Ribadeo, 10 de abril de 2013. Catro rúas recibirán novas denominacións o vindeiro domingo, 14 de abril. Os viais chamaranse Avenida de Rafael Fernández Cardoso, rúa dos Galos, rúa Benito Prieto Cousent e rúa Justo Pico de Coaña. Os actos de descubrimento das respectivas placas desenvolveranse entre as 12 e as 13 horas. O equipo de goberno está a enviar cartas estes días aos veciños desas zonas convidándoos a asistir a estes actos, que contarán con pequenas actuacións dos alumnos e alumnas da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo.
O alcalde, Fernando Suárez, sinalou que “seguimos desde o Concello con este descubrimento de placas de diferentes rúas, avenidas ou espazos públicos que no pleno da Corporación de hai uns meses acordamos por unanimidade nomear, xa que sobre todo o servizo de Correos formulaba moitas dificultades por ambigüidades ou por non estar nomeados correctamente moitos deles. E entre todos vamos inaugurar este domingo catro rúas: hai unha moi importante, unha das máis principais de Ribadeo, que ata agora chamábase Vía Transversal e que se vai chamar avenida de Rafael Fernández Cardoso en honra ao alcalde que tivo Ribadeo na Segunda República, un alcalde que foi escollido democraticamente nun período democrático ao que despois lle seguiu unha escura ditadura de 40 anos. Eu penso que a memoria dos veciños e veciñas de hoxe en día debe recordar aquel período democrático florido tan importante para a historia deste Estado”.
O rexedor engadiu que “despois inauguraremos unha serie de rúas como a dos Galos, por alí cerca tamén; unha paralela, a rúa Benito Prieto Coussent, que fai honra precisamente a un pintor, a un profesor universitario e a un galeguista finado xa hai varios anos pero que tivo moita vinculación con Ribadeo. E finalmente outra das rúas que vamos nomear e descubrir unha placa é a rúa Justo Pico de Coaña, tamén na zona dos Galos, onde queremos recoñecer o labor dun persoeiro que foi pedagogo, que foi mestre, aló a finais do século XIX en Ribadeo”.
Suárez Barcia indicou que “como fixemos da outra vez, en todas e cada unha destas rúas vai haber unha representación de alumnos e alumnas da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo, que interpretarán pezas musicais. Desde o día de hoxe estanlles chegando cartas aos veciños destas rúas para que acudan, xunto con calquera outro veciño ou veciña do concello que queira vir, ao acto de descubrimento da placa”.
Os actos de descubrimento das respectivas placas darán comezo ás 12 na avenida de Rafael Fernández Cardoso, para continuar ás 12:20 na rúa dos Galos, ás 12:40 na rúa Benito Prieto Cousent e rematar ás 13 horas na rúa Justo Pico de Coaña.























O acto terá lugar o vindeiro luns 18 de maio, coincidindo coa celebración do Día Internacional dos Museos, unha data sinalada para poñer en valor o patrimonio cultural e mariñeiro do concello. Tras un período de traballos de mellora e adecuación, o museo —un referente na comarca— reabre para ofrecer ás persoas visitantes unha viaxe inmersiva a través da herdanza mariñeira, da industria conserveira e da estreita relación das súas xentes co Cantábrico.
Unha obra para todos os públicos. Hora: 20.00. Entrada libre ata completar aforo, non é necesario facer reserva de entradas.
O encontro, aberto ao público, terá lugar na Casa Museo Álvaro Cunqueiro e será moderado por membros da propia asociación. A sesión busca reflexionar colectivamente sobre a posibilidade de que Mondoñedo aspire a ser recoñecida como Patrimonio da Humanidade, abordando a cuestión desde perspectivas históricas, patrimoniais, artísticas, naturais e humanísticas. A actividade comezará ás 11:00 h e a organización anima a toda a veciñanza a participar e compartir opinións.
O Comité de Empresa de Alúmina‑Aluminio San Cibrao informa de que a Secretaría de Industria convocou ao comité á 19ª reunión de seguimento do acordo de viabilidade, que se celebrará o venres 15 de maio ás 12:30 horas na Delegación do Goberno en A Coruña. Unha vez rematada a reunión, o comité procederá a informar aos traballadores sobre os resultados e avances do encontro.
A participación estará aberta do 14 ao 18 de maio, e a persoa gañadora poderá escoller entre cinco modelos diferentes. A propietaria, Susana Moreira, fai un balance moi positivo desta década, na que o negocio evolucionou ata centrarse en mercería, venda de la e artigos artesanais elaborados por ela mesma. Ademais, ofrece arranxos de roupa e organiza cursos e talleres de ganchillo, calceta e bordado, como o previsto para o 23 de maio. A maior parte da clientela e das persoas que participan nas actividades son mulleres, aínda que tamén acoden nenos e mozos interesados en técnicas como os amigurumis.
Será este xoves, día 14 de maio, ás 19:00 horas no salón de actos do Concello. O mago Pedro Bugarín presentará o seu espectáculo titulado Galicia con maxia. Para esta actividade o Concello de Lourenzá conta coa colaboración da Deputación de Lugo.
Nesta ocasión participará Susana Vázquez Fernández, coach de saúde emocional e facilitadora en procesos de duelo e perda, que impartirá o faladoiro “Xestión do ánimo”, centrado en técnicas de relaxación, pensamento positivo e coidado da saúde mental para mellorar o benestar emocional. A actividade está aberta á veciñanza e busca crear un espazo para compartir, aprender e coidarse en comunidade. Conta co apoio e colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.



