Nota de Prensa
A CIG realizou hoxe xoves ás 18h unha concentración diante da Fabrica de Ceramica de Sargadelos para, aproveitando que se estaba a celebrar unha xunta de accionistas da empresa, facerlles entrega dun escrito.
No escrito as representantes da CIG no Comité de empresa convidaban aos accionistas de Sargadelos a “facer un exercicio de reflexión”, e mudar a politica da Dirección da Empresa cara a unha nova negociación, que permita a esta a recuperación da imaxe, que motive ao persoal, e que impulse a Sargadelos a unha situación de estabilidade e recuperación que garanta a sua viabilidade respetando os postos de traballo.
Esta concentración foi proposta xunto cun novo calendario de mobilizacións ao resto do comité de empresa polas representantes da CIG.
Ante a negativa do resto dos sindicatos que compoñen o comité a levar cabo unhas mobilizacións identicas ás programadas por parte dos mesmos sindicatos no Castro, a CIG decidiu convocar en solitario, pois non permitirá que se cese nas demendas que marcaron a acción sindical dende o principio e que agora se resumen en READMISIÓN dos despedidos e inicio dunha nova NEGOCIACIÓN .
AJ/. XUNTAXERAL DE ACCIONISTAS da “Fea. de Cerámica de Sargadelos, S.L.”
Ma José Prado Viamonte e Teresa Lillo Requejo traballadoras da Fábrica de
Cerámica de Sargadelos e representantes da CIG no Comité de Empresa, queren
manifestar o seguinte:
Os traballadores e traballadoras sempre eremos e apostamos polo futuro e
viabilidade desta empresa , e froito desta convicción negociamos sempre de
boa fe para atopar a mellor solución e menos traumática posible para todas as
partes.
Nesa negociación todo o Comité de Empresa, avalado polo conxunto da
plantilla, aportou distintas alternativas para reducir os custes de persoal á
Empresa sen que isto conlevase medidas drásticas como as que plantexa o
ERE.
A pesar de todas estas alternativas, a Dirección da Empresa, pechou
unílateralmente toda vía de diálogo e proseguiu co ERE de extinción de 26
postos de traballo.
A situación creada, ademáis, dende o noso punto de vista, está ocasionando un
grave prexuízo nun dos grandes activos da empresa que é a imaxe ademáis de
xerar na plantilla un estado xeral de desánimo e de desmotivación, factores
ambos fundamentáis para a recuperación da empresa.
Ante todo o anteriormente exposto convidámolos a que fagan un exercicio de
reflexión e reconsideren a súa postura. Deixen sen efecto os despedimentos
efectuados, readmitan ás companeiras e compañeiros.
Retómese a negociación, pola nosa parte reiteramos a nosa disposición ao diálogo para
reconducir a situación e, entre todas e todos, levar a empresa a bo porto.
Sargadelos, 21 de outubro de 2010






















Será o sábado 23 de maio, nas Letras no Campo, Feira do libro ribadense, nun acto no que estará acompañado de Suso Fernández Acevedo.
O acto terá lugar o vindeiro luns 18 de maio, coincidindo coa celebración do Día Internacional dos Museos, unha data sinalada para poñer en valor o patrimonio cultural e mariñeiro do concello. Tras un período de traballos de mellora e adecuación, o museo —un referente na comarca— reabre para ofrecer ás persoas visitantes unha viaxe inmersiva a través da herdanza mariñeira, da industria conserveira e da estreita relación das súas xentes co Cantábrico.
Nesta ocasión participará Susana Vázquez Fernández, coach de saúde emocional e facilitadora en procesos de duelo e perda, que impartirá o faladoiro “Xestión do ánimo”, centrado en técnicas de relaxación, pensamento positivo e coidado da saúde mental para mellorar o benestar emocional. A actividade está aberta á veciñanza e busca crear un espazo para compartir, aprender e coidarse en comunidade. Conta co apoio e colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
Unha obra para todos os públicos. Hora: 20.00. Entrada libre ata completar aforo, non é necesario facer reserva de entradas.
O mozo ciclista continúa a demostrar o gran nivel desta tempada, na que suma xa un primeiro posto e un terceiro nas últimas probas das Escolas de Ciclismo da Federación Galega. Uns resultados que reflicten o seu esforzo, constancia e paixón polo deporte. O Concello tamén quixo poñer en valor o traballo do club Medela MTB, pola súa aposta pola formación e polo deporte base, acompañando aos máis novos no seu crecemento deportivo e persoal. Desde Cervo trasladan os parabéns a Mateo e á familia Medela, e destacan o orgullo polos éxitos e pola excelente tempada que están a realizar.
O encontro incluíu sesión vermú amenizada polo Dúo The Poker e unha comida popular con empanada, embutido, croquetas, xamón cocido, tenreira asada e sobremesa. Pola tarde continuou a música e realizáronse sorteos de agasallos achegados polas asociacións colaboradoras. A iniciativa foi organizada pola Asociación O Castelo, en colaboración coas asociacións parroquiais e o Concello de Alfoz, que agradeceron a ampla participación. Durante a xornada tamén houbo un momento de lembranza para Jorge Val, exalcalde falecido hai un ano, destacando o apoio que brindou ás asociacións locais.
Celebrarase o venres 29 de maio ás 17:00 h e será gratuíta. Abordará o papel dos poliquetos no ecosistema mariño, as súas características e os riscos do uso de especies exóticas, con proxeccións e maquetas de varias especies empregadas como cebo. Impartiraa o grupo BIOCOST da Universidade da Coruña e está organizada por Posta de Encontro xunto con RedeMar, Xunta de Galicia, Federación Galega de Confrarías e a UDC. Reservas: WhatsApp no 634 97 08 86; 982 13 19 23; buenas@capturaspesca.com ou directamente na tenda Capturas Pesca, onde se celebrará o evento (Av. Leopoldo Calvo Sotelo 49, Ribadeo).



