A AVV O Tesón comeza un novo ciclo de catro actividades de cine forum co nome xenérico de ‘Indignados’
02-03-12Nota de prensa:
A AVV O Tesón comeza un novo ciclo de catro actividades de cine forum co nome xenérico de ‘Indignados’.
As películas elixidas para este ciclo de cine comprometido co planeta e a sociedade, son Taking Root e Una verdad incómoda sobre temas medioambientais, e Inside Job e La doctrina del shock sobre temas sociais.
A actividade, de participación libre e agratuíta, consistirá nunha pequena charla presentando a película, o pase correspondente, unha animación á posta en común e a propia posta en común de ideas e sentementos sobre a película.
Ó igual que os anteriores ciclos promovidos pola asociación veciñal, este desenvolverase en catro fins de semana seguidos. As proxeccións terán lugar os venres 9, 16, 23 e 30 de marzo no Salón de Actos da Casa do Mar, en horario variable, tendo lugar o primeiro pase o venres 9 ás 20:00, coa proxección da película ‘Taking Root’, documental no que se presenta unha visión do que significou e significa o movemento de plantación de árbores comezado por Wangari Maathai.
















A Asociación Gastronómica de A Pontenova, en colaboración con Viajes Lucus, realizou a semana pasada unha viaxe a Almuñécar en Granada, onde puideron visitar a Alhambra, as Alpujarras e a Costa Tropical. Ademais, xa teñen preparada a viaxe gastronómica o Santoinho en Viana do Castelo a fin de semana do 8 e 9 de xuño a un prezo de 100 euros con todo incluído: mercado, bacallau, entrada ó Santoinho, pensión completa e mariscada nas Rias Baixas. Tamén está programada unha viaxe dunha semana ás Rías Baixas para desfrutar desta comarca galega, visitando todos os seus pobos e cidades por 220 euros. Poden anotarse en 
O Concello de Xove entregou os premios do CONCURSO LETRAS GALEGAS 2013, adicado este ano a Roberto Vidal Bolaño. O concurso foi convocado pola Biblioteca Municipal e constou de dous apartados, un literario e outro de artes plásticas. A entrega dos diplomas e premios foi presidida pola concelleira de Cultura, Dolores Meitín, acompañada de varios membros do xurado. A relación de premiados é a seguinte: