O Concello informa de este mércores producirase un corte no subministro de auga en varias parroquias con motivo das obras de abastecemento que se están a realizar en Landrove. As zonas afect... Ler máis
O Comité de Empresa de Alúmina‑Aluminio San Cibrao informa de que a Secretaría de Industria convocou ao comité á 19ª reunión de seguimento do acordo de viabilidade, que se celebrará o venres... Ler máis
Un total de 40 alumnos e alumnas completaron este ciclo de conferencias impartido pola Universidade da Coruña. Ortigueira, 12 de maio de 2026. O Teatro da Beneficencia acolleu onte a última... Ler máis
José Manuel Balseiro denuncia o “abandono” da actividade postal por parte do Goberno de Pedro Sánchez mentres o PSOE “vive instalado na autocompracencia e é incapaz de asumir a realidade que... Ler máis
A proposta dos populares pasa pola creación dun órgano consultivo no que estean representados os distintos grupos políticos municipais e tamén persoas coñecedoras da historia local, coa part... Ler máis
Illa de Arousa, 8 de maio de 2026. O proxecto de cooperación “Relevo Xeracional: O Futuro do Mar” celebrou o pasado venres unha visita de estudo e intercambio entre representantes dos GALPs... Ler máis
Madrid, 12 de maio, 2026. “O PP prefire esaxerar e manipular a realidade do servizo postal na provincia de Lugo, pero continúa desprezando os problemas da atención sanitaria que sofren... Ler máis
Ribadeo, 12 de maio, 2026. A formación independente UCIN Ribadeo reclamou ao Goberno municipal unha intervención inmediata na rúa San Francisco ante o evidente deterioro que presenta a vía e... Ler máis
Cervo, 12 de maio do 2026. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata o campo municipal da Veiga, en San Cibrao, para comprobar in situ a utilidade dos novos banquiños móbil... Ler máis
O Concello rematou as obras de substitución do pavimento e dos elementos de xogo cun investimento de máis de 48.000 euros Burela, 12 de maio de 2026. O Concello de Burela finalizou as obras... Ler máis
Viveiro, 12 de maio, 2026. O colectivo Pensamento e Sementeira de Viveiro organizará o vindeiro venres 15 de maio, ás 20:00 horas, un acto de homenaxe a Hernán Naval, unha figura fundamental... Ler máis
Ribadeo, 12 de maio, 2026. Os Trasnos Benxamíns do Club Isla Pancha de Ribadeo, recentemente incorporados á Liga Élite Autonómica de Hóckey Liña, sumaron este sábado 9 no pavillón de Cambre... Ler máis
Ribadeo, 11 de maio de 2026. Os usuarios do Centro de Día A Concordia gozaron hoxe dos Recantos de Taberna, unha actividade organizada pola propia instalación e coa que colaborou o Concello... Ler máis
O popular advirte de “atrasos no reparto, acumulación de correspondencia, oficinas saturadas e carteiros desbordados a consecuencia dunha política de recortes encubertos, falta de planificac... Ler máis
Foz, 11 de maio de 2026. A Delegación de Cultura do Concello de Foz programa varios actos esta semana para celebrar o Día das Letras Galegas. “Este domingo 17 celebraremos as nosas letras. É... Ler máis
Burela, 11 de maio, 2026. O CEIP Vista Alegre de Burela leva dúas semanas realizando concentracións para reclamar unha obra integral de rehabilitación, tras documentar numerosas deficiencias... Ler máis
Será este xoves, día 14 de maio, ás 19:00 horas no salón de actos do Concello. O mago Pedro Bugarín presentará o seu espectáculo titulado Galicia con maxia. Para esta actividade o Concello d... Ler máis
Lugo, 11 de maio de 2026. A Deputación de Lugo leva este venres ao concello de Foz o espectáculo Risas con perspectiva feminista, do dúo cómico Sobria e Serena. As referentes do humor galego... Ler máis
Trabada, 11 de maio de 2026. O Concello de Trabada abrirá mañá, martes 12 de maio, o prazo de inscrición para participar tanto no campamento de verán como no campamento xuvenil, dúas iniciat... Ler máis
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo... Ler máis
O mozo ciclista continúa a demostrar o gran nivel desta tempada, na que suma xa un primeiro posto e un terceiro nas últimas probas das Escolas de Ciclismo da Federación Galega. Uns resultado... Ler máis
A participación estará aberta do 14 ao 18 de maio, e a persoa gañadora poderá escoller entre cinco modelos diferentes. A propietaria, Susana Moreira, fai un balance moi positivo desta década... Ler máis
O encontro incluíu sesión vermú amenizada polo Dúo The Poker e unha comida popular con empanada, embutido, croquetas, xamón cocido, tenreira asada e sobremesa. Pola tarde continuou a música... Ler máis
A iniciativa, organizada polos concellos de Navia, Coaña e Villayón xunto coa asociación AISPA, reuniu máis de 70 persoas. Explicáronse requisitos, prazos e novidades dun proceso cuxo prazo... Ler máis
Ribadeo, 11 de maio de 2026. Comezan as obras de mellora da rúa Buenos Aires, que suporán un investimento de 450.000 euros. O alcalde, Dani Vega, contou que “comezan as obras na rúa Buenos A... Ler máis
Tapia de Casariego, 26 de marzo de 2026. O Concello de Tapia de Casariego celebrará o vindeiro 22 de maio, ás 12:00 horas, no Auditorio Municipal, o acto de clausura do programa “I Encuentro... Ler máis
Antonio Ameijide cualifica de “fracaso” o resultado das políticas de turismo do goberno provincial na Deputación de Lugo que “non fixo nada do prometido; só crear o Consello Provincial de Tu... Ler máis
O que acontece con Alcoa en San Ciprián é a evidencia dun Goberno, o que preside o socialista Pedro Sánchez, que incumpre, chega tarde e non está á altura dunha industria estratéxica e dos s... Ler máis
















A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.



