Mondoñedo 17 de xuño de 2016.- A alcaldesa de Mondoñedo, a popular Elena Candia, deu a coñecer hoxe o programa que conforma as I Xornadas de Historia Local ‘Enrique Cal Pardo’ que organiza o Concello e que se desenvolverán os días 5, 6, 7 e 8 de xullo na cidade.
As actividades, de carácter gratuíto, desenvolveranse na Casa da Xuventude e están pensadas para todos os públicos. Ademais de varios relatorios, haberá un obradoiro para nenos e nenas para que coñezan máis de preto a historia de Mondoñedo, así como unha visita guiada cultural e literaria pola cidade.
5 de xullo
O día 5 de xullo ás 20.30 horas Xulio Pardo de Neira ofrecerá un relatorio sobre Os Montenegro e Mondoñedo. Tratamento histórico da familia Montenegro na cidade de Mondoñedo e a súa provincia.
6 de xullo
O día 6 de xullo ás 20.30 horas a ponencia correrá a cargo de Prudencio Viveiro Mogoe versará sobre O primeiro Conde de Fontao Mondoñedo.
7 de xullo
O día 7 de xullo ás 20:30 horas Félix Villares Mouteira ofrecerá un relatorio sobre Os poetas do Seminario.
8 de xullo
Por último, o día 8 de xullo ás 17.00 horas celebrarase un taller de historia para nenos e nenas a partir de 8 anos. Ás 20.30 horas farase unha visita guiada cultural e literario pola cidade de Mondoñedo.
Obradoiro para nenos e nenas
A alcaldesa explica que se quixo coidar “de xeito especial” a participación dos máis novos nestas xornadas, polo que se acordou traballar con eles sobre a historia de Mondoñedo, amosarlles os monumentos da cidade e darlles a coñecer documentos para que saiban de onde se obteñen os datos. Para iso, “daremos un paseo pola historia de Mondoñedo dende a actualidade ata a prehistoria con exemplos reais sobre a mesma”, engade.
Os interesados en anotarse poden formalizar a súa inscrición de xeito gratuíto desde o 17 de xuño ata o 4 de xullo, ambos os dous incluídos. Poden facelo a través do e-mail xornadas.arqueo@gmail.com ou nos teléfonos 982 50 71 77 e 982 52 40 03. Deben indicar os seus datos persoais e un contacto.
A rexedora anima aos mindonienses e tamén aos veciños e veciñas doutras localidades a participar nestas xornadas “que nos han permitir saber máis sobre o lugar no que vivimos e sobre a importancia de Mondoñedo ao longo da Historia”.























A primeira sesión, de 11:00 a 12:30 h, contará cun autor asturiano destacado polo seu traballo arredor do mundo rural e da cultura campesiña. A actividade é aberta, participativa e gratuíta ata completar aforo.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.



