Lourenzá, 5 de xuño de 2026. O Concello de Lourenzá vai realizar obras de renovación do chan da Ponte da Pedra, na entrada do casco urbano de Vilanova. As actuacións previstas comprenden a s... Ler máis
A Mariña, 4 de xuño de 2025. A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense está presente na feira de turismo TUREXPO Salón Turístico de Galicia 2026, que se celebra desde hoxe e ata o vinde... Ler máis
Lourenzá, 4 de xuño de 2026. Un responsable do Servizo Técnico de Vías e Obras da Deputación de Lugo estivo en Lourenzá onte, mércores, para ver unha serie de necesidades que afectan ás vías... Ler máis
Lourenzá, 3 de xuño de 2026. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, fixo público un bando no que anuncia que “diante da celebración das tradicionais fogueiras de San Xoan e San Pedro c... Ler máis
A Mariña, 1 de xuño de 2026. A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense inicia o proceso de ampliación e seguimento do Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destinos (SICTED... Ler máis
Lourenzá, 26 de abril de 2026. Organizado polo Concello de Lourenzá e distintas asociacións do municipio, coa colaboración da Deputación Provincial, o día 1 de maio, venres, celebrarase o tr... Ler máis
Foz, 23 de abril, 2026. A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense participou este xoves na presentación oficial da Asociación Profesional de Obradoiros Artesáns da Mariña, unha entidade... Ler máis
Lourenzá, 22 de abril de 2026. Esta próxima fin de semana, sábado 25 e domingo 26, disputarase o segundo Gran Premio Faba de Ouro de tiro olímpico, evento organizado polo Real Aeroclub de Ti... Ler máis
Lourenzá, 23 de marzo de 2026. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, aclara que o Concello dispón dun secretario asignado pola Deputación Provincial de Lugo: “hai uns días o Partido P... Ler máis
Lourenzá, 10 de marzo de 2026. Onte, luns, celebrouse Escola de San Adriano o taller titulado Ao son das mulleres, unha actividade participativa impartida pola musicoterapeuta María Fuente,... Ler máis
Ribadeo, 8 de marzo de 2026. Faro Norte Comunicación agradece a participación e a asistencia ao parladoiro feminino Experiencias de vida, celebrado onte no Salón dos Alcaldes do Concello de... Ler máis
No marco do 8M, esta empresa de comunicación e publicidade decidiu celebrar a súa traxectoria reunindo a 18 mulleres diferentes para compartir as súas experiencias no ámbito persoal e profes... Ler máis
Ribadeo, 5 de marzo de 2026. Faro Norte Comunicación celebrará o seu dezaoito aniversario este sábado, 7 de marzo, cun parladoiro feminino denominado Experiencias de vida, que terá lugar ás... Ler máis
A Mariña, 4 marzo de 2026. A Mancomunidade de Municipios da Mariña Lucense continúa avanzando na implantación do Modelo de Innovación Sostible de Experiencias Agroturísticas (MISEA), unha in... Ler máis
Lourenzá, 2 de marzo de 2026. O Concello de Lourenzá organiza varias actividades con motivo do 8M, Día Internacional da Muller. Serán os días 3, 8, 9, 13 e 16 de marzo, anuncia a alcaldesa,... Ler máis
Lourenzá, 25 de febreiro de 2026. Lourenzá acollerá tres cursos de dixitalización no vindeiro mes de marzo A alcaldesa, Rocío López, anuncia que “estes tres cursos terán lugar en Lourenzá de... Ler máis
Lourenzá, 13 de febreiro de 2026. Lourenzá celebrará o seu desfile de Entroido o Domingo de Piñata, día 22 de febreiro. Repartirá máis de 5.000 euros en premios e estará amenizado por Puzzle... Ler máis
A Mariña, 11 de febreiro de 2026. A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense presentou esta mañá a proposta que levou a Fitur 2026 A Mariña, unha viaxe á identidade. Fíxoo ante autoridad... Ler máis
Lourenzá, 10 de febreiro de 2026. O Concello de Lourenzá está realizando obras para mellorar os accesos a Paizás e A Rega e a alcaldesa, Rocío López, anuncia tamén que están programadas actu... Ler máis
Lourenzá, 4 de febreiro de 2026. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, anuncia que o Concello reitera á Consellería de Medio Ambiente a problemática que existe coas pombas no casco urbano de... Ler máis
A Mariña, 27 de xaneiro, 2026. Fitur 2026 pechou este pasado luns as portas da súa 47 edición, na que participaron 255.000 visitantes nas súas cinco xornadas dos que 155.000 foron de perfil... Ler máis
A Mariña, 22 de xaneiro de 2025. A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense presentou este xoves en FITUR a figura de Sargadelos coa que se rende unha merecida homenaxe ás Carolas ou Can... Ler máis
A Mariña, 20 de xaneiro de 2026. A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense presentará este xoves, 22 de xaneiro, en Fitur A Mariña, unha viaxe á identidade, unha proposta que pon en val... Ler máis
A Mariña, 12 de xaneiro de 2026. A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense presentará o vindeiro 22 de xaneiro en FITUR A Mariña, unha viaxe á identidade, unha proposta que pon en valor... Ler máis
Lourenzá, 31 de decembro de 2025. A Vila de Nadal de Vilanova de Lourenzá é este ano máis grande e inclúe varias novidades. Ademais o Concello aumentou a decoración nas parroquias de Santo A... Ler máis
A Mariña, 15 de decembro de 2025. Remata un ano frutífero para o turismo da Mariña. Ao abeiro do Plan de Sostibilidade Turística (PST), a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense desenvo... Ler máis




Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.



