Inmersa na evolución xeral da humanidade, podemos observar tamén unha evolución na que os humanos comezaron considerando que todo depende directamente dun ou outro ‘deus’ para logo ir transformando e relaxando esa dependencia e volvendo ás persoas máis independentes, reforzadas en nós mesmas. Ese reforzo colleu ás coa tecnoloxía, e hoxe tal parece que sexamos os humanos os propios deuses… dependentes das nosas criaturas tecnolóxicas.
Recollo unha idea, a de que calquera tecnoloxía abondo avanzada non pode diferenciarse da maxia, e aplícoa a actualidade. Non é xa só que podamos facer cousas como aparecer fantasmas das nosas persoas queridas para falar con elas niso que chamamos videochamada. É que podemos facer revivir ós mortos e moverse, e falar, de xeito artificial… ou a unha persoa viva facerlle dicir e facer calquera cousa que queiramos, co que iso leva consigo en canto a posibilidades de manipulación e engano. Facemos maxia e crémonos magos. Ríome eu do que aínda son agora as mentiras profundas ou deep fakes en comparación coas posibilidades cada vez máis abertas, xa coa tecnoloxía de hoxe en día (aínda que polo momento só para as entidades con ‘posibles’) e os autoengaños de poderes sobrenaturais.
Entre aquel ‘a vida é soño’ de Calderón e a distopía de Matrix imos facendo camiño nunha realidade cambiante. non só no cambio normal ata o de agora, dependente do tempo, senón noutro máis sofisticado, no que é a nosa propia consideración do que é a realidade o que cambia. Se ata o de agora sabíamos que o noso coñecemento dos outros é só relativo, estamos aproximándonos a un punto no que o noso descoñecemento dos outros é tan absoluto que mesmo descoñecemos o descoñecemento. Hai tempo daquilo do ‘teatro da vida’, que fomos interiorizando, para chegar á vida a través da pantalla: non teatro, senón cine interactivo con todos os recursos tecnolóxicos que supón a manipulación dixital.
Deuses. Si, cos pés de lama, capaces de comunicarnos co outro extremo do noso planeta cunha ferramenta que sabemos manexar, pero que ninguén podería construír só e dende cero. Capaces de facer auténtica maxia para ollos de hai un par de séculos, pero a maioría capaces de tragarnos calquera feito transmitido polas redes sociais sen pensar en poñer un filtro con algún criterio de veracidade. Cunha interacción social cada vez máis intensa pero máis difusa, chegando ó contrario da especialización: de ‘saber todo de nada’ a ‘non saber nada de todo’, ou, o que é semellante, non saber nada de nada tendo á man un ‘algo’ que consideramos ‘todo’.
E mentres o futuro vai chegando cada vez menos paseniño, sexa a vixilancia exhaustiva (seguro que non te atopaches ningunha cámara de vixilancia nas últimas horas?) ou destrución medioambiental (tranquilo: ‘un conto; por unha especie arriba ou abaixo… mentres non sexa a nosa!). Pasando por pandemias (din os estudos que se están a incrementar as posibilidades), temos as crises económicas para tirar das sociais e as políticas e irnos metendo medo e leis protectoras (de quen? de nós mesmos?), si, sentímonos deuses. Ben, máis ben, conformámonos con ser deusiños.



















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



