Ribadeo, 28 de setembro de 2025. A localidade mariñá viviu este domingo unha xornada inesquecible coa celebración da Heroican Race 2025, que alcanzou a súa quinta edición e volveu reunir por... Ler máis
Primeira parte para o Burela e segunda para o Jaén nun bonito ye competido encontro no que os de David Rial tuvieron máis tino, aguantando firmes o xogo de 5 Burela, 27 de setembro, 2025. Es... Ler máis
Esta actuación, incluída no convenio subscrito entre o Concello e Turismo de Galicia, é esencial para que Viveiro poida seguir recibindo equipos que atraen seareiros e visitantes, ao tempo q... Ler máis
O Deputado de Medio Ambiente e Alcalde da Fonsagrada deu este sábado a saída na Praza do Concello aos participantes desta proba cicloturista que percorreu lugares emblemáticos como a Seimeir... Ler máis
O Burela compite un duro encontro ante o Roldán con bo xogo de 5 e boa defensa a pesar do resultado Burela, 27 de setembro, 2025. Cuarta xornada da 1ª División Iberdrola FS, onde o CD Burela... Ler máis
Burela, 26 de setembro de 2025. O Concello de Burela anuncia o inicio das escolas deportivas municipais que se desenvolverán dende outubro a xuño. As actividades darán comezo o 6 de outubro... Ler máis
Ortigueira, 23 de setembro, 2025. O Concello de Ortigueira abre o prazo de inscrición das escolas deportivas municipais 25/26. As persoas interesadas poderán inscribirse na piscina municipal... Ler máis
O Burela non logra sobrepoñerse a un Guadalcacín que foi superior durante todo o partido, salvo nos dez últimos minutos Burela, 20 de setembro. Segundo encontro en Vista Alegre entre o CD Bu... Ler máis
Cun 3-0 no marcador ao descanso, o conxunto laranxa logra a remontada durante a segunda parte Burela, 20 de setembro. Estrea da tempada 25/26 da 2ª División de Fútbol Sala que comeza cun bon... Ler máis
Ribadeo, 20 de setembro de 2025. Ata o 1 de outubro está aberto o prazo de inscrición para participar no I Trail de Ribadeo, que se celebrará o día 5 do vindeiro mes. Co evento, organizado p... Ler máis
O Deputado de Promoción Económica e Social e a Deputada de Cultura, Patrimonio Histórico, Artístico e Normalización Lingüística presentaron este xoves na Sala de Xuntas do Pazo de San Marcos... Ler máis
Decenas de veciños viron a carreira dos 1.500 metros, na que rematou oitavo, no salón de plenos da Casa do Concello Viveiro, 17 de setembro de 2025. Viveiro viviu con especial atención a par... Ler máis
Ribadeo, 11 de setembro de 2025. Ribadeo recolleu o premio Deporte Galego 2024, concedido pola Xunta, neste caso a unha entidade de carácter público. Os galardóns foron entregados nun acto q... Ler máis
Haberá categorías 1°masculina, 2°masculina, feminina e mixta Cervo, 10 de setembro, 2025. O Club Deportivo San Ciprián e o Concello de Cervo organizan o VI Torneo de Pádel Cervo que terá lug... Ler máis
Ribadeo, 9 de setembro de 2025. Ata o 1 de outubro está aberto o prazo de inscrición para participar no I Trail de Ribadeo. Está organizado polo Concello e terá lugar o 5 de outubro. O obxec... Ler máis
O criterio de admisión fixarase segundo a orde de entrega da documentación, tendo preferencia as persoas censadas no Concello Cervo, 8 de setembro, 2025. O Concello de Cervo abre mañá martes... Ler máis
Burela, 6 de setembro, 2025. Estrea da tempada 25/26 da 1ª División Iberdrola FS en Vista Alegre, ante un dos equipos máis potentes da categoría, o Melilla Ciudad del Deporte Torreblanca, na... Ler máis
Cervo, 5 de setembro, 2025. Nadadores do club lucense están a preparar o inicio da súa tempada de competicións no concello mariñao. Nesta ocasión, a base de adestramento está situada na pisc... Ler máis
Ribadeo, 5 de setembro de 2025. Ribadeo recibe un dos premios Deporte Galego 2024, concedidos pola Xunta, neste caso a unha entidade de carácter público. Os galardóns serán entregados nun ac... Ler máis
As Escolas Deportivas do Burela FS comezan os adestramentos contando con máis de 160 xogadores/as de todas as categorías, nas modalidades feminina e masculina Burela, 22 de agosto, 2025. As... Ler máis
Foz, 20 de agosto de 2025. O Club Ciclista Foz e o Concello de Foz presentaron a ruta BTT (bicicleta de montaña) Pico da Lebre, que se celebrará o sábado 13 de setembro e na que tamén colabo... Ler máis
Lugo, 20 de agosto de 2025. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo patrocina a VI Copa Deputación de Fútbol Sala, na que participarán 41 equipos de 3ª División Nacional Masculina, Preferent... Ler máis
A ala ucraína, procedente do Teldeportivo, incorporarase á plantilla de Belén Feal o día 15 Burela, 13 de agosto, 2025. Anna Stanislavivna Sydorenko (Krivoy Rog, Ucrania – 26.09.1995),... Ler máis
Enfrontarase ao Porto ás 12.30 horas no Pavillón Municipal Viveiro, 13 de agosto de 2025. O Concello de Viveiro, en colaboración co Club Baloncesto Viveiro, organiza o primeiro partido de pr... Ler máis
O portugués procedente do SK Interobal Plzen chegará durante a tarde de mañá a Burela para incorporarse aos adestramentos do equipo Burela, 12 de agosto, 2025. João Miguel Santos Rodrigues d... Ler máis
Cervo, 11 de agosto, 2025. O Concello de Cervo será o escenario da III Carreira Popular Sanci 5 KM, o próximo 30 de agosto, a partir das 18:00 horas, e terá como punto neurálxico a Praza dos... Ler máis















Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.



