Nota de prensa
A Deputación abre o mércores o prazo para solicitar as obras do Plan de Comunidades Veciñais de 2011, dotado con 2,3 M€
– A Xunta de Goberno aprobou o modelo de solicitude, logo de que o Pleno dese o visto e prace ás bases da iniciativa coa que en 2010 se subvencionaron preto de 300 actuacións
– A Deputación adianta en 2 meses a posta en marcha desta iniciativa, “porque se trata dun bo modelo para axudar ós Concellos nestes momentos nos que teñen tantos problemas de liquidez”
– Tan só unha semana despois da aprobación das obras, a Deputación inicia a contratación do Plan Complementario de 9,5 millóns de euros, destinado a intensificar o apoio ós municipios máis poboados ou exercen como motores comarcais
A Xunta de Goberno aprobou este luns o modelo de solicitude para a concesión das subvencións do Plan de Comunidades Veciñais de 2011 co que a Deputación seguirá cooperando con todos os Concellos da provincia. Previamente, no Pleno de novembro aprobáranse as bases desta iniciativa. Deste xeito, a partir do día 5 ata o 15 de febreiro, manterase aberto o prazo para que todas as entidades asociativas soliciten as súas obras. “A Deputación en todas as iniciativas de cooperación vai por diante con respecto a outros anos. Adiantamos en 2 meses a aprobación desta iniciativa porque se trata dun bo modelo para axudar ós Concellos nestes momentos nos que teñen tantos problemas de liquidez. O Orzamento de 2011 é o da máxima cooperación cos municipios, xa que non recortamos en nin un só euro as partidas destinadas a este fin”.
O organismo provincial mantén en 2011 o presuposto do Plan, 2,3 millóns de euros, o que supón algo máis do 65% do investimento total das obras. As axudas que concede a Deputación para calquera das actuacións non supera os 12.000 euros, é dicir, o 75% do importe total da obra. O 25% restante é aportado polos colectivos veciñais. Esta iniciativa súmase a outras que o organismo provincial puxo en marcha como o Plan de Pequenas Infraestruturas para Concellos de menos de 5.000 habitantes do que en 2010 se beneficiaron 41 nunicipios.
En 2010 concedéronse 298 subvencións. O 65% están tramitadas ou en tramitación. Polo que respecta a 2009, o Plan estivo dotado con 100.000 euros menos, e subvencionáronse 295. Neste caso, están tramitadas o 94% das mesmas. Asimesmo, as de 2008, un total de 291, están rematadas o 100%. O Plan de Comunidades Veciñais mellora as economías locais, xa que se subvencionan pequenas obras que os Concellos non poderían acometer sen a colaboración da Deputación, como por exemplo: pequenos abastecementos de auga, saneamentos e pavimentacións, rede de sumidoiros, alumeado público ou acondicionamento de camiños rurais.
Arranca a contración do Plan Complementario
A Deputación iniciou hoxe a contratación das obras do Plan Complementario que se executarán nos 9 Concellos que se benefician desta iniciativa destinada a intensificar o apoio ós municipios máis poboados ou exercen como motores comarcais, ó tempo que quedaran excluídos doutros plans provinciais como o de Pequenas Infraestruturas para Concellos ou o canon hidroeléctrico. Concretamente, aprobouse a contratación do campo de fútbol de Foz por valor de 450.000 euros. “Tan só unha semana máis tarde de aprobar as preto de 70 obras xa iniciamos a súa contratación”.
Ademais desta actuación, executaranse outras 7 neste municipio da Mariña que, en total, suman 1 millón de euros. Son as seguintes: redacción de proxecto para residencia de 100 prazas con centro de día incorporado; reforma da escola de Forxán; soterramento de contedores; acondicionamento de salas exposicións e cafetería do Cenima e instalación de “spa” na piscina municipal; equipamento e infraestruturas de servizos básicos e mellora na rede viaria municipal mediante aglomerado; adecuación do parque infantil na rúa Congostra e do parque da Praza Conde de Fontao; subministro de bombas para impulsión de residuais nas parroquias de Fazouro e Cangas, e execución das arquetas de bombeo na Pontevella, tamén en Fazouro.
