“Non se pode consentir que Cajoto siga pintando a comedia na rúa desviando a realidade da crise da residencia que el mesmo provocou”, sinala Javier Castiñeira
Foz, 7 de outubro de 2024. O Partido Popular de Foz pídelle ao BNG que lle esixa aos seus socios de goberno do PSOE que reinicien a contratación da Residencia de Maiores. “É hora de que, antes as comedias de Cajoto, o goberno de socialistas e nacionalistas traballen de forma serie e rigorosa sobre o novo contrato da residencia”, reclama o voceiro popular, Javier Castiñeira.
O BNG debe decidir se quere seguir sendo goberno ou se vai a facer oposición porque, tal e como leva facendo nestes últimos cinco anos, nin é unha cousa nin é outra. “Se son goberno esíxanlle ao señor Cajoto que empece a xestionar e deixe o teatro e se non o son, dende logo, deben tomar decisións. En calquera das dúas opcións, o Partido Popular sempre vai a estar aberto ás negociacións e sacar as cousas para adiante. Ao que non vamos estar dispostos é á comedia e teatro do señor alcalde ante ás institucións e unha das nosas prioridades é que a residencia siga sendo municipal”, explica o voceiro do PP de Foz.
“Non se pode consentir que Cajoto siga pintando a comedia na rúa tratando de desviar a realidade da crise da residencia que el mesmo provocou”, sinala Javier Castiñeira desviando
O BNG, no seu día, votou a favor de que Residencia de Maiores fora municipal, igual que o PP, polo que non pode permitirlle ao señor alcalde que devolva a residencia á Xunta de Galicia co que ser perdería a prioridade que teñen os veciños de Foz para entrar na mesma.






















Con este xesto simbólico, expresou a súa solidariedade co pobo venezolano, trasladando o seu apoio ás familias das persoas falecidas, feridas e afectadas por unha traxedia que continúa deixando un elevado número de vítimas e miles de damnificados.
Por este motivo, o Concello recomenda ás persoas, colectivos e entidades que precisen facer uso dalgunha instalación municipal ou solicitar material que presenten as súas peticións coa antelación necesaria. A medida permitirá organizar adecuadamente a atención das solicitudes e a planificación dos recursos municipais.
Ao acto, que tivo lugar diante da sede da institución provincial, asistiron deputados e deputadas, membros da corporación provincial e empregados públicos, que gardaron un minuto de silencio como mostra de respecto e solidariedade coas persoas afectadas pola catástrofe. A Deputación quixo así unirse ao chamamento realizado pola FEMP en toda a España, expresando o seu apoio ao pobo venezolano nestes momentos de especial dificultade.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, visitouna no seu domicilio para felicitala e entregarlle un ramo de flores en nome de toda a veciñanza. Nada en Sargadelos e veciña de Cervo, foi a máis nova de dez irmáns e desde moi nova traballou no campo e coidou dos animais, sempre cun gran espírito de esforzo. Nai, avoa e bisavoa, a súa familia destaca a súa alegría, enerxía e bo humor. Moi activa ao longo da súa vida, gozaba de viaxar, da praia, de conducir e de participar nas actividades municipais, ademais de cultivar a súa paixón por cantar. Coqueta, sorrinte e cun espírito novo, Benedicta é hoxe un exemplo de vitalidade para todo o municipio.
O Pazo de San Marcos acolleu a conferencia final, de Manuel Andrade Baliño, e a entrega de premios ás alumnas e alumnos que obtiveron mellores valoracións nas probas que realizaron, o xoves, individuais, na Facultade de Formación do Profesorado de Lugo, e o venres, por equipos, en Mondoñedo. A final do certame, cunha axenda complentaria que achegou ás rapazas e rapaces ao patrimonio e á cultura, celebrouse por primeira vez en Lugo da man da Asociación Galega de Profesorado de Matemáticas (Agapema) e coa colaboración da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación.
Dentro desta programación, o martes 30 de xuño ás 11:00 celebrarase na Casa da Cultura unha charla divulgativa impartida pola astrofísica Lucía González Cuesta, aberta a toda a veciñanza. A iniciativa enmárcase no programa provincial que busca ofrecer información rigorosa e garantir unha observación segura. Durante a xornada repartiranse folletos e gafas homologadas. A alcaldesa, Marta Rouco, destaca o carácter histórico do eclipse e anima a participar para vivilo con seguridade. O Concello lembra que só deben empregarse gafas específicas para mirar ao sol e continuará colaborando en actividades divulgativas e sociais arredor deste acontecemento único.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.



