Nota de Prensa
O BNG DENUNCIA QUE O POL NA APROBACIÓN INICIAL SEGUE SEN RECOÑECER COMO NÚCLEOS DE IDENTIDADE DO LITORAL MOITAS POBOACIÓNS DA MARIÑA
Os núcleos que non teñan esta cualificación no POL terán moitas dificultades para desenvolverse
Veiga esixe ao PP que se posicione sobre as repercusións do POL nos concellos da comarca
O Bloque Nacionalista Galego anunciou que O Plano de Ordenación de Litoral que se atopa até finais de setembro en fase de exposición pública, se ben introduce importantes modificacións en relación co documento previo a aprobación inicial, sigue sen plantexar solucións para os principais problemas que o Plano de Ordenación do Litoral criaban na Comarca da da Mariña. Neste sentido Veiga recordou “ que seguen a ficar vivendas e construccións fora de ordenación, que se hipotecan usos residenciais en áreas permitidas polo Planeamento, que se fixan prohibicións para usos residenciais por riba dos 500 metros e que seguen sen recoñecerse os Núcleos de Identidade Litoral”. Na mesma liña os nacionalistas denunciaron a absoluta falla de información que a Xunta de Galiza e o Partido Popular están a manter ao respecto, na mesma liña do acontecido na fase anterior a aprobación inicial, así como as múltiples deficiencias que presenta o documento tanto na concreción das propostas do documento como nas contradiccións existentes na propia cartografía.
Os nacionalistas criticaron a operación de engano masivo que está a executar a Xunta de Galiza coa grande maioría dos Concellos da Comarca en relación cos Núcleos de Identidade Litoral que segundo a normativa do POL serán as únicas áreas onde se van a permitir usos residenciais. Neste sentido Veiga lembrou que “Borobio nas reunións mantidas coas Corporacións da Mariña comprometeuse a recoñecer os Núcleos de Identidade Laboral existentes no Planeamento, poren a realidade é outra ben distinta xa que a maiores dos núcleos xa recoñecidos no avance do POL só se recollen Nois e Celeiro. Isto é o PP limita a edificación a Ribadeo, Rinlo, Foz, Nois,Burela, San Cibrao, Portocelo, Celeiro,Viveiro e Vicedo”. Na mesma liña o Responsábel Comarcal do BNG denunciou que “núcleos como Cangas, Fazouro, Vilaronte, Ría de Abres, Forxán, O Cantiño, Rueta, Covas,Area, San Román ou O Folgueiro algúns dos cales superan os mil habitantes fican sen posibilidades de desenvolverse”. “Non nos merecemos responsábeis públicos sen palabra e menos aínda o silencio cómplice dos representantes mariñáns do PP” rematou Veiga.
O PP debe poscionarse sobre un documento que segue estar cheo de contradiccións
Antonio Veiga informou “que a maiores das modificacións de fondo que se fixan no documento, o que significa que o PP está a emendarse a sí mesmo, aqueles aspectos que se modifican na Mariña, veñen coincidir fundamentalmente con aqueles concellos onde as Corporacións a iniciativa do BNG se reuniron con Borobio. É curioso que se recoñeza a posiblidade de usos residenciais en Nois ou Celeiro, pero que na totalidade do Concello de Barreiros non se recoñeza ningún núcleo de identidade litoral. Está claro que os Alcaldes do PP venderon a aos seus veciños”. Asemade os nacionalistas esixiron da Xunta que aclare os criterios seguidos para recoñecer uns núcleos de identidade litoral e outros non. “Borobio ten que explicar por qué Celeiro recoñecese como Núcleo de Identidade Litoral e Covas non, ou por que Cangas non aparece como núcleo é Nois si?”, preguntou Veiga quen esixiu dos populares da Mariña a que se posicionen respecto do documento.
O BNG volverá facer unha campaña informativa nos concellos afectados.
Os nacionalistas anunciaron a presentación de mocións en todos os Concellos afectados solicitando a creación de comisións de estudos do POL así como a redacción por parte das equipas redactoras do planeamento e dos técnicos municipais de informes que expliquen de xeito detallado das repercusións do mesmo nos diferentes Concellos. “Nos entendemos que o proceso de ordenación do territorio require un dialogo entre as administración e fundamentalmente destas coa sociedade, non é de recibo o obscurantismo co que o PP pretende levar adiante a aprobación do mesmo” afirmou Veiga quen anunciou “que o BNG tamén levara a cabo unha campaña informativa sobre o mesmo como xa fixemos na fase de avance”.



















Será o sábado 23 de maio, nas Letras no Campo, Feira do libro ribadense, nun acto no que estará acompañado de Suso Fernández Acevedo.
O acto terá lugar o vindeiro luns 18 de maio, coincidindo coa celebración do Día Internacional dos Museos, unha data sinalada para poñer en valor o patrimonio cultural e mariñeiro do concello. Tras un período de traballos de mellora e adecuación, o museo —un referente na comarca— reabre para ofrecer ás persoas visitantes unha viaxe inmersiva a través da herdanza mariñeira, da industria conserveira e da estreita relación das súas xentes co Cantábrico.
Nesta ocasión participará Susana Vázquez Fernández, coach de saúde emocional e facilitadora en procesos de duelo e perda, que impartirá o faladoiro “Xestión do ánimo”, centrado en técnicas de relaxación, pensamento positivo e coidado da saúde mental para mellorar o benestar emocional. A actividade está aberta á veciñanza e busca crear un espazo para compartir, aprender e coidarse en comunidade. Conta co apoio e colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
Unha obra para todos os públicos. Hora: 20.00. Entrada libre ata completar aforo, non é necesario facer reserva de entradas.
O mozo ciclista continúa a demostrar o gran nivel desta tempada, na que suma xa un primeiro posto e un terceiro nas últimas probas das Escolas de Ciclismo da Federación Galega. Uns resultados que reflicten o seu esforzo, constancia e paixón polo deporte. O Concello tamén quixo poñer en valor o traballo do club Medela MTB, pola súa aposta pola formación e polo deporte base, acompañando aos máis novos no seu crecemento deportivo e persoal. Desde Cervo trasladan os parabéns a Mateo e á familia Medela, e destacan o orgullo polos éxitos e pola excelente tempada que están a realizar.
O encontro incluíu sesión vermú amenizada polo Dúo The Poker e unha comida popular con empanada, embutido, croquetas, xamón cocido, tenreira asada e sobremesa. Pola tarde continuou a música e realizáronse sorteos de agasallos achegados polas asociacións colaboradoras. A iniciativa foi organizada pola Asociación O Castelo, en colaboración coas asociacións parroquiais e o Concello de Alfoz, que agradeceron a ampla participación. Durante a xornada tamén houbo un momento de lembranza para Jorge Val, exalcalde falecido hai un ano, destacando o apoio que brindou ás asociacións locais.
Celebrarase o venres 29 de maio ás 17:00 h e será gratuíta. Abordará o papel dos poliquetos no ecosistema mariño, as súas características e os riscos do uso de especies exóticas, con proxeccións e maquetas de varias especies empregadas como cebo. Impartiraa o grupo BIOCOST da Universidade da Coruña e está organizada por Posta de Encontro xunto con RedeMar, Xunta de Galicia, Federación Galega de Confrarías e a UDC. Reservas: WhatsApp no 634 97 08 86; 982 13 19 23; buenas@capturaspesca.com ou directamente na tenda Capturas Pesca, onde se celebrará o evento (Av. Leopoldo Calvo Sotelo 49, Ribadeo).