Máis cooperación cos Concellos
A Xunta de Goberno deu o visto e prace a 5 convenios, a través dos que se subvenciona con 193.501 euros a execución de novas obras noutros tantos Concellos da provincia con 193.501 euros. Trátase da construción dunha nave-almacén en Negueira de Muñiz (24.530 euros); abastecemento de auga a Luaces e a Arco de Frades, en Pol (34.468 e 54.300 euros respectivamente); mellora de varias pistas municipais en Pantón (40.000 euros) e recuperación do contorno da ponte do Pasatempo en Mondoñedo (40.203 euros).
Tamén se aprobou o convenio da subvención de 21.365 euros para o financiamento dos gastos de persoal vinculado coa atención dos residentes do Fogar Español de Montevideo. Esta actuación enmárcase dentro do compromiso asumido polo Presidente en setembro de 2009 na viaxe realizada a Sudamérica.






















Será o sábado 23 de maio, nas Letras no Campo, Feira do libro ribadense, nun acto no que estará acompañado de Suso Fernández Acevedo.
O acto terá lugar o vindeiro luns 18 de maio, coincidindo coa celebración do Día Internacional dos Museos, unha data sinalada para poñer en valor o patrimonio cultural e mariñeiro do concello. Tras un período de traballos de mellora e adecuación, o museo —un referente na comarca— reabre para ofrecer ás persoas visitantes unha viaxe inmersiva a través da herdanza mariñeira, da industria conserveira e da estreita relación das súas xentes co Cantábrico.
Nesta ocasión participará Susana Vázquez Fernández, coach de saúde emocional e facilitadora en procesos de duelo e perda, que impartirá o faladoiro “Xestión do ánimo”, centrado en técnicas de relaxación, pensamento positivo e coidado da saúde mental para mellorar o benestar emocional. A actividade está aberta á veciñanza e busca crear un espazo para compartir, aprender e coidarse en comunidade. Conta co apoio e colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
Unha obra para todos os públicos. Hora: 20.00. Entrada libre ata completar aforo, non é necesario facer reserva de entradas.
O mozo ciclista continúa a demostrar o gran nivel desta tempada, na que suma xa un primeiro posto e un terceiro nas últimas probas das Escolas de Ciclismo da Federación Galega. Uns resultados que reflicten o seu esforzo, constancia e paixón polo deporte. O Concello tamén quixo poñer en valor o traballo do club Medela MTB, pola súa aposta pola formación e polo deporte base, acompañando aos máis novos no seu crecemento deportivo e persoal. Desde Cervo trasladan os parabéns a Mateo e á familia Medela, e destacan o orgullo polos éxitos e pola excelente tempada que están a realizar.
O encontro incluíu sesión vermú amenizada polo Dúo The Poker e unha comida popular con empanada, embutido, croquetas, xamón cocido, tenreira asada e sobremesa. Pola tarde continuou a música e realizáronse sorteos de agasallos achegados polas asociacións colaboradoras. A iniciativa foi organizada pola Asociación O Castelo, en colaboración coas asociacións parroquiais e o Concello de Alfoz, que agradeceron a ampla participación. Durante a xornada tamén houbo un momento de lembranza para Jorge Val, exalcalde falecido hai un ano, destacando o apoio que brindou ás asociacións locais.
Celebrarase o venres 29 de maio ás 17:00 h e será gratuíta. Abordará o papel dos poliquetos no ecosistema mariño, as súas características e os riscos do uso de especies exóticas, con proxeccións e maquetas de varias especies empregadas como cebo. Impartiraa o grupo BIOCOST da Universidade da Coruña e está organizada por Posta de Encontro xunto con RedeMar, Xunta de Galicia, Federación Galega de Confrarías e a UDC. Reservas: WhatsApp no 634 97 08 86; 982 13 19 23; buenas@capturaspesca.com ou directamente na tenda Capturas Pesca, onde se celebrará o evento (Av. Leopoldo Calvo Sotelo 49, Ribadeo).



