O voceiro popular considera que a imaxe que está trasladando é “verdadeiramente lamentable”. “Os turistas que chegan a Foz atopan un edificio público en estado de abandono, o que transmite a... Ler máis
Ortigueira, 12 de marzo, 2026. O Concello de Ortigueira, en colaboración coa Universidade da Coruña e co apoio financeiro da Xunta de Galicia, anuncia a posta en marcha da sexta edición do P... Ler máis
Viveiro, 12 de marzo de 2026. O Concello de Viveiro informa á veciñanza de que o mercado semanal que se celebra cada xoves na Praza Maior se trasladará temporalmente aos xardíns Noriega Vare... Ler máis
Cervo, 12 de marzo do 2026. O Concello de Cervo abre este xoves o prazo de inscrición para participar nunha nova edición do programa Cervo Concilia en Semana Santa, unha iniciativa pensada p... Ler máis
Ribadeo, 12 de marzo de 2026. A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo organizará nas vindeiras semanas audicións nas que participará boa parte do alumnado do centro. Estas ac... Ler máis
Burela, 12 de marzo, 2026. A Sociedade Cultural Ledicia convoca o Concurso de Carteis da XL Feira do Bonito, que se celebrará os días 1 e 2 de agosto de 2026 na zona portuaria de Burela. O c... Ler máis
Viveiro, 12 de marzo, 2026. O vindeiro sábado 14 de marzo, ás 20:30 horas, o grupo de cámara Arundo Donax Ensemble ofrecerá un concerto na Igrexa de San Francisco de Viveiro, dentro do inici... Ler máis
En consecuencia, Alejandro Martínez Eiroa asumirá a responsabilidade da vicepresidencia. A distribución actual dos cargos queda configurada do seguinte xeito: Presidente: José Antonio Zan Ve... Ler máis
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que no... Ler máis
Ribadeo, 12 de marzo, 2026. O venres 13 de marzo, ás 19:00 h, a Biblioteca Pública Municipal Viejo Pancho de Ribadeo (R/ Antonio Otero, 19) acollerá o encontro Soberanía Dixital XI: Festa do... Ler máis
O Goberno galego destina a esta iniciativa, liderada polo CiMA , máis de 700.000 euros e conta coa participación do IGAFA e da Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo Santi... Ler máis
Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artísti... Ler máis
Esta iniciativa, financiada con 750.000€ de fondos europeos e que rematará o vindeiro 20 de marzo, incluíu máis de 400 formacións gratuítas e presenciais que se desenvolveron desde o mes de... Ler máis
Ribadeo, 11 de marzo de 2026. A novena edición dos Cantos de Taberna, que organiza o Concello de Ribadeo coa colaboración da Xunta de Galicia, terá lugar o 9 de maio. A concelleira de Turism... Ler máis
Lugo, 11 de marzo de 2026. A deputada de Cultura Iria Castro convida a asistir á proxección coloquio dos videoclips finalistas aos XXIV Premios Mestre Mateo que se celebrará mañá -12 de marz... Ler máis
O Goberno reforza o mantemento das vías en toda a provincia, neste caso as que conectan o interior coa costa, fundamentais para a actividade económica e social do norte de Lugo Foz, 11 de ma... Ler máis
Ribadeo, 11 de marzo de 2026. Onte, 10 de marzo, tivo lugar en Vilaselán a primeira charla de saúde do programa Preto de ti, organizada pola Concellería de Benestar Social, Saúde e Familia.... Ler máis
Propón unha empresa pública de enerxía, un fondo soberano para apoiar sectores estratéxicos e vincular os novos eólicos a proxectos industriais Santiago de Compostela, 11 marzo 2026. A porta... Ler máis
O popular denuncia que os pactos de PSOE e BNG con Tomé provocan que a Deputación “siga a ser noticia a nivel nacional por situacións desagradables ou pola comisión de presuntos delitos” pol... Ler máis
A contía mínima das subvencións incrementa ata os 800 euros Lugo, 11 de marzo de 2026. O Boletín Oficial da Provincia publicou hoxe -11 de marzo – a convocatoria de axudas de concorrencia pa... Ler máis
Foz, 11 de marzo de 2026. O Concello de Foz vén de publicar as bases para inscribirse no V Certame de Teatro Afeccionado José Luis López Lorenzo O Poto. As inscricións poderán facerse a trav... Ler máis
Ribadeo, 11 de marzo, 2026. O BNG de Ribadeo celebra a resolución emitida pola Valedora do Pobo, que lle dá a razón fronte ao goberno municipal do Partido Popular por negar o acceso á inform... Ler máis
A Mariña, 11 de marzo, 2026. A Garda Civil identificou os responsables dun pesqueiro que realizaba capturas de ourizo de mar nunha zona non autorizada fronte á costa de San Cibrao, no concel... Ler máis
O PP esixe ao Goberno de Sánchez dende o Senado medidas de apoio á frota pesqueira ante os temporais
Tamén propoñen eximir ao sector do pago das cotas á Seguridade Social durante todo o período no que se sucedan os fenómenos climáticos adversos e que o Goberno de España inicie os traballos... Ler máis
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha... Ler máis
“As industrias lácteas deben reconsiderar a súa postura de cara á inminente renovación de contratos, pois unha baixada de prezo desencadearía unha baixada drástica da produción de leit... Ler máis
Trabada, 11 de marzo de 2026. O Concello de Trabada pon en marcha unha nova edición das rutas de sendeirismo organizadas en colaboración coa asociación Trabada paso a paso. Contará con cinco... Ler máis
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela. Ler máis
A programación inclúe a inauguración dunha mostra con traballos de edicións anteriores e unha xuntanza o 27 de marzo para compartir novas creacións Burela, 11 de marzo de 2026. O Concello de... Ler máis
















A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.



