Nota de prensa
Pode ampliase información na web do centro http://www.edu.xunta.es/centros/iesilladesaronxove/ permanentemente actualizada.
1) RETOALCOA: premiado o Proxecto “Plásticos solidarios”
Alumnos do Ciclo de Sistemas Microinformáticos e Redes participaron na IX Edición do RetoAlcoa. Dentro deste proxecto naceu unha nova actividade, que consistiu en que os alumnos realizasen un Proxecto empresarial baseado en 4 aspectos principais: espíritu emprendedor, innovador, responsable co medio ambiente e socialmente responsable. Un dos proxectos premiados titúlase PLÁSTICOS SOLIDARIOS, do equipo QUELPEZZ formado por alumnos de S.M.E.R. do Centro:: http://retoalcoa.blogspot.com/2011/03/tu-empresa-resonsable.html
2) Plan Acción de Voluntariado. Fundación ALCOA
O VENRES 18 de MARZO ás 16 horas terá lugar no Centro unha “Plantación e apadrinamento de árbores autóctonas en colaboración cos alumnos franceses do Intercambio Lingüístico Xove/ Polly-Lez-Gien” dentro do PLAN ACCIÓN DA FUNDACIÓN ALCOA.
Para levar a cabo dita actividade formaranse os equipos seguintes:
Plantación, abono e riego de árbores autóctonas.
Colocación de fichas informativas das especies que se plantan co nome do alumno/a que apadrina a árbore.
Ornamentación da base das árbores.
Gravación de imaxes para a elaboración dun vídeo divulgativo.
Organización no Centro.
Colaboran : voluntariado Alcoa; Concello de Xove; padres, alumnos e profesores do Centro.
3)INTERCAMBIO LINGÜÍSTICO XOVE / SAN CIBRAO- POLLY-LEZ-GIEN
Del 13 al 20 de marzo nos acompañan un grupo de alumnos de Polly-Lez-Gien para el que está programado un completo programa de actividades: visita a Santiago de Compostela (visita al casco y cubieras de la Catedral), Coruña (visita guiada y Acuario), Gijón (Visita ciudad y paseo en barco) y Viveiro (lonja, casco histórico, San Roque). Nuestros alumnos viajarán a FRancia del 8 al 16 de abril y visitarán París, Nancay, Blois…






















Será o sábado 23 de maio, nas Letras no Campo, Feira do libro ribadense, nun acto no que estará acompañado de Suso Fernández Acevedo.
O acto terá lugar o vindeiro luns 18 de maio, coincidindo coa celebración do Día Internacional dos Museos, unha data sinalada para poñer en valor o patrimonio cultural e mariñeiro do concello. Tras un período de traballos de mellora e adecuación, o museo —un referente na comarca— reabre para ofrecer ás persoas visitantes unha viaxe inmersiva a través da herdanza mariñeira, da industria conserveira e da estreita relación das súas xentes co Cantábrico.
Nesta ocasión participará Susana Vázquez Fernández, coach de saúde emocional e facilitadora en procesos de duelo e perda, que impartirá o faladoiro “Xestión do ánimo”, centrado en técnicas de relaxación, pensamento positivo e coidado da saúde mental para mellorar o benestar emocional. A actividade está aberta á veciñanza e busca crear un espazo para compartir, aprender e coidarse en comunidade. Conta co apoio e colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
Unha obra para todos os públicos. Hora: 20.00. Entrada libre ata completar aforo, non é necesario facer reserva de entradas.
O mozo ciclista continúa a demostrar o gran nivel desta tempada, na que suma xa un primeiro posto e un terceiro nas últimas probas das Escolas de Ciclismo da Federación Galega. Uns resultados que reflicten o seu esforzo, constancia e paixón polo deporte. O Concello tamén quixo poñer en valor o traballo do club Medela MTB, pola súa aposta pola formación e polo deporte base, acompañando aos máis novos no seu crecemento deportivo e persoal. Desde Cervo trasladan os parabéns a Mateo e á familia Medela, e destacan o orgullo polos éxitos e pola excelente tempada que están a realizar.
O encontro incluíu sesión vermú amenizada polo Dúo The Poker e unha comida popular con empanada, embutido, croquetas, xamón cocido, tenreira asada e sobremesa. Pola tarde continuou a música e realizáronse sorteos de agasallos achegados polas asociacións colaboradoras. A iniciativa foi organizada pola Asociación O Castelo, en colaboración coas asociacións parroquiais e o Concello de Alfoz, que agradeceron a ampla participación. Durante a xornada tamén houbo un momento de lembranza para Jorge Val, exalcalde falecido hai un ano, destacando o apoio que brindou ás asociacións locais.
Celebrarase o venres 29 de maio ás 17:00 h e será gratuíta. Abordará o papel dos poliquetos no ecosistema mariño, as súas características e os riscos do uso de especies exóticas, con proxeccións e maquetas de varias especies empregadas como cebo. Impartiraa o grupo BIOCOST da Universidade da Coruña e está organizada por Posta de Encontro xunto con RedeMar, Xunta de Galicia, Federación Galega de Confrarías e a UDC. Reservas: WhatsApp no 634 97 08 86; 982 13 19 23; buenas@capturaspesca.com ou directamente na tenda Capturas Pesca, onde se celebrará o evento (Av. Leopoldo Calvo Sotelo 49, Ribadeo).



