Ribadeo, 7 de maio de 2026. Hai un total de 280 inscritos nos Campamentos de Verán ofertados polo Concello de Ribadeo. Son 210 no que se desenvolverá no Ceip Gregorio Sanz e 70 para o do alb... Ler máis
Os artesáns Elena Ferro e Xosé Manuel Sanín achegáronse ata o CEIP da Pontenova para falar da elaboración de zocos e da construción de instrumentos de percusión tradicionais respectivamente,... Ler máis
Burela, 7 de maio de 2026. Burela conta este ano con dúas praias con Bandeira Azul, A Marosa e O Portelo, así como con dous Centros Azuis, o Centro de Educación Medioambiental Gaia e o Barco... Ler máis
Ribadeo, 7 de maio de 2026. As instalacións de Acisa Ribadeo acolleron esta mañá o sorteo da campaña do Día da Nai, na que se repartiron 10.000 papeletas. As persoas afortunadas son: Sergio... Ler máis
Navia, 7 de maio de 2026. O Concello de Navia concluíu o proceso de licitación das obras de impermeabilización e eliminación de humidades da Praza de Abastos. A mesa de contratación adxudico... Ler máis
Ambas as entidades traballan nun acordo que promove o crecemento sostible das empresas e reforza a creación de emprego e a dinamización da zona Mondoñedo, 7 de maio, 2026. ABANCA e o Grupo d... Ler máis
Ribadeo, 7 de maio de 2026. Ribadeo conta co primeiro taxi eléctrico da Mariña. José Fernández García, taxista desde hai quince anos neste concello, decidiu cambiar de coche “debido ao prezo... Ler máis
Burela, 7 de maio, 2026. As XXXIII Xornadas Técnicas e o XXVII Encontro Empresarial de Expomar, que se celebrarán a vindeira semana no porto de Burela, volverán analizar o futuro do sector p... Ler máis
Castiñeira subliña tamén que esta organización sanitaria beneficia especialmente aos pacientes máis vulnerables, ás persoas maiores e aos veciños das parroquias, evitando desprazamentos inne... Ler máis
Os traballos, cun orzamento de case 190.000€, afectan aos catro primeiros quilómetros da vía. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados. Ler máis
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro... Ler máis
Ribadeo, 7 de maio, 2026. Un grupo de traballadoras de Arenal Perfumerías da tenda de Ribadeo convocou unha concentración para protestar polo despedimento dunha das súas compañeiras, tras de... Ler máis
Viveiro, 7 de maio, 2026. O BNG de Viveiro trasladou ao goberno municipal as demandas da veciñanza dos barrios de As Congostras, Alvarelle e O Pedregal, en Covas, relativas ao mal estado das... Ler máis
Trabada, 6 maio de 2026. O alcalde de Trabada, Rubén García, xunto cos membros da asociación Cabaleiros de Trabada, presentaron o cartel dunha nova edición da celebración de San Fernando, qu... Ler máis
Vilalba, 6 de maio, 2026. O suceso produciuse no polígono industrial Sete Pontes mentres a vítima realizaba prácticas nunha empresa de construcción de maquinaria industrial. Malia os esforzo... Ler máis
A CIG-Ensino participou nas mobilizacións convocadas en Ribadeo e Viveiro A Mariña, 6 de maio, 2026. Esta tarde tiveron lugar na Mariña dúas mobilizacións en defensa do ensino público. Estas... Ler máis
Ribadeo, 6 de maio de 2026. A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos lanza o Pasaporte, unha nova campaña para dinamizar o comercio e a hostalería locais entre o 8 de... Ler máis
A intervención artística de David Catá poderá visitarse os martes en diferentes horarios, con grupos limitados e acceso de balde Burela, 6 de maio de 2026. O Concello de Burela pon en marcha... Ler máis
Viveiro, 6 de maio, 2026. Viveiro acollerá os días venres 8 e sábado 9 de maio a 1ª Edición da Ruta Gastronómica de Países do Mundo, unha iniciativa impulsada pola Asociación de Comerciantes... Ler máis
O obxectivo é que no 2028 o 100 % dos establecementos de primeira venda operen coa tecnoloxía máis avanzada de Europa Cambados (Pontevedra), 6 de maio do 2026. A Xunta de Galicia deu hoxe un... Ler máis
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá... Ler máis
Burela, 6 de maio, 2026. O proxecto Pesca Saúde organiza unha nova xornada técnica o martes 12 de maio ás 19:30 horas na Casa do Concello de Burela. A convidada será a pediatra Consuelo Lobe... Ler máis
Ribadeo, 6 de maio de 2026. As praias de As Catedrais e Os Castros-Illas veñen de renovar as súas bandeiras azuis. O concelleiro de Medio Ambiente, Diego dos Santos, fai un balance positivo.... Ler máis
Cervo, 6 de maio do 2026. O Encoro de Río Cobo converterase o vindeiro día 10 no escenario da II Regata Provincial de Piragüismo, unha cita deportiva organizada polo Club Deportivo San Cipri... Ler máis
O PP esixe ao Goberno “que deixe de incumprir e autorice xa os eólicos clave para o futuro de Alcoa”
O senador mariñán, José Manuel Balseiro, presentou a iniciativa xunto á alcaldesa de Cervo, Dolores García, e o alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro San Cibrao (Cervo), 6 de maio de 2026. O s... Ler máis
Ribadeo, 6 de maio de 2026. Ribadeo segue amañando as bases dos contedores en todas as parroquias e procede tamén á instalacións de novas marquesiñas nas paradas dos buses. O concelleiro de... Ler máis
Viveiro, 6 de maio, 2026. O Grupo Municipal Socialista de Viveiro destaca a súa aposta por unha solución seria, coordinada e útil para financiar a rehabilitación da Praza de Abastos. Os soci... Ler máis
A subdelegada puxo en valor “a implicación dos concellos, porque son fundamentais para que as políticas públicas do Goberno teñan un impacto real sobre a cidadanía Lugo, 6 de maio de 2026. A... Ler máis
O areal figura na relación oficial de distintivos concedidos en Galicia pola Asociación de Educación e do Consumidor Viveiro, 6 de maio de 2026. A praia de Area volverá lucir a bandeira azul... Ler máis
Ribadeo, 6 de maio de 2026. O Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Porta da Auga, de Ribadeo, ofrece un curso gratuíto de administrativo dirixido a persoas desempregadas, aínda q... Ler máis
















A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A saída será ás 10:00 desde El Bao, con autobuses ás 9:00 desde Navia, e a chegada arredor das 16:30 seguida dunha festa na dársena. As inscricións estarán abertas do 31 de maio ao 12 de xuño na Casa do Deporte ou en liña por 7 €. O Concello anima a participar nesta cita que combina natureza, deporte e convivencia.



