Balseiro acusa ao BNG “de ser unha marioneta do sanchismo e de ir en contra dos intereses da Mariña”
Di que o acto organizado polo BNG en Viveiro foi un teatrillo, unha pantomima, na que reivindican infraestruturas que os seus socios do PSOE bloquean sen ningunha consecuencia pois o BNG seg... Ler máis
Balseiro citou exemplos de problemas de conectividade en diversas zonas da provincia como a Montaña, o sur (Quiroga, Ribas de Sil ou Folgoso do Courel), na Mariña (Trabada ou parroquias do c... Ler máis
Balseiro denuncia que “a pesar das reiteradas promesas do Goberno de Sánchez, grandes áreas da provincia de Lugo continúan sen cobertura de telefonía móbil nin acceso a fibra óptica, unha si... Ler máis
Balseiro cre que a Seguridade Social prefire manter estas instalacións pechadas e deteriorándose que poñelas a disposición dos veciños como reclamou o Pleno municipal o pasado verán Madrid,... Ler máis
O pasado mes de xuño o Pleno Municipal aprobaba, por ampla maioría, solicitar á Tesourería Xeral da Seguridade Social a cesión gratuíta deste inmoble, unha demanda, fronte á que o Executivo... Ler máis
A iniciativa faise eco do S.O.S lanzado polo sector pola falta de materia prima e o aumento de custes tras o impacto dos aranceis Madrid, 2 de decembro de 2025. O Senado aproba unha iniciati... Ler máis
Só en Galicia 80 empresas deste sector realizan exportacións ao país norteamericano, entre elas, grandes industrias como Cortizo, Axlabesa, Extrugasa ou Alcoa, a única industria de produción... Ler máis
Os representantes das entidades participantes amosaron o seu acordo en reivindicar dende a unidade “o que é de xustiza para Lugo” ante a situación “deficitaria” das infraestruturas e comunic... Ler máis
Balseiro explica que “pasaron oito meses dende que o Goberno de Sánchez se comprometera, en documento oficial en resposta ás nosas preguntas, a realizar obras das que non temos noticia de ni... Ler máis
Os populares demandan mellorar a formación naútico-pesqueira adaptándoa ás necesidades do sector, axilizar o proceso de homologación de titulacións, asinar novos convenios con terceiros país... Ler máis
O Grupo Popular pide que o Goberno de Sánchez reclame a Europa un financiamento “que garanta os obxectivos de sostibilidade e competitividade que se marca a PPC”, apoie ao sector no seu plan... Ler máis


















Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



