Nota de Prensa PARA O BNG DE VIVEIRO A EMBARCACIÓN “A POMBA” SEGUE NO MÁIS TOTAL ABANDONO. O Bloque Nacionalista Galego de Viveiro considera que o barco pesqueiro adquirido no seu día polo c... Ler máis
LUGO .- A Asociación de Gaiteiros Galegos organiza a IV edición do Congreso de ensinantes de música tradicional galega durante os días 30, 31 de outubro e 1 de Novembro no Auditorio da Facu... Ler máis
Nota de Prensa e HORARIO XV CONGRESO PROVINCIAL DE LUGO O PP avoga por incentivar ós sectores productivos da provincia para lograr remontar a crise económica * Devolver a confianza ós lucens... Ler máis
BURELA .- O equipo de goberno municipal presenta para o pleno unha moción para incluir actuacións do Concello de Burela nos orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2010. Destacan: a amplia... Ler máis
NOTA DE PRENSA O GMPP quere saber que medidas se teñen adoptado para evitar “alegalidades” nas actuacións da Burela Blues Band. Os populares piden que as actuacións se “regularicen administr... Ler máis
LUGO .- A Deputación reivindica a aposta polo medio ambiente como unha oportunidade económica segundo sinalou a vicepresidenta segunda Lara Méndez na presentación da monografía “Sostenibilid... Ler máis
Nota de Prensa O alcalde cala mentres nos orzamentos da Xunta non se consigna ningunha obra nova para Cervo no ano 2010 Os investimentos mais importantes corresponden ao abastecemento de aug... Ler máis
Nota de Prensa O BNG DENUNCIA O CAOS EXISTENTE EN FOZ POR MOTIVO DALGUNHAS OBRAS “Non é normal que os veciños estean cercados sen poder case saír das súas casas”, afirma Basanta O BNG de Foz... Ler máis
Nota de Prensa Ausencia de compromiso con Xove nos Orzamentos do 2010 O responsábel local do BNG de Xove, Marco López, manifestou que o bloque xovense segue a agardar polo plan de choque anu... Ler máis
Nota de Prensa El PP logra que el Congreso refuerce el control de las importaciones de pez panga e impulse el consumo de pescado español * La diputada Belén do Campo logra la unanimidad de l... Ler máis
BURELA (FNC) .- O alcalde de Burela, Alfredo Llano, manifesta que as obras do abastecemento de auga a Cervo e a Burela estarán totalmente rematadas entre os meses de marzo e abril. Así se pu... Ler máis
NOTA DE PRENSA: REGO AFIRMA QUE “OS ORZAMENTOS DO ESTADO PARA A MARIÑA DE LUGO DUPLICAN OS RECURSOS QUE CONTEMPLA A XUNTA PARA A COMARCA” -O deputado socialista dixo que o PP “ fai unha lect... Ler máis
Nota de Prensa El PP acusa a Fragueiro de “pasar de puntillas” por los problemas del sector en su comparecencia en la Comisión de Pesca * El diputado lucense Joaquín García Díez reclama mayo... Ler máis
VIVEIRO .- A asociación xuvenil e cultural Colectivo Chilindrín de Celeiro, coa colaboración da S.C.D.R. Palestina de Burela, presentou o programa para a reunión de asociación da Mariña co... Ler máis
Santiago .- A Consellería do Mar incrementará en 3,3 millóns de euros o importe destinado a mellorar o servizo de rescate aéreo, ao dotar ao Pesca I e II dunha dobre tripulación e dun modelo... Ler máis
O sábado 31 de outubro hai unha nova cita co teatro en Lourenzá. Trátase do ciclo teatral “Buxiganga”, circuítos teatrais 2009; que chega a través da Deputación de Lugo, vicepres... Ler máis
SANTIAGO .- “Conseguir a bandeira azul para as instalacións náutico recreativas de Galicia é un proxecto no que debemos implicarnos tanto as administracións públicas competentes como as enti... Ler máis
RIBADEO (FNC) .- A Rede de Dinamización da Sociedade da Información, en colaboración co Concello de Ribadeo, anuncia novas actividades de achegamento ás novas tecnoloxías que terán lugar no... Ler máis
CERVO .- O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a licitación das obras de construción dos colectores xerais e da estación depuradora de augas residuais de Cervo. O alcalde de Cervo, Alfons... Ler máis
LUGO .- O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e o Deputado de Cooperación cos Concellos, Antonio Gato Soengas, presentaron este mércores o Plan de Comunidades Veciñais de 20... Ler máis
NOTA DE PRENSA O BNG da Mariña presenta emendas para mellorar os orzamentos do Estado por 5,7 millóns de euros Os nacionalistas focalizan as súas demandas na mellora das infraestructuras e n... Ler máis
FOZ .- A Asociación de Veciños “O Castro” de Foz convoca ós seus asociados a unha reunión sobre a situación da Sanidade na Mariña. Dita reunión terá lugar o vindeiro venres 30 de outubro ás... Ler máis
CERVO .- Escolares do colexio público de Xove desprazáronse hoxe ata a Casa da Cultura de San Ciprián para visitar a mostra “Enerxía e Medio Ambiente” organizada pola Consellería de Medio Am... Ler máis
RIBADEO (FNC) .- O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, ven de comunicarlle ao subdelegado do Goberno, José Vázquez Portomeñe, que vai convocar nos vindeiros días á xunta local de seguridade... Ler máis
CERVO .– Hoxe tivo lugar no Auditorio da Casa da Cultura de San Ciprián o espectáculo “Cali o Mago”. Esta actuación estaba dirixida aos nenos e nenas do municipio de 4 a 14 anos e enma... Ler máis
RIBADEO (FNC) .- O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, suliña que as facturas para xustificar unha subvención do núcleo de sostibilidade de 2008 foron aprobadas e pagadas sen informes negat... Ler máis
NOTA DE PRENSA O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a modificación do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados para o fomento do acceso á vivenda e á sucesi... Ler máis
















Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.



