirarse dende a plataforma, no seu extremo sur, amosando as súas habilidades ou desfrutando cos seus xogos dentro dun terreo que na actualidade está valado e que pode cerrarse en calquera momento. O peirao comercial de Ribadeo xa deixou de ser hai algún tempo un lugar para o paseo xeral. Non por ser un perigo o estar deambulando por alí mentras se estiba, senón polos barrotes que tentan impedir o paso e desviar o tráfico tanto rodado como a pé pola rúa feita ex profeso.
Con barreira de barrotes, portas para o paso e mesmo xiratorias para os peóns. Así, o porto pouco a pouco é segregado non xa de Ribadeo, senón da cabeza dos ribadenses como lugar propio. Son pois os cativos os que fan o mesmo que os seus pais, que os seus avós, tirarse dende o peirao ata a auga en marea chea, apropiándose de novo dun espazo que trata de vedarse para calquera actividade fóra da estritamente portuaria. Cativos que están á vista de quenes desfrutan da praia dos bloques, na que moitas veces eles mesmos teñan a súa base. E é que se casa con dúas portas mala é de gardar, o peirao ten as portas de terra e os peldaños que suben dende o mar… Cativos que dan envidia non polo desfrute, senón pola liberdade que da o saber que están a facer algo natural iñorantes, ou pasotas os máis maiores, de que as normas impostas esteñan xa prohibíndoo. Prohibindo o bañarse, dende hai tempo. Prohibindo a estancia nas instalacións, dende hai menos. Prohibindo o desfrute sen molestar as actividades do porto.
Mentres que se vexan os cativos bañarse dende o peirao, o porto seguirá a ser de Ribadeo e non de Portos, aínda que sexa en disputa ou a tempo parcial. Será así por moito tempo?
Antonio Gregorio Montes



















Será o sábado 23 de maio, nas Letras no Campo, Feira do libro ribadense, nun acto no que estará acompañado de Suso Fernández Acevedo.
O acto terá lugar o vindeiro luns 18 de maio, coincidindo coa celebración do Día Internacional dos Museos, unha data sinalada para poñer en valor o patrimonio cultural e mariñeiro do concello. Tras un período de traballos de mellora e adecuación, o museo —un referente na comarca— reabre para ofrecer ás persoas visitantes unha viaxe inmersiva a través da herdanza mariñeira, da industria conserveira e da estreita relación das súas xentes co Cantábrico.
Nesta ocasión participará Susana Vázquez Fernández, coach de saúde emocional e facilitadora en procesos de duelo e perda, que impartirá o faladoiro “Xestión do ánimo”, centrado en técnicas de relaxación, pensamento positivo e coidado da saúde mental para mellorar o benestar emocional. A actividade está aberta á veciñanza e busca crear un espazo para compartir, aprender e coidarse en comunidade. Conta co apoio e colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
Unha obra para todos os públicos. Hora: 20.00. Entrada libre ata completar aforo, non é necesario facer reserva de entradas.
O mozo ciclista continúa a demostrar o gran nivel desta tempada, na que suma xa un primeiro posto e un terceiro nas últimas probas das Escolas de Ciclismo da Federación Galega. Uns resultados que reflicten o seu esforzo, constancia e paixón polo deporte. O Concello tamén quixo poñer en valor o traballo do club Medela MTB, pola súa aposta pola formación e polo deporte base, acompañando aos máis novos no seu crecemento deportivo e persoal. Desde Cervo trasladan os parabéns a Mateo e á familia Medela, e destacan o orgullo polos éxitos e pola excelente tempada que están a realizar.
O encontro incluíu sesión vermú amenizada polo Dúo The Poker e unha comida popular con empanada, embutido, croquetas, xamón cocido, tenreira asada e sobremesa. Pola tarde continuou a música e realizáronse sorteos de agasallos achegados polas asociacións colaboradoras. A iniciativa foi organizada pola Asociación O Castelo, en colaboración coas asociacións parroquiais e o Concello de Alfoz, que agradeceron a ampla participación. Durante a xornada tamén houbo un momento de lembranza para Jorge Val, exalcalde falecido hai un ano, destacando o apoio que brindou ás asociacións locais.
Celebrarase o venres 29 de maio ás 17:00 h e será gratuíta. Abordará o papel dos poliquetos no ecosistema mariño, as súas características e os riscos do uso de especies exóticas, con proxeccións e maquetas de varias especies empregadas como cebo. Impartiraa o grupo BIOCOST da Universidade da Coruña e está organizada por Posta de Encontro xunto con RedeMar, Xunta de Galicia, Federación Galega de Confrarías e a UDC. Reservas: WhatsApp no 634 97 08 86; 982 13 19 23; buenas@capturaspesca.com ou directamente na tenda Capturas Pesca, onde se celebrará o evento (Av. Leopoldo Calvo Sotelo 49, Ribadeo).



